23 de novembro de 2009

A FEiRA DE RÁBADE

Xa meu abó, Manuel Ceide, contábame que a feira de Rábade era das mellores da comarca. Eran anos nos que se levaban alimentos para traer outros para a casa que so atopaban na cidade. No comezo do inverno o vestido era un bo motivo para levar un xato o as pitas, pero Nós agora practicamente temos a feira do vintedous co motivo de xuntarnos e comelo polbo.
O ritual é sobor das tres na Cantina de Estación, unha cervexiña cunhos callos para irlle dando entrada o Rioja de turno de que Nistal lle leva a Montera. As polbeiras por turno que se garda con escrúpulo servennos os platos, non hai cachelos pero sí pan de Ousá que merca de mañán Pallín na feira e aceite virxe extra que tamén se trae de fora.
Este 22 cadrou en domingo e case nos xuntamos cincuenta para comer, rematamos a seis no Beethoven e logo no chiringuito do Nistal ata altas horas da madrugada. Longa vida os amigos, e parranda segura cos Estoupacaldeiros.


20 de novembro de 2009

MIGUEL ANXO BASTOS NO ATENEO


Hoxe na Galería Sargadelos de Lugo deu unha charla sobor do Galeguismo o Profesor Miguel Anxo Bastos, organizada polo Ateneo Galeguista.
A pesares da pouca asistencia, a comunicación foi un diáologo ameno entre a duzia de asistentes e o conferenciante

5 de novembro de 2009

O GRELO




Na derradeira Asemblea da Fundación Amigos de Galicia, que se celebrou en Maio pasado acordamos concéderlle o XXIII Grelo de Ouro ao GRUPO PESCANOVA.
Sei que a concesión terá os seus a detractores pero a mín os razoamentos que se expuxeron no seu día fixéronme pensar que era hora de que se concedera a unha empresa de fonda galeguidade como é PESCANOVA o Grelo deste ano.
Quizabes habería que dicir que non se está premiando a instalación de piscifactorías en lugares protexidos e de entornos conservables e intocables, non, éstase a recoñecer a unha empresa que está instalada nos cinco continentes, que da traballo directo a perto de 9000 persoas e que sempre se gabou de pertencer a esta terra.
O día 21 de Novembro, por tanto, en Bonaval faráselle entrega o actual presidente do Grupo Manuel Fernández de Sousa-Faro, nun acto que presidirá Nuñez Feijoó, como antes o facía Quintana, namentras foi Vicepresidente da Xunta.
Antes do acto dírase unha misa por tódolos patróns falecidos, e eu estoume acordando dos amigos, José Alonso e Victor López Villarabid, xornalistas ámbolos dous.

3 de novembro de 2009

JAZZ EN LUGO


Como sempre por estas datas, pero agora xa non tan orfos, con algunha axuda institucional pola importancia en público e artistas que asisten o Festival ten lugar nesta miña cidade unhas xornadas históricas de Jazz con maiúsculas.

Como sei que José Luís está pendiente, vaian os meus parabéns

O PARQUE ROSALIA



A ASOCIACION pola defensa do Parque Rosalía ten o Concello de Lugo, nunha situación realmente embarazosa.
Pídelle que declare o parque Ben de Interese Cultural (B.I.C) co cal paraliza a construción que se está a facer nas Costas do Parque.
E o Concello co Alcalde a cabeza asume a declaración sempre que sexa a Xunta de Galicia a que apande ca indemnización astronómica que haberá que darlle a promotora.
Veremos en qué queda a cousa