Mostrar mensagens com a etiqueta CELEBRACIÓNS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta CELEBRACIÓNS. Mostrar todas as mensagens

17 de maio de 2014

MiSTiCA E COMPROMiSO

Poderíamos sinalar que a poesía de Díaz Castro xira arredor da inspiración mística e o compromiso social do poeta coa súa terra, pero teño que matizar que non é exactamente así. Díaz Castro non é un poeta místico, no que a súa poesía teña como principio e fin a búsqueda de Deus, e que todo xira arredor da obra humana como creación divina, non, Díaz Castro sitúase diante da poesía como un ser profundamente relixioso, e non impide que afloren os seus principios morais e vitais e tenta a búsqueda da estética clásica da que el era un grande coñecedor. Tampouco era un poeta comprometido, tal e como nos anos 70 diferenciabamos os poetas militantes e revolucionarios, senón un escritor apegado a Galicia máis profunda, cunha linguaxe sinxela e enxebre, doada de escribir, segundo o poeta e de ler: A súa grande amizade con Iglesia Alvariño, as charlas con Pimentel, Fole e Nononeyra en Lugo, e sobor de todo o padroádego de Carballo Calero -que o incluíu en leitura obrigatoria nos estudos universitarios- introduciron a Díaz Castro nos círculos intelectuais arredor de Piñeiro, os que quedou limitado a súa obra poética, gran descoñecida para o grande público, pero que sinceiramente creo estamos diante dun dos grandes poetas de posguerra, e o discurso do seu poema Penélope, incluído en Nimbos, está de plena actualidade

17 de novembro de 2011

Jazz en Lugo


Nesta semán estase a celebrar o XXI Festival de Jazz de Lugo. Tedes o programa nesta ligazón http://www.jazzlugo.com/

24 de agosto de 2011

ELENA E MANUEL ANTONIO


Teño que escomezar por dicir que cando Manuel Antonio me dixo que lle gustaría que leera un texto orixinal meu na cirimonia da súa voda, non pensedes que me meteu nun compromiso, de ningunha maneira, acetei encantado e tamén me sentín moi gabado de que pensara que eu podería adornar literariamente un acto tan importante para as súas vidas.
Teño que advertir que non son máis amigo do un que do outro e a pesares de que teño máis relación con Manuel, coñecìnos os dous case o mesmo tempo cando escomenzaron a saír xuntos, seguimos o seu idilio e observamos que entre os dous había unha grande sintonía ademáis de que non había máis que miralos para saber que estaban e na mo ra dos.
Seica nunha voda ten que haber algo novo, algo vello, algo usado e algo azul e agardo que o longo desta celebración vaian saíndo estas ideas dos noivos e de nós mesmos.
Novo está bastante xunguido con novedade é está claro que non vai ser unha novidade a convivencia en común daqui en diante para os nosos amigos. Levan convivindo xuntos moitos anos para que chegaran a conclusión que este acto, avale civilmente unha relación que non precisaban de cara para nós pero que sen dúbida pon un antes e un despois na relaciòn de parella.
Algo vello, poderíamos facer un chiste e dicir que Manuel xa non está para estos trotes pero pola súa cara denota que vaise facer pasar por novo e Elena así o recibe.
Vou trocar o de usado por prestado xa que preciso esta figura retórica para continuar na miña alocución xa que dí a costumbre que si se usa algo prestado dun amigo atraese a felicidade para o futuro dos noivos. Manuel Antonio e Elena, Elena e Manuel Antonio prestámosvos toda a nosa felicidade para que a disfrutedes no futuro e que lembredes este acto como tanta ledicia como vos desexamos, agardo, todos.
Algo azul, algo azul, si vexo algo azul, pero dame que sabendo quén oficiou a cerimonia e de qué partido son estos páxaros non fai falla advertir azul por tódalas partes.
O que si me vou a permitir unha licencia e deixar a nosa lingua para expresar algo que é bastante común nestos actos e con esto remato:

VIVAN LOS NOVIOS.

7 de junho de 2011

ARDE LVCVS


Seica a xente xa se está preparando

18 de maio de 2011

MUSiCA DO CORPUS


Nestes días en Lugo estamos de Noraboa con tanta e tan boa música. Disfrutemos.

17 de maio de 2011

LOiS PEREiRO




Coñecín a Lois Pereiro, nunha disctoeca, onde senón, cando Radio Océano actuou en Studio 3 de Lugo, cando fixemos a presentación da Revista CON TODO LUGO DE DETALLES. Era o irmán ionqui de Rötring e a verdade non lle facíamos demasiado caso. Meu irmán si que o coñecía das visitas o Carqueixo e os seus comentarios era que era "un tipo legal". Co tempo e xa en Coruña, coincidín con el na presentación dalgún número de La Naval, no que participei e nun Concerto de Radio Océano en Vialba nas festas do verán no que nos fixemos unhas fotos con Maite Debesa, Honorio e con Nazaret López que por aí teñen que andar.
Souben do seu pasamento por ser irmán moito máis tarde na presentación que éste fixo en Sargadelos dun libro sobre Cuiña, e hoxe se lle adica o día das Letras Galegas.

As letras das cancións adapatadas da súas poesías non teñen desperdicio, son o suficientemente desgarradoraas como para anotalas e esta foi unha das que recitei na súa honra no recital da Feira do Libro de Lugo


Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul

Narcisismo
narcisismo...

19 de outubro de 2010

CANCRO DE MAMA


Hoxe Lugo celebrou dunha maneira singular o día do Cancro de Mama. Aproveitando a commemoración da declaración de Muralla, Patrimonio da Humanidade, encitouse todo o seu adarve cunha cinta rosa e púxoselle na Mosqueira unha bonita paxariña.

13 de agosto de 2010

1 de agosto de 2010

SANTiAGO 2010


Este día do Patrón sempre lles fago polbo aos amigos e pasa por ser a primeira leria estival. O cefalópodo- Iago para máis señas- coceo decentemente, os cachelos sobraron e o viña Salceda foi o nexo entre a apertura e as gargalladas. Ola verán, ola amigos.
A imaxe é un cartel de Paula.

15 de maio de 2010

SUSO DE SARGADELOS



Hoxe estivemos con Quico de Sargadelos.

8 de março de 2010

CON ANTONiO E ANJARA NA TERRA DOS CHURRUCHAOS


A imaxe é un pastel precioso que troixo Paula e que tódolos presentes asinamos como lembranza.

14 de fevereiro de 2010

CUMPREANOS EN COMPOSTELA

Fernando cumpriu 50 anos

7 de fevereiro de 2010

1 de dezembro de 2009

O DíA CONTRA A SiDA


Entre tantas guerras
sempre se esquezen as batallas perdidas
Vaia polos que levou a gadaña bermella
os que non están e merecían estar
Silenzo, morte e lembranzas
de meu irmán

3 de novembro de 2009

JAZZ EN LUGO


Como sempre por estas datas, pero agora xa non tan orfos, con algunha axuda institucional pola importancia en público e artistas que asisten o Festival ten lugar nesta miña cidade unhas xornadas históricas de Jazz con maiúsculas.

Como sei que José Luís está pendiente, vaian os meus parabéns

27 de junho de 2009

ARDE LVCVS


Nesta fin de semana, non sei que pasa en Lugo. A tódolos cristianos lles deu por vestirse de romanos

28 de novembro de 2008

OURENSE, 29-11-08





Levo ido a Ourense en varias ocasións pero esta era especial, estaba sinalado no calendario sentimental dende había semanas, a cita fixoa Galicia para con un dos galegos máis ilustres.
Estaba claro que a convocatoria a que acudimos o sábado pasado, era darmos unha homenaxe a Marcos Valcárcel, todos xuntos, non sei se se pode dicir a Galicia da Cultura pero Ourense foi testemuña dun acto emblemático, onde non había bandeiras nin ringleiras, nin VIP´s.
A publicación da Historia de Ourense, foi o motivo que unhos amigos atoparon para que se lle recoñeza a Marcos Valcárcel como unha personalidade fundamental no escenario cultural galego, mesmo polos seus artigos de prensa exemplares, como pola súa xa longa obra na que Galicia sempre ocupa un lugar predominante, e que ten sobradamente xustificado.
Tamén acudimos convocados pola forza con que nos xunta a tódolos habituais das UVAS DA SOLAINA, e comprendimos que unha homenaxe a Marcos, podía ser un bon motivo para estar xuntos, e en vez estar a facer ese sábado comentarios no blog mellor cear xuntos, cara a cara.
Teño que recoñecer que sinto unha especial predilección e querencia por algúns membros do racimo, da humanidade de Julio Medela, o noso Joyce, da súa alegría pegadiza, o torrente de sabiduría que amosa xa compensaría unha cea en Ourense.
Qué dicir de Xohan da Cova, o noso científico particular, capaz de articular un principio físico da forma de dobrar unhas servilletas ou transportarnos ca música as planicies de Senegal en wolof . Ese home que estivo en tódolos sitios de tódalas idades, que é universal e ácrata, que é a filosofía do envés, que o votaron da súa aldea de cativo por saber de máis, é un xenio, o noso xenio
O brillante Jimy de Rairo que se esconde detrás de unhas gafas que dan vida a unhos ollos rápidos e inquisidores. Cala moito, e fala pouco, gran capacidade de repouso e para min un descubrimento.
O noso galán é Arume, o gran Arume dos Piñeiros, tipo en extinción, que mira dende as súas gafas de día e de noite, que che pregunta e sabe a resposta, que está contigo e con todos, que cala, observa, matiza, contrapón, ironiza e ri. A risa de Arume é do mellor do blog, xunto cas gargalladas de Medela. Ese sorriso cómplice, de estar de volta de todo, de ser viaxado, en fin, é Arume.
Despois da clase de tropa, topamos cos cerebros, as mentes privilexiadas cos silencios que matan e acenos inquisidores.
Saavedra, é todo pensamento de traxe, a elegancia da sabiduría, manda e templa o mesmo tempo, sen mirar, óllate, e se te mira, temblas, fallas, dúbidas, que che dirá, el acerta, ti arrodeas. Ten anos e memoria de vello sabio, arrecende calor e amizade e como Arume, tamén sabe sorrir.
Apicultor, Deus meu, cando un fala de Apicultor, pensas que hai que pórse de pé, en fila, en perfecto estado de revista, este si que te mira, te interroga, faiche un terceiro grao en décimas de segundo, mátate e dáche a man, para que tomes outra, para que te sigas devalando os sesos na historia, na xeopolítica, na realidade, e xa ten a resposta, claro, xusto a contraria da que ti pensas.
É odioso.
Cando che vota a man por riba, un suor frío escomenza pola caluga, e non continua, para adonde coño irá ese suor, non ten sitio, quédase repousando na súa cara, na seu sorriso, este non ri, este tómate de coña, abrúmate, mátate e resucítate. Un gran tipo e millor persoa.
Etxe, ë outra cousa, é un corpo cheo de xenio, acenos e retranca, parece que ten trinta brazos e vinte pernas, que fala cos ollos e mira co xesto. A cultura e Ourense, non teñen segredos para o gran Etxe. Como Saavedra, nótaselle que a cultura sáelle polos poros e que como bon profesor transmite pedagoxía.
A besta, o Lobo neghro, non vos é tal cousa, é a naturalidade e a sensualidade feito persoa. Doce, conversador, agarda, inquírete e ca man faiche señas de que si, que efectivamente o mundo segue e hai que buscar a orixe das cousas, do mundo, da historia, de ti, de min, de él, de todos.
Noutro lugar falarei do patrón.
Esta marabilla de colage é de Medela.

11 de novembro de 2008

JAZZ EN LUGO



Nesta semán vaise celebrar en Lugo o XVIII Festival de Jazz de Lugo, que a Asociación de Amigos do Jazz, EscobiJazz, co animoso José Luís Díaz a cabeza organiza por estas datas.
A afición en Lugo é como en tódolos sitios, acude se o espectáculo promete e non custa moito, e facendo algo de historia na década dos oitenta e noventa houbo músicos lugueses, xente nova, que escapaba do rock e do pop, e que se encamiñou hacía a experimentación e a improvisación.
Aínda lembro a Antonio Murado, sí, sí, o artísta plástico tocando nun grupiño de Jazz, polos oitenta e o seu xermolo aínda o sigue José Luís que é un bendito e nos trae para o noso pracer a Mike Stern, hoxe mesmo, gratis no Circulo das Artes. Xa vos contarei.

12 de outubro de 2008

SAN FROiLAN


Un que se sinta realmente de Lugo, ten que ser visitado na súa casa e ademáis corresponder facendo polbo.
Onte case no remate das festas, recibín unhos amigos e comimos polbo, empanada de liscos, brazo de gitano, tarta de améndoa de Allariz, bombós, e mencía a esgalla. Ata o ano que ven.

23 de setembro de 2008

AS TAPAS DO SAN FROiLAN 2008



Escomenzou o día 13 ó xa tan mundialmente famoso Concurso de Tapas de San Froilán, no que, como xa sabedes, compiten os millores restaurantes de capital en diferentes categorías e fan unha tapa a un prezo módico, saíndo gañador o local que acade máis votos dos consumidores que a súa vez entran nun sorteo de regalos.
Marca o inicio das festas da capital e indicarvos que o ano pasado gañou o premio especial o Restaurante España, e polo camiño que imos hai tres ou catro que son especiais, pola presentación, polos ingredientes e a súa mestura e nalgúns casos entra polos ollos.
Ireivos informando nos comentarios sobor do que a min me vai parecendo, e que sen ser un lambón o bon e saboroso convence a calquera.