24 de maio de 2009

MARCOS VALCÁRCEL, VOZ DE LIBERDADE

O venres pola tarde no Hostal dos Reis Católicos de Compostela, fíxoselle entrega a Marcos Valcárcel da distinción que Clube Pen de Galicia, lle concedera na súa última xuntanza.
Alí estabamos moitos dos que apreciamos tanto a persoa como a labor intelectual e cultural de Marcos, e como xa hai constancia periodística dabondo direi que me gustou o discurso de Tosar, Presidente do PEN, claramente reivindicativo neste momento en que disque hai un problema ca lingua, a presencia de Anxo Lorenzo, Director Xeral de Política Linguistica que terá que capear o temporal como sexa, e que aludíu a un Documento que a modo de Manifesto elaborarán o amigo Marcos e Afonso Monxardín no ano 2006, Falamos Galego, en positivo, que considera básico para entender o dilema prantexado.
Ocupámonos persoalmente de saudar a Anxo e amosárlle o apoio que precise nesta, insistimos, empresa na que está embarcado e que todos queremos que se solvente dun modo indoloro.
Como dende Ourense xa viñeran acompañando a Marcos, Monxardín e Trebolle, tamén houbo xuntanza dalgúns dos que como din somos o núcleo duro das Uvas da Solaina.
Despois en plena festa da Ascensión dimos unha voltiña pola Ferradura.

19 de maio de 2009

DiA DAS LETRAS 2009


Eu estiven en Láncara e me parece que con iso está todo dito

6 de maio de 2009

iNCiSiÓNS


Onte, martes, inaugurouse na Sá de Exposicións do Pazo de San Marcos unha orixinal mostra de gravados que os artistas lugueses máis representativos fixeron co galo do 75 aniversario da fundación do Museo de Lugo.
Nunha técnica distinta a súa habitual a verdade é que os artistas son recoñecibles pola súa obra.
As figuras femininas de Santiago Catalá, o colaxe de Xermán Refojo, as paisaxes urbanas de Prada ou de Guerreiro. Os seres de Honorio e a memoria de Alejandro Carro, como dicía, refrexan o gran nivel que están acadando os artistas lugueses.
Teño que recoñecer que a miña debilidade é Macía e neste caso cumpriu.
Noraboa para todos e tamén para Ignacio López, o responsable, que nestes casos non sei se será que ten máis aplausos que levar, polo traballo que imaxino fixo por ter que lear con todos estes para que cumpriran os prazos de presentación.