24 de maio de 2009

MARCOS VALCÁRCEL, VOZ DE LIBERDADE

O venres pola tarde no Hostal dos Reis Católicos de Compostela, fíxoselle entrega a Marcos Valcárcel da distinción que Clube Pen de Galicia, lle concedera na súa última xuntanza.
Alí estabamos moitos dos que apreciamos tanto a persoa como a labor intelectual e cultural de Marcos, e como xa hai constancia periodística dabondo direi que me gustou o discurso de Tosar, Presidente do PEN, claramente reivindicativo neste momento en que disque hai un problema ca lingua, a presencia de Anxo Lorenzo, Director Xeral de Política Linguistica que terá que capear o temporal como sexa, e que aludíu a un Documento que a modo de Manifesto elaborarán o amigo Marcos e Afonso Monxardín no ano 2006, Falamos Galego, en positivo, que considera básico para entender o dilema prantexado.
Ocupámonos persoalmente de saudar a Anxo e amosárlle o apoio que precise nesta, insistimos, empresa na que está embarcado e que todos queremos que se solvente dun modo indoloro.
Como dende Ourense xa viñeran acompañando a Marcos, Monxardín e Trebolle, tamén houbo xuntanza dalgúns dos que como din somos o núcleo duro das Uvas da Solaina.
Despois en plena festa da Ascensión dimos unha voltiña pola Ferradura.

Sem comentários: