Mostrar mensagens com a etiqueta COMUNICACIONS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta COMUNICACIONS. Mostrar todas as mensagens

29 de junho de 2011

NUEVOS REPUBLiCANOS


Por razóns obvias, este mércores asistín a unha comunicación que daba o Catedrático de Dereito Constitucional da UDC, Javier Ruipérez Alamillo na Casa Museo Casares Quiroga, na cidade da Coruña.
O balbordo que está montando a mobilización do 15-M, arredor de cuestións esenciais da vida democrática fai que non estea de máis que alguén ilustrado che amose qué é o que se dí na literatura política, de agora de antes, sobre a crise dos partidos, a parlamentarismo e as eivas que se lle atopan a nosa virxinal democracia.
O concepto República semella ser un punto de encontro de distintas sensibilidades que está a promover a rexeneración democrática, e a reclamar a real separación de poderes do Estado, hoxe enfangados nun entramado moi difícil de dixerir, e que pon as miras na Revisión Constitucional.

3 de junho de 2010

GAZA


Remíteme Dario Xohán Cabana un texto da Organización Avaaz, que sería conveniente botarlle unha ollada a quén lle poida interesar.

27 de maio de 2010

A DiSTOPiA DE GRiAL PARGA

Na sá do Colexio de Arquitectos de Lugo, Grial Parga achegounos a súa teoría da distopía, a utopía dos pesimistas, o futuro horribilis que no Século XX se presumía cheo de benestar e de sobranceiras riquezas que o presente se ocupou de ir desmontando. Charla amena para tan interesante postura vital

20 de novembro de 2009

MIGUEL ANXO BASTOS NO ATENEO


Hoxe na Galería Sargadelos de Lugo deu unha charla sobor do Galeguismo o Profesor Miguel Anxo Bastos, organizada polo Ateneo Galeguista.
A pesares da pouca asistencia, a comunicación foi un diáologo ameno entre a duzia de asistentes e o conferenciante

18 de janeiro de 2009

CAMBiO CLIMÁTiCO

Onte, 17 de Xaneiro en Sanxenxo, organizado por Jorge García Caamaño, compañeiro do Partido Galeguista, asistimos a unha xornada sobre o CAMBIO CLIMÁTICO, que deu a luguesa afincada en Ourense, SUSANA BAYO BESTEIRO, representante da Fundación Al Gore en España.
O contido da conferencia é a constatación dunhos feitos, que aseguran que se está a producir un cambio no planeta derivada da solta a atmosfera de gases efecto invernadoiro, producida pola combustión de residuos sólidos, que entroutras cousas provocan o quecemento do planeta e a aparición de fenómenos, como os furacáns, as devastadoras tormentas tropicais, o desxeo dos glaciares e a subida do nivel do mar.
Aínda que o escepticismo nesta cuestión, polo menos pola miña parte , é grande, a exposición que contou con unhas mil diapositivas, gráficas e fotográficas, foi amena e pedagóxica, concluíu cun debate entre os asistentes que denota que existen, xa non dúas posturas sobre o tema, unha, que o home inflúe no cambio climático, e outra que asegura que é unha cuestión natural e propia do planeta, senón que xa se está cuestionando que o propio cambio climático sexa un negocio dunhos cantos.
Pasa por saber se esta é a única ou ao menos a causa decisiva da subida da temperatura media da terra, que a conferenciante o longo de case hora e media tentou afirmar.
En tanto que lamentablemente non temos datos históricos para afirmar a tese, as consecuencias da desaparición da capa de ozono que rodea o planeta, especialmente nos casquetes polares, é claro e nidio e que o deterioro de espacios naturais é constante, asi como negar que o home participa decisivamente sería pormos unha venda nos ollos.

3 de dezembro de 2008

MANiFESTO DE LUGO DE 1.918

Onte, luns, 2 de Decembro aconteceu algo que coidei que xa non pasaba ou o menos que a min xa non me pasaría.
O caso foi que na conferencia que dentro do ciclo A GALIZA DAS IRMANDADES que se celebra na Deputación e que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, tocoulle o turno a XOAN CARLOS GARRIDO., que ía falar de “ Do local ao nacional”.
Teño que anticipar que xa me queixara a Antón Bao, Vicepresidente Primeiro, o día 18 de Novembro -día que se iniciaron as Xornadas- sobor dos poñentes, e que non sei se me fixo caso, aínda que dixo que tomaba boa nota.
Iñoro a orientación política da Asociación organizadora, aínda que a sospeito, pero non por iso vou deixar de asistir a un dos poucos actos de afirmación galeguista que se celebran en Lugo, sobor do Manifesto do 18, e con toda a miña boa intención alí me persono as 20 horas.
Presentan o conferenciante como militante nacionalista, pertencente o Sindicato Agrario Galego e a ADEGA, profesor de filosofía no Ensino Secundario e director da Revista “Terra e Tempo”, da Fundación Bautista Álvarez.
Escomeza por dicir o XCG que é da Estrada, e que tratará de encadrar a loita de Galicia que desemboca no Manifesto dende unha triple óptica, a loita de clases, a organización e encauzamento da loita revolucionaria, e a como definiu a política de consenso.
Nunha grande pantalla que reflectía un programa de ordenador que o poñente movía dende a mesa ollábanse tres figuras enormes.

KARL MARX

LENIN

e GRAMSCI

Non me fun pola curiosidade que sentín pero certamente se a Asociación organizadora avala o que XCG, propón na súa comunicación eu teño grandes reparos do que se está a facer cos meus impostos.
Hoxe, martes 3, fala Encarna Otero, sobor da Soberanía Estética. Xa lles contarei.