27 de junho de 2009

ARDE LVCVS


Nesta fin de semana, non sei que pasa en Lugo. A tódolos cristianos lles deu por vestirse de romanos

25 de junho de 2009

BiLLiE JEAN


Moi cedo escoitei que morrera Michael Jackson, aproveitaron para pór algunha canción do seu repertorio, pero non puxeron Billie Jean.
O parecer o que relata o bon do Michael foi algo que lle pasou realmente, e dicir, que unha muller lle quixo facer crér que o fillo que estaba esperando era do cantante e que incluso tivo un xuizo no que se fixeron probas de A.D.N. para descartar a paternidade.
Nunha edición limitada do Thriller, xa neste século, hai unha versión distinta da que maqueou Quincy Jones para o albúm que da gusto escoitala, xa que un decátase como se vai facendo unha canción, os seus arreglos, a sucesión de matices na voce e o ritmo, o trepidante ritmo deste himno das pistas de baile.
Non teño en moita estima o falecido dende que saíron as novas que o acusaban de pederastia, pero contan os que algunha vez acudiron a un concerto seu os acordes de Billie Jean están nas caixas de ritmo das mesas de són durante todo o espectáculo.
Billie Jean is not my lover 

21 de junho de 2009

iRMÁN VERÁN

Hoxe escomeza o verán

19 de junho de 2009

O LiBRO DOS AMiGOS


Onte en Ourense, no Liceo, segunda casa de Marcos Valcárcel, entregóuselle o nomeamento de socio de honra e aproveitouse para presentalo libro dos Amigos de Marcos, unha preciosa obra de 250 aportacions doutros tantos autores. A edición moi cuidada, consta de orixinais tanto literarios como plásticos.
O acto que foi presentado polo Presidente da institución foi moi emotivo e caloroso. Monxardín representounos a todos os que colaboramos no libro. Este collage de arriba*, que vos amoso, foi a miña achega.


* Grazas, anónimo

15 de junho de 2009

SiRO NO CiRCULO DAS ARTES




Hoxe tocoulle a Lugo. O noso irrepetible Siro, troixonos tamén a exposición que montou co gallo da adicación das letras galegas a un moi grande amigo seu, Ramón Piñeiro.
Sempre tan tímido, ca mirada picara e viva, este ferrolán bo e xeneroso deunos a súa visión de D. Ramón con quén tivo unha grande relación de amizade, dende o Partido Galeguista ata Realidade Galega.
A mostra son caricaturas as máis delas xa coñecidas e recoñecidas, e lenzos esporádicos que expresaban cadanseu momento unha mostra de admiración polo mestre e amigo.
Nun intre do seu relatorio, expreseille máis tarde a Siro, a Benxamín Casal e a Xulián Parga que sentín o espiritú do de Láncara zumbando moi mainiño, case impreceptible polo salón rexio do Circulo, sensación que me confirmaron con desacougo e complicidade, xa que fai anos estiveramos todos xuntos nese mesmo entorno.
Ademais do Alcalde, Orozco, falaron o comisario da exposición e tamén Anxo Lorenzo que tivo unhas palabras para Siro, Piñeiro e o trance polo que esta a pasar.