22 de fevereiro de 2018

FORGES

Da miña estadía universitaria en Compostela hai algunhas cousas que lembro con ledicia. Ir o kiosko e mercar o Hermano Lobo e empaparte daquela morea de disparates en pleno franquismo, ou mellor dito nos finales da ditadura. Lembro a Gila, Chumy Chúmez, Summers e como non a Forges. As personaxes que lles lembro son os Blasillos, Mariano e o náufrago. No dos xemelgos coido que era a voz da sociedade que espertaba, Mariano a do currantón que non entendía que estaba pasando e o náufrago que divagaba sobre o deber ser. Coincidín con él en Lugo, cando acompañaba a Manolo Curiel nun Festival de Cine de finais dos 90, que fora cando nos comentara que súa nai era galega e que levaba o apelido Saavedra, que denota orixes das terras do Suarna. Hoxe chega a nova que finou, e sinto ben.
Esta foi a súa derradeira viñeta publicada no Pais o día 22-2-2018

Sem comentários: