20 de dezembro de 2010
CONGRESO DE ECONOMiA
Hoxe pola mañán celebrouse o 85 cabodano dun Congreso de Economía que tivo lugar en Lugo no ano 1.925, o que asistiron sobranceiros persoaxes da Galicia de principios de século -pasado-.
Vicente Risco ten falado e escribido sobre daquel Congreso no tivo ocasión de formular diante dos rexionalistas galegos as primeiras liñas sobre o proxecto de Autonomía de Galicia que abrollou no Título II do Estatuto do 36, e que a día de hoxe se poden reproducir sen nengún problema.
O resumo do Congreso e que van oitenta anos perdidos.
16 de dezembro de 2010
A GALiCiA INViSiBLE
Asistir a un acto no que interveña Antonio Reigosa é unha delicia, e moito máis se é para a presentación dun libro de seu. Onte na xa obrigada Galería Sargadelos do insuperable Suso, diante de moitos amig@s presentousenos unha Guía da Galicia Invisible, que fala de asulagamentos, afondamentos, soterramentos,evaporacións, mitos e lendas xeográficas que recolle Antonio e ilustra Noemi López, con esa xa tan peculiar visión do invisible.
Manolo Bragado por Xerais fixo a introducción e xustificou a edición desta preciosidade pros sentidos
10 de dezembro de 2010
A CADEiRA BALEiRA
Fai uns momentos celebrouse o acto máis cerimonioso da entrega dos Premios Nobel e había unha cadeira baleira.
A estas alturas non debía aceitarse que se fìxese unha entrega dun Premio Nobel pola Paz a unha persoa que non poida asistir. Todos deberíamos rebelarnos, rachar as relacións políticas, comerciais e todo tipo de intercambio co país que non respecte os Dereitos Humamos, esos dereitos tan pouco humanos.
Pero a miña queixa non só è de que non hai un boicoteo contra o Estado Chinés que non accede a que Liu Xiaobo asista a recibilo galardón que con grande honra mereze, senón que pola contra houbo quén por pánico a perdela cobertura "politica" chinesa anuncia a súa negativa a asistir.
Estes non teñen medo as represalias e se todos sabemos que as ditaduras se protexen e se encobren entre elas tamén sería bo que saibamos e anunciemos cales son os estados dos que non se pode esperar ren.
China, Afganistán, Arabia Saudí, Colombia, Cuba, Egipto, Filipinas, Irak, Irán, Kazajistán, Marrocos, Pakistán, Rusia, Serbia, Sudán, Túnez, Ucrania, Venezuela e Vietnam.
En cantos destes estados totalitarios hai elecións regularmente?, en cantos deles unha vida e unha insignificancia?, en cantos deles eu podería escribir esto que plasmo con moita rabia?, cantos de nós subscribirìamos a Carta 08 cos ollos pechados?.
14 de novembro de 2010
JAZZ EN LUGO
Xa levamos unhos días con un dos acontecimientos nos que Lugo é acolledor. A música jazz, esa mistura de ritmo e virtuosismo, extraña para as nosas contornas enche de notas cálidas este outono. Haberá sucesos importantes, actuacións memorabeis das que vos terei informado. O programa en http://www.jazzlugo.com/.
27 de outubro de 2010
REAL ACADEMiA GALEGA
O domingo por estas datas sempre e impulsado polas Asociacións do Val de Láncara faise entrega dos Premios Ramón Piñeiro que este ano recaeu na Real Academia. Foi un acto bonito, ben pensado, ca asistencia como sempre de xente do Concello e arredores, moitos Académicos co seu Presidente, Ferrín, a cabeza.
A ponte de Carracedo foi testemuña calada dun acto reivindicativo da nosa lingua, significando que D. Xusto Beramendi fixo un monumento literario na súa intervención da importancia e avatares da Real Academia Galega.
Ten moita coña que Luis Méndez Ferrín recibira o premio Ramón Piñeiro, seu amigo, dixo. Non hai millor cousa para que as xenreiras se esquezan que o paso do tempo
19 de outubro de 2010
CANCRO DE MAMA
18 de outubro de 2010
AS SAN LUCAS
15 de outubro de 2010
26 de setembro de 2010
24 de setembro de 2010
PATRiCiA LEWiS
16 de agosto de 2010
ViCTOR DE CEA
13 de agosto de 2010
5 de agosto de 2010
SÁLVORA
O meu amigo Arume diría que Sálvora é un nome dunha illa italiana. Os meus fillos dirían que é un renglón dunha cantiga que dende pequenos tararearon no coche para que seu pai non se durmira, pero a realidade supera tódolos exemplos. Nestes días de moita calor e de luscos e fuscos interminables bon é rendirlle unha homenaxe a raíña de Arousa.
1 de agosto de 2010
NO CARREiRO CON ISABEL E CHiQUi
Este sábado, ca silueta de Sálvora dende o Carreiro, estivemos celebrando con Isabel e Chiqui que levan vintecinco anos xuntos. Houbo karaoque do Ché, despelote de César e estriptís de Carlos o son de Joe Cocker. Que ben entraba o Campillo reserva especial co paté de Sofía. Un pouquiño más tarde chegou Paula que trouxo o cartel da festa. Cas luces de Aguiño e Ribeira na outra banda, o sol tiznando de corres roxizos o horizonte escomeza o Agosto de calor.
SANTiAGO 2010
19 de julho de 2010
MACíAS
Coñecin a Xosé Lorenzo Macías en Pedras Negras fai unhos vinte anos. O seu estudio era o meu refuxio despois de aturar os fillos e algunha que outra noite de farra. Daquela Macías ainda non chegara o expresionismo costumista no que ultimamente se instalou, daquela era a figura chea de cores, moi vivos a que arrecía dos seus cadros.
Dende sempre o considerei máis amigo que artista polo que accedía a que o criticara, pero sempre me ensinaba os seus créditos. Nova Iorke, Paris, Londres, Compostela, Madrid, Barna, todo vendido. Agora que se marchou poderei apreciala súa obra, a meniña velasqueña ca que me obsequiou un día de Santiado do século pasado e pensar que non me deu tempo a dicirlle que non lle perdoaba que me gañara o tenis. Vaia por Macías logo, ata sempre, amigo.
Aquí o coñeceredes http://www.maciasarte.com/
25 de junho de 2010
O PAZO DAS MUSAS
Compartín dende o principio con Antonio Reigosa e os seus compañeiros do Museo, a idea de facer unha revista oral. Así, xa dende o primeiro acto, o número 0 de principios do 2005, tódolos xoves final de mes e de estación, temos unha convocatoria cultural no refectorio do Convento de San Francisco da Praza da Soedade de Lugo.
Trátase dunha mistura na que os convidados cantan, relatan, recitan, expoñen, ou contan en exposicións curtas sen espacios baleiros como se fose unha revista gráfica en papel pequenos retallos da súa obra, ou especialidade.
Lembro especialmente a intervención de Dario Xohan Cabana, na que tamén intervín eu e a de Xosé Manuel Gonzalez -Saavedra, pros amigos-, unha delirante exposición de Paco Pestana e os impresionantes Mini e Mero na última.
Este diploma que aparece na imaxe é un recoñecemento a fidelidade e a asistencia. Foi un pracer.
3 de junho de 2010
GAZA
27 de maio de 2010
A DiSTOPiA DE GRiAL PARGA
Na sá do Colexio de Arquitectos de Lugo, Grial Parga achegounos a súa teoría da distopía, a utopía dos pesimistas, o futuro horribilis que no Século XX se presumía cheo de benestar e de sobranceiras riquezas que o presente se ocupou de ir desmontando. Charla amena para tan interesante postura vital
25 de maio de 2010
AS UVAS NA SOLAiNA
15 de maio de 2010
19 de abril de 2010
LEVANTE
14 de abril de 2010
CASTELAO NO MUSEO
22 de março de 2010
BENViDA A PRiMAVERA
11 de março de 2010
RESOLUCiON DO PARLAMENTO EUROPEO SOBRE CUBA
O Parlamento Europeo,
- Vistas as súas anteriores resolucións sobre a situación en Cuba, en particular as Resolucións de 17 de novembro de 2004, 2 de febreiro de 2006 e 21 de xuño de 2007,
- Vistas as súas anteriores resolucións sobre os informes anuais da situación dos dereitos humanos no mundo en 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008, e a política da Unión en material de dereitos humanos,
- Vista a Resolución, do 14 de decembro de 2006, sobre un mecanismo de seguimento do Premio Sájarov 1,
- Vista a Declaración da Presidencia do Consello, do 14 de decembro de 2005, sobre as Damas de Branco, así como as anteriores Declaracións, de 26 de marzo de 2003 e 5 de xuño de 2003, sobre a situación en Cuba,
- Vista a Posición Común do Consello 96/697/PESC, adoptada o 2 de decembro de 1996 e actualizada periodicamente,
- Vistas as Conclusións do CAGRE, do 18 de xuño de 2007, de xuño de 2008 e do 15 de xuño de 2009, sobre Cuba, Vistas as declaracións do voceiro de Catherine Ashton, Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidente da Comisión, e do Presidente do Parlamento sobre o falecemento en Cuba do preso político e preso de conciencia Orlando Zapata,
- Visto o artigo 110, apartado 4, do seu Regulamento.
A. Considerando que a protección da universalidade e indivisibilidade dos dereitos humanos, incluídos os dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais, segue sendo un dos principais obxectivos da Unión Europea.
B. Considerando que ducias de xornalistas independentes, disidentes pacíficos e defensores dos dereitos humanos, membros na súa maioría da oposición democrática, seguen en prisión en Cuba por exercer os dereitos fundamentais de libre expresión e de reunión,
C. Considerando que o Parlamento concedeu en 2005 o Premio Sájarov á liberdade de conciencia ás Damas de Branco; que a negativa das autoridades cubanas a permitir as Damas de Branco que acudisen á sede do Parlamento Europeo para recibir o seu galardón, viola un dereito humano fundamental, é dicir, o dereito a saír e entrar do propio país, recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos,
D. Considerando as xestións realizadas polas institucións comunitarias en favor da liberación e un trato humanitario cara aos presos políticos e de conciencia en Cuba,
E. Considerando que a morte de Orlando Zapata Tamayo, -a primeira vez en case corenta anos en que un activista cubano morreu a consecuencia dunha folga de fame en protesta contra abusos do Goberno- se interpretou como un serio retroceso dos dereitos humanos en Cuba e deu lugar a unha onda de protestas a nivel internacional, así como ao inicio de folgas de fame por outros presos políticos e disidentes cubanos,
1. Condena enerxicamente a morte evitable e cruel do disidente preso político Orlando Zapata Tamayo, acontecida tras unha folga de fame de 85 días, e expresa a súa solidariedade e as súas condolencias á súa familia;
2. Condena a detención preventiva de activistas e o intento do Goberno de impedir á familia de Orlando Zapata Tamayo celebrar os seus funerais e renderlle unha última homenaxe;
3. Deplora a ausencia de todo xesto significativo das autoridades cubanas en resposta aos chamamentos da UE e do resto da comunidade internacional en favor da liberación de todos os presos políticos e do pleno respecto das liberdades e dereitos fundamentais, en particular da liberdade de expresión e asociación política;
4. Pide ao Goberno cubano a liberación inmediata e incondicional de todos os presos politicos e de conciencia;
5. Expresa a súa preocupación pola situación dos presos políticos e disidentes que se declararon en folga de fame tras a morte de Zapata; celebra que a maioría deles a abandonasen xa pero chama a atención sobre o alarmante estado en que se encontra o xornalista e psicólogo Guillermo Fariñas, cuxa persistencia na folga de fame puidese conducir a un fatal desenlace;
6. Lamenta que non se atendesen as reiteradas demandas do Consello e do Parlamento Europeo respecto á inmediata posta en liberdade de todos os presos políticos e de conciencia, e insiste en que o encarceramento da disidencia en Cuba polos seus ideais e a súa actividade política pacífica é contrario á Declaración Universal de Dereitos Humanos;
7. Insta ao Consello e á Comisión a que se intensifiquen as medidas pertinentes para esixir a liberdade dos presos políticos e promover e garantir o traballo dos defensores dos dereitos humanos na liña do acordado polas conclusións do CRE do 8 de decembro de 2009;
8. Insta as institucións europeas a que dean apoio incondicional e alenten sen reservas o inicio dun proceso pacífico de transición política cara a unha democracia pluripartidista en Cuba.
9. Expresa a súa profunda solidariedade con todo o pobo cubano, e apóiao no seu avance cara á democracia e o respecto e fomento das liberdades fundamentais,
10. Insta á Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e á Comisaria responsable de Cooperación a que entaboen de inmediato un diálogo estructurado coa sociedade civil cubana e con aqueles sectores que apoien unha transición pacífica na illa, de acordo coas conclusións aprobadas sucesivamente polo Consello da UE, utilizando os mecanismos comunitarios de cooperación ao desenvolvemento, en particular a través da Iniciativa europea para a democracia e a protección dos dereitos humanos;
11. Encarga ao seu Presidente que transmita a presente Resolución ao Consello, á Comisión, á Presidencia rotatoria da UE, á Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, á Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana e ao Goberno e á Asemblea do Poder Popular da República de Cuba
8 de março de 2010
14 de fevereiro de 2010
7 de fevereiro de 2010
Subscrever:
Mensagens (Atom)