28 de abril de 2012

ON A BENDER

Este xoves, 19, a pesares dos impedimentos que saíron por tódolos sitios, presentouse na Galería Sargadelos de Lugo, a traducción o inglés da ESMORGA de Blanco Amor, que fixo o noso amigo Craig Patterson. Foi un luxo para mín compartir un día enteiro en Lugo co inglés. De sorpresa en sorpresa, no acto con un Suso impresionante, con Benxamín Casal que xa coñecía a Craig, e cos amigos que asistiron comprobamos a categoría humana do inglés, o seu amor a Terra, e o compromiso moral que ten con Galicia. Este sí que é bon e xeneroso. Para tí, Craig.

23 de abril de 2012

LEVANTE 2012

Sempre por estas datas facemos unha foto de todos nós, que nos lembra de anos atrás, de nenos hoxe homes, de canas e calvas pero sempre de risas e ollos sinceiros nos que brila a amizade e o futuro