Xa meu abó, Manuel Ceide, contábame que a feira de Rábade era das mellores da comarca. Eran anos nos que se levaban alimentos para traer outros para a casa que so atopaban na cidade. No comezo do inverno o vestido era un bo motivo para levar un xato o as pitas, pero Nós agora practicamente temos a feira do vintedous co motivo de xuntarnos e comelo polbo.
O ritual é sobor das tres na Cantina de Estación, unha cervexiña cunhos callos para irlle dando entrada o Rioja de turno de que Nistal lle leva a Montera. As polbeiras por turno que se garda con escrúpulo servennos os platos, non hai cachelos pero sí pan de Ousá que merca de mañán Pallín na feira e aceite virxe extra que tamén se trae de fora.
Este 22 cadrou en domingo e case nos xuntamos cincuenta para comer, rematamos a seis no Beethoven e logo no chiringuito do Nistal ata altas horas da madrugada. Longa vida os amigos, e parranda segura cos Estoupacaldeiros.
Sem comentários:
Enviar um comentário