Mostrar mensagens com a etiqueta HOMENAXES. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta HOMENAXES. Mostrar todas as mensagens

10 de dezembro de 2010

A CADEiRA BALEiRA



Fai uns momentos celebrouse o acto máis cerimonioso da entrega dos Premios Nobel e había unha cadeira baleira.
A estas alturas non debía aceitarse que se fìxese unha entrega dun Premio Nobel pola Paz a unha persoa que non poida asistir. Todos deberíamos rebelarnos, rachar as relacións políticas, comerciais e todo tipo de intercambio co país que non respecte os Dereitos Humamos, esos dereitos tan pouco humanos.
Pero a miña queixa non só è de que non hai un boicoteo contra o Estado Chinés que non accede a que Liu Xiaobo asista a recibilo galardón que con grande honra mereze, senón que pola contra houbo quén por pánico a perdela cobertura "politica" chinesa anuncia a súa negativa a asistir.
Estes non teñen medo as represalias e se todos sabemos que as ditaduras se protexen e se encobren entre elas tamén sería bo que saibamos e anunciemos cales son os estados dos que non se pode esperar ren.
China, Afganistán, Arabia Saudí, Colombia, Cuba, Egipto, Filipinas, Irak, Irán, Kazajistán, Marrocos, Pakistán, Rusia, Serbia, Sudán, Túnez, Ucrania, Venezuela e Vietnam.
En cantos destes estados totalitarios hai elecións regularmente?, en cantos deles unha vida e unha insignificancia?, en cantos deles eu podería escribir esto que plasmo con moita rabia?, cantos de nós subscribirìamos a Carta 08 cos ollos pechados?.

5 de agosto de 2010

SÁLVORA


O meu amigo Arume diría que Sálvora é un nome dunha illa italiana. Os meus fillos dirían que é un renglón dunha cantiga que dende pequenos tararearon no coche para que seu pai non se durmira, pero a realidade supera tódolos exemplos. Nestes días de moita calor e de luscos e fuscos interminables bon é rendirlle unha homenaxe a raíña de Arousa.

25 de junho de 2009

BiLLiE JEAN


Moi cedo escoitei que morrera Michael Jackson, aproveitaron para pór algunha canción do seu repertorio, pero non puxeron Billie Jean.
O parecer o que relata o bon do Michael foi algo que lle pasou realmente, e dicir, que unha muller lle quixo facer crér que o fillo que estaba esperando era do cantante e que incluso tivo un xuizo no que se fixeron probas de A.D.N. para descartar a paternidade.
Nunha edición limitada do Thriller, xa neste século, hai unha versión distinta da que maqueou Quincy Jones para o albúm que da gusto escoitala, xa que un decátase como se vai facendo unha canción, os seus arreglos, a sucesión de matices na voce e o ritmo, o trepidante ritmo deste himno das pistas de baile.
Non teño en moita estima o falecido dende que saíron as novas que o acusaban de pederastia, pero contan os que algunha vez acudiron a un concerto seu os acordes de Billie Jean están nas caixas de ritmo das mesas de són durante todo o espectáculo.
Billie Jean is not my lover 

15 de dezembro de 2008

AGUSTiN FERNÁNDEZ PAZ


Onte acompañamos a Agustín Fernández Paz en Vilalba, onde a Fundación Manuel María lle fixo unha homenaxe polo seu recente premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil.
Nun día emocionante, cheo de agua e neve, primeiro nun abarrotado Muiño do Rañego, e despois no Paseo dos Soños, no que primeiro Manuel María, despois Paco Martin, xa teñen o seu pequeno monolito pétreo, quedou para sempre constancia do acto no que o amigo Agustin, descubriú unha pequena escultura que semellan os seus libros, nun entorno espectacular, na ribeira do rio Madalena e ca vixia dos carballos e castiñeiros chairegos.
O acto que como dicia sobrepasou as prediccións a pesares do día, foi iniciado por Manuel Bragado, logo Fina Casalderrey, Paco Martín, e Xabier P. Docampo, derónlle a palabra o homenaxeado que sempre ca humanidade de sempre, fíxonos sorrir un pouco, sempre baixo a batuta de Xulio Xiz.
No xantar, que departin con Marica Campo e Cabello, unha castellana nacionalizada galega, contamos ca presencia de Mini que amenizou como el sabe o remate da festa.

10 de novembro de 2008

MARCOS VALCÁRCEL

O sábado 29 de Novembro, ás 9, no Restaurante San Miguel de Ourense, ímoslle facer unha homenaxe a Marcos Valcárcel, patrón das UVAS NA SOLAINA, blog de referencia cando falamos de Galicia con maiúsculas.

Os que queiran asistir deberán escribir a homenaxeamarcos@gmail.com

19 de outubro de 2008

AVELiNO POUSA ANTELO


Onte, 18 de Outubro, celebrouse en Láncara, un acto emotivo, como foi a entrega a Avelino Pousa Antelo do Premio Ramón Piñeiro, FACER PAIS, que dende hai 7 anos e impulsado polo incansable, Carlos López Sierra, entrega a Asociación Cultural Val de Láncara.
O acto nun mediodía perfecto, e ca presencia de unhas duascentas persoas, foi presentado por unha amiga a que facía tempo que non vía, dende os tempos de Compostela e da Universidade, Mª Tareixa Navaza, que con unha introducción sobre do homenaxeado, deu paso os intervindes, primeiro a leitura do acordo do premio polas asociacións e agrupacións que integran a distinción e logo un parladoiro de Xosé Ramón Barreiro, pola Academia Galega, e a Ramón Villares que non puido asistir e que foi substituído por Freixanes que leu os folios que Villares lle entregara loubando a Avelino Pousa, o seu traballo na provincia de Lugo, sobor de todo no eido da agricultura e a súa modernización e a súa papel no Partido Galeguista, do que foi Secretario Xeral, nos anos 70.
Disertou o premiado sobre da súa relación con Ramón Piñeiro que segundo el mesmo dixo, tivo luces e sombras polo tema de Realidade Galega que sinceiramente creo que sobraron, xa que Piñeiro xa é bastante denostado polo BNG e os nacionalistas de esquerdas como para que Pousa Antelo, manifeste publicamente que houbo disensións na transición entre persoeiros do galeguismo político e que provocaron ni máis nin menos case a absoluta desaparición do PG da escea política.
Despois houbo un xantar no que departín con Xulián Parga un bo amigo de Piñeiro, con quen compartimos moitas anécdotas de hai anos.

30 de março de 2008

JUANA CAPDEVIELLE


Onte foi un día de eses sentimental, que sempre remata cunha boa comida.
A Fundación Amigos de Galicia, axudada polo Concello de Rábade e a Presidencia da Xunta, inauguramos unha estatua na honra de Juana Capdevielle, onde apareceu asasinada, nunha cuneta da estrada Madrid-A Coruña, o 18 de Agosto do 36, nas aforas de Rábade.
Como dicía, ca asistencia de Méndez Romeu, os subdelegados do Goberno de A Coruña e Lugo, e o alcalde anfitrión, fixemos unha merecida homenaxe a unha víctima do 36, non sei se dentro do ronsel da recuperación da memoria histórica.
Alí, cos patróns da fundación, Claudio Rodríguez Fer e a súa dona Carmen Blanco estudosa da homenaxeada e os do Ateneo Republicano da Coruña dando a nota tricolor nunha mañá especialmente luminosa e acolledora, que amenizou un trío de corda feminino espléndido.
Logo unha excelente comida no Coto Real, e como remate o 3-1 do Lugo o Fabril no Anxo Carro

5 de dezembro de 2007

CENTENO E TRAPERO



Tanto un coma o outro eran dous xoves traballadores, que tiñan unha profesión difícil e perigosa, da que seguramente eles xa se tiñan decatado.
Atoparon a morte lonxe da súa terra.
Vaia por eles esta pequena homenaxe, non sin antes renegar de quén lles segou a vida