28 de junho de 2015

DiA DO ORGULLO LGBT

Hoxe ten o seu aquel a celebración do Día do Orgullo Gai, nun país tan conservador como os EEUU, o seu Tribunal Supremo ven de legalizar o matrimonio entre personas do mesmo sexo. Non me resisto a reproducir algunhas das súas frases que non por repetidas deben ser aprezadas vindo de maxistrados que fai unhas décadas non redactarían un texto tan respectuosos cos dereitos civis, dos que os europeus xa gozamos dende fai anos. Dí o fallo A Décimo Cuarta Emenda require que os estados outorguen licenzas de matrimonio a parellas do mesmo sexo e a recoñecer o matrimonio entre persoas do mesmo sexo cando o contraian de xeito legal fóra deses estados" Como amosan os promoventes destes casos, o matrimonio representa un amor que pode sobrevivir á morte. Non teriamos entendido estas parellas se dicimos que fallan o respecto á idea de matrimonio". O desexo destas parellas non é que os condenen a vivir excluídos dunha das institucións máis antigas da civilización. Esixen a igualdade de dereitos ante a lei. E a Constitución concédelles ese dereito". Non hai ningunha unión máis profunda que o matrimonio, que representa os máis altos ideais de amor, fidelidade, devoción, sacrificio e familia. Ao formar unha unión en matrimonio, dúas persoas convértense en algo máis grandioso que o qué eran antes". A natureza do matrimonio é que, a través do seu lazo eterno, dúas persoas poden encontrar outras liberdades, como a de expresión, intimidade ou espiritualidade. Isto é certo para todos os cidadáns, independentemente da súa orientación sexual Moitas parellas homosexuais proporcionaron o agarimo e a protección dun fogar aos seus críos, xa sexa biolóxicos ou adoptados. Sen o recoñecemento e a estabilidade que ofrece o matrimonio, eses nenos sofren o estigma de saber que as súas familias son dalgún xeito inferiores. As leis vixentes a este respecto danan e humillan os nenos de parellas do mesmo sexo".

27 de junho de 2015

LUGONOVO

Nestas eleccións municipais, un grupiño de lugueses tamén aportamos o noso graiño de area para ir rachando o bipartidismo no país. A exixencia de que non se apoiarían candidaturas con imputados, deu con López Orozco fóra do Concello e na Diputación o BNG mantivo que Manolo Martinez, alcalde de Becerreá do PSOE non sería o Presidente por estaren imputado por denuncia que se presentou contra del e que de momento non solventou.

ARDE LVCVS

O máis bonito deste concurrido Arde Lvcvs foi que Xaime lle pidiu a Elena que se casara con él.