27 de dezembro de 2016

GEORGE MiCHAEL

Dicir que nos 80' non bailache o Faith de George Michael é como dicir que non tiveche un CD' del no coche. No verán do 2011, fun velo a Madrid, so lembro un bome vestido de negro, que repetía os seus éxitos para un auditorio LGTB moi colorido. Older de GM foi o Cd máis escoitado no coche nas fins de semán de idas e vidas a Pedras Negras, e certamente toda a familia nos fixemos adictos a súa sensibilidade músical, as súas baladas o seu funky, que xa andabamos a mesturar con Van Morrison, U2, Corrs. Tamén un pouco máis adiante tivemos as versións da última centuria, onde escoitamos a outra Suzanne, e a preciosa Miss Sarajevo de Bono e Pavarotti. Que ten G.M. que non teñan os outros ?, pois variedade, moitos rexistros vogais, rítmicos, e sobre todo que as súas cancións vense, intúense e partir de agora lembráranse.

4 de dezembro de 2016

MEDiO MiNUTO DE SiLENZO

Escollín esta foto de Fidel porque sería aló polos anos sesenta onde Cuba con Fidel Castro a cabeza representaba a loita contra unha ditadura, a revolución popular contra do poder pola igualdade, liberdade e fraternidade. Pero a Cuba de Fidel desembocou no que combatía, no totalitarismo, a falla de liberdade e respecto polos dereitos humáns. Xa que neste días gárdanse moitos minutos de silenzo, polo falecemento do ditador cubano, nesta casa
so lle gardamos medio minuto, e xa abonda ..