22 de dezembro de 2007

O OUTUNO QUE SE FOI

Acaba de irse o outono, aquela estación ocre que todos lémbramos, o inicio do curso, a promesa de refacerse, as tardes cortas e as noites frescas. Remata de irse de novo outro outono, que non é ocre nin marelo, é seco, longo, fastío e sen auga.
Quen poderá outonar, poderán os arados outonar, aguantara a terra outro outono


A foto é feita polo menda en Riga este Outono

BO NADAL

O Nadal non é como as outras festas, felicitámonos con quén habitualmente non-o facemos, sorrimos a quén non nos apetece, incluso compartimos mesa con extranos, xa que somentes o facemos nestas datas, en troques cos amigos xa estamos todo o ano e debería ser cos que pasaramoss estas festas. Pero non o Nadal eche un compromiso, tes a obriga de pasalo ben, ou aparentar que o estas a pasar ben, que eres feliz.
Vaia pois polo Nadal que nos cambia, que nos inocula o virus da tolerancia e da paz, o mesmo, xaora, que desexo a todos.
A foto e dun pratiño de Sargadelos que agasallou o Progreso fai anos

11 de dezembro de 2007

DECLARACION DE COMPOSTELA


Os gobernos de Euskadi, Catalunya e Galiza rematan de firmar o que se denomina DECLARACION DE COMPOSTELA, que en esencia ven a reafirmar a singularidade das culturas das nacionalidades históricas asi como un acordo de iniciativas comúns na defensa da lingua propia.
Digo eu que servirá para algo, e non quedará nunha simple declaración de intencións.
Pero deberíamos pensar que a defensa da cultura e a súa valoración só se poder facer si existen e se teñen instrumentos políticos que a sosteñan. A min dame que os cataláns, que teñen unha industria e unha organización editorial impresionante, tanto en castelán como en catalán usan este tipo de documentos como ampliación do negocio, fidelización de posibles clientes e sobor de todo a amplicación dun mercado que a nosa lingua si a ten no ámbito galego-portugués, e si non baste somentes ollar que moita firma, pero cando se trata de asinar ou aprobar presupostos do Estado o partido do Conseller no Senado, vota en contra e a bon seguro que dos que veñen asinados hoxendía para Galicia, quitaránnolos e adxudicáranllos, como non, a sofrida e discriminada Catalunya.
Sen dúbida a partires de hoxe, cando nas Ramblas se escoite o camarero galego ningún se escaralle de risa polo seu acento e no metro de Bilbao se algunha avoa se dirixe o seu neto con un “Vas caer”, non se fagan comentarios sobor da cultura da muller.
En todo caso para cando un acordo bilateral co Goberno Portugués para normaliza-la lingua e a cultura irmán.

8 de dezembro de 2007

HIMNO GALEGO


Aínda que non foi exactamente un 8 de Decembro, senón que foi o día 20, hoxe faise un acto institucional en Cuba, por cumprirse 100 anos da estrea pública do Himno Galego.
O por aquel entón, inquedo Xosé Fontenla Leal, sempre baixo o pulo cultural da Real Academia Galega de la Habana, solicitoulle o poeta Curros Enriquez e o músico Castro Chané que fixeran unha peza para que servira de estandarte da institución recen creada, pero por unhas cousas ou por outras foi finalmente a composición de Pascual Veiga, publicada xa na Coruña no ano 1.980, sobor do poema escrito anos antes por Eduardo Pondal- na foto da marxe-, Os Pinos, a que aquel día 20 de Decembro se estreou pola Banda Municipal de La Habana, nunha homenaxe póstuma o músico para facerlle unha estatua no seu Mondoñedo natal.
Chamouse en principio Hino Rexional Galego, o que andando os anos se transformou no himno do pais, hoxe recoñecido no Estatuto de Galicia.
Existen algunhas dúbidas sobor da primeira vez que o himno se tocou en Galicia, pero o parecer foi o día 13 de Xaneiro de 1.913 en Pontevedra nunha homenaxe a Rosalía que se lle deu pola Sociedad Artística, e non como ata fai pouco se dicía que fora o Real Coro Toxos e Frores da Coruña no verán do 1.915, nun concerto benéfico, pero seña como seña o certo e que o pais ten un himno amplamente coñecido e respeitado.

7 de dezembro de 2007

POBRE MUNDO RICO

Rematan de aparecer unhos datos que persoalmente a min me parecen estremecedores en tanto que pode que o ano 2008, 700.000 galegos vivan por debaixo do umbral da pobreza, e dicir que non teñen para vivir 600 € mensuais.
Certamente cando andamos a facer cuestacións para países pobres, resulta que o 20% de nosoutros, escasamente ten para comer mensualmente.
Quero pensar que eses datos só valoran os ingresos que poden figurar oficiais nas terminais administrativas e aí non aparecen as aportacións os fogares que se achegan por as propias labores agrícolas xa que máis do 70% dos estadisticamente pobres viven no rural sin ingresos propios.
Si eso fora así o noso campo quédanlle tres telediarios, xa que non haberá xeracións novas que queiran adicarse os traballos agrícolas e gandeiros, e en pouco tempo teremos nos arrabaldos das cidades, si é que xa non empeza a habelos, concentracións de deseherdados na busca de algo que levarse a boca.

5 de dezembro de 2007

CENTENO E TRAPERO



Tanto un coma o outro eran dous xoves traballadores, que tiñan unha profesión difícil e perigosa, da que seguramente eles xa se tiñan decatado.
Atoparon a morte lonxe da súa terra.
Vaia por eles esta pequena homenaxe, non sin antes renegar de quén lles segou a vida

4 de dezembro de 2007

INFORME PISA


O parecer tivemos sorte de que accederamos o informe PISA, denantes de que fora cociñado polos técnicos do Ministerio de Educación do Goberno de España, como se dí agora.
E que é o informe PISA, pois moi someramente, é un estudo períodico entre escolares de 15 anos de todo o mundo no que se avalía o rendimento educativo, nas diferentes materias, primordialmente leitura, matemáticas e cencias (PIRLS 2006. Assessment Framework and Specifications).
Non hai demasiadas novidades entre os paises millor puntuados, aínda que si se nota que os hai que tomaron medidas e o mesmo tempo se asustaron dos índices que acadaban os seus escolares, por exemplo, Alemaña e Austria, e non se entende o fracaso de Suecia e Francia.
Xa no ano 2003, Finlandia, era o estado no que os seus escolares acadan millores índices de comprensión nas materias avaliadas, e España, despois de 15 anos segue a estar no lugar 31, entre paises que non invirten tanto en ensino e que nin por asomo teñen o noso nivel económico.
A cousa é que ca cantidade de plans de estudios que se están a implantar, modificar e reformar o longo deste quinquenio demóstranos que a educación que se esta a dar os xovéns non millora o seu rendimento nin o nivel de coñecementos se incrementa, polo que hai que busca-las causas,. tomar medidas e pedir responsabilidades.
Non quero entrar a valorar as mostras dos escolares galegos, xa que son igual de malas ou igual de boas que o resto dos das outra comunidades.
Só dicir que en Finlandia no ensino primario non é obligatoria a asistencia a clase, e para acceder os niveis superiores de estudos, compre acadar unha serie de coñecementos acreditados a traverso de probas, que aquí se evitan co acceso a colexios privados ou repetindo varias veces.
Falla, pois, profesionalidade nunhos, coñecemento noutros e responsabilidade nos que se escudan en que todo ven de anos atrás.