13 de Janeiro de 2012
17 de Dezembro de 2011
MARiA DO CEO
5 de Dezembro de 2011
ACÓRDATE DA MURALLA
26 de Novembro de 2011
PRAZA PUBLiCA

Onte presentouse na Galería Sargadelos de Lugo, PRAZA PUBLICA, un medio dixital en galego que tenta de escomezar a súa andaina. Tiñan previsto asistir a presentación Filipe Diez, Manuel Martínez Barreiro e Marcos Pérez Pena, pero Manolo por impedimentos de última hora non veu. Encargámonos aquí en Lugo, Xosé Manuel González mais eu, con escaso éxito, hai que dicilo e diante de unha ducia e media de persoas, foise explicando o proxecto Praza Publica. Filipe falou do medio e Marcos do contido, remarcouse o seu carácter galego en galego, progresista e plural, profesional e aberto a achegas exteriores. O coloquio posterior foi un laio polos medios que foron e non son, polo deserto informativo actual na nosa lingoa e pola premura que hai que ter para tapar ese valeiro na rede.
Praza pública é http://www.prazapublica.com/
17 de Novembro de 2011
Jazz en Lugo
8 de Novembro de 2011
MiNi e MERO
O pasado fin de semán, Mini e Mero recibiron de máns do Presidente da Real Academia Galega, Xose Luís Méndez Ferrín o premio que xa e tradicional por estas datas se entregue no Concello de Láncara na aldea de Carracedo, aldea de Ramón Piñeiro e instituído como FACER PAIS.
Non me resisto a pegar o que leeu Mero diante de todos Nós:
“FACER PAÍS”, neste NOSO PAÍS, supón loitar indefinidamente. E é así por dúas razóns nas que unha, é doada de entender e moi perceptible: “Facer País” semella difícil porque se nota pouco, ...sobre todo vendo o moito que sempre queda por facer.
A outra razón pode ser: porque o que se fai leva moito tempo, con pasos lentos, pouco firmes, e nos que apenas se notan os avances feitos para repoñernos de séculos de, ...chamemos silencios. Por riba acontece, e é o caso, que en moi pouco tempo vén unha nacida desfacer todo canto estaba empezado. Todos sabemos o doado que é desfacer, moito máis que compoñer ou construír. E se esa destrución vén dalgún tipo de poder ou lugar de dominio que goza de medios e os emprega para desmantelar, fan máis dano alí onde habitan os elementos máis fráxiles, como a Nosa Lingua. Xa se sabe: sempre eses poderes políticos estarán sometidos a poderes financeiros que son sinónimo de corrupción e abusos. Hoxe está todo isto ben á vista. E aquí estamos entón, sabendo quen peta á porta.
Pero qué é, logo, hoxe e agora, FACER PAÍS? Ata onde hai que loitar, ...onde está a raia que indica: “podes parar”, “chegaches”, “descansa”. Sabemos que o mal non existe se non hai alguén que o promova. Neste País Noso, polas razóns que dixen e outras que todos sabemos, non hai descanso: mesmo antes da liña de chegada sempre hai outra xa de saída, a cada logro acadado aparecen novos desafíos. Estamos condenados a resistir para existir, e así faremos, ...non pode haber abandonos. Facemos falla todos e moitos máis, temos que erguer para abeirarnos, para protexernos, para repeler, para sufrir menos. Todo isto sucede mentres non sexamos quen de facer algo moi sinxelo: “querernos, querernos a nós mesmos”. E, desde ese amor, querer ser quen somos e, logo, desde ese ser quen somos, exercer o que somos con total normalidade”. Vivir, en nós e o noso! Mentres isto non suceda, cando nos preguntemos que é FACER PAÍS, teremos que dicir que é loitar continuamente. Unha loita de resistencia, unha loita sen violencia, PERO SEN RETROCESOS! Nós, seguiremos preferindo estar mortos antes que escravos. Non podemos deternos, é unha loita en todas as frontes posibles.
A nosa forza e as nosas conviccións non permiten xogar co tempo, porque non hai tempo que xogar e, moito menos, que perder. Temos que arredar do mal que outros patrocinan. É unha loita –A NOSA- egoísta e egocéntrica, si, ...mais en defensa propia e por sobrevivir. Polo tanto deixa de ser embiguismo para ser un acto sublime de reposición e xustiza, de supervivencia. A nosa loita é a de todas/os os que nos sabemos galegos en exercicio, unha loita defensiva para acadar o que nos corresponde: a nosa existencia en plenitude, sendo –nada máis, pero nada menos- quen somos! Sabéndonos posuidores do que é noso, nesta marabillosa herdanza feita vida, cultura, lingua, terra e paisaxe, xente e personalidade propia, plural e de diversidade, a mesma que enriquece o mundo enteiro aportando a inédita maneira de entendernos, ...cabalgando as manifestas singularidades que agochan ritos, mitos, crenzas, cantigas, contos e lendas, tradicións creativas, ...e despexan néboas e procuran sempre novos amenceres, chegando máis alá dos territorios do entendemento, chegando mesmo a navegar nos soños. Unha loita na que falamos, escribimos, deseñamos, creamos, fundamos e fundimos aconteceres e encontros, lideramos iniciativas, imaxinamos novos horizontes, provocamos futuro con felicidade propia e allea, reconfortándonos no noso tesouro, xerando máis vida e porvir.
É, neste espazo, no que cantamos e bailamos para espantar o mal que nos ameaza! Todos nós, sabemos, é unha loita difícil, supón recuperar memoria (semente de verdade, de liberdade e futuro) e con ela a vontade de ser quen somos e non outros. Nós non temos ningún complexo e menos de inferioridade, nin estamos ensimesmados. E nós non renegamos de nós nin traizoaremos á orixe. Ese problema será de outros e Terán eles que se mirar no espello. Por iso, esta loita é a única que fai e pode Facer País. Unha loita en pé de feitos, porque a nós xa non chega a indignación e o enfado, cómpre esixir evidencias no labor reconstrutivo de nós e do Noso, da Nosa Propiedade, fundamentada en elementos conciliadores de convivencia, integración e de cohesión social, fronte ao “dereito de pernada” que outros invocan, interpretando leis contra a razón e o
dereito.
Sabemos tamén que esa loita non acaba en ningunha realidade nosa de cada día, e que mesmo en calquera dimensión ignorada que habitemos, teremos que seguir resistindo para a recuperación da Matria. Alá estarán loitando, claro que si, e dándonos azos as moitas Rosalías de Castro, Curros e Pondais, Castelaos, Bóvedas, Laxeiros, Manueles María, Fices Vergara, Anisias Miranda, Susos Vaamonde e Chanos Piñeiro, ...tantos e tantas que amaron indefinidamente e, por amar, loitaron; sen lle poñer lindes nin ao amor nin á loita. Esa é a razón: a nosa loita é por amor! Temos a obriga de seguir insistindo e, xa que logo, rebelándonos contra aqueles que se arroguen o poder e o empreguen para negarnos e negar a nosa dignidade.
Arrepoñerémonos a aqueles que a ataquen practicando ese facer sibilino e colonialista de desprezo e de xenocidio cultural. Nós, na nosa pequena parcela, seguiremos cantando e anunciado a vitoria que a razón e o dereito dos Pobos nos outorga! Porque nos corresponde! Nós, por amor, cantamos o noso canto, ...que é o voso canto, que é o canto de todos. Por amor, ...só por amor!
E na memoria, cando evoque o pasado e faga xustiza no tempo, gardaremos constancia tamén destas pasaxes lamentables e dos que se fixeron protagonistas e colaboradores da triste historia de odiarse, mequetrefes de baixo custo que así se venderon. Estaba previsto, ...que saiban que o futuro é noso, mal que lles pese! E que non poderán nunca roubarnos a esperanza!
Por último, neste momento feliz de hoxe recibir este premio, honrados nesta tesitura que nos aloumiña, non calamos, coma sempre fixemos. Pensamos que é unha obriga, agradecida e necesaria. Pero, por riba desta declaración de preceptos, hoxe e agora, queremos manifestarvos o moi agradecidos que vos quedamos aos organizadores e colaboradores. Estas cousas fannos cargar as pilas e seguir erguendo, cada día, das nosas propias cinsas, ...de verdade! Grazas, David, Xurxo, Ferrín, ...amigas e amigos todos, por este bálsamo na ferida, do común e continuo camiñar, seguiremos fronte á maldade e á ignorancia. Grazas por acompañarnos, por virdes canda nós no empedrado do camiño marabilloso, que resulta ser a Nosa Casa”. Saúde e cante o merlo!. ............................. MERO

4 de Outubro de 2011
Subscrever:
Mensagens (Atom)