12 de outubro de 2008

SAN FROiLAN


Un que se sinta realmente de Lugo, ten que ser visitado na súa casa e ademáis corresponder facendo polbo.
Onte case no remate das festas, recibín unhos amigos e comimos polbo, empanada de liscos, brazo de gitano, tarta de améndoa de Allariz, bombós, e mencía a esgalla. Ata o ano que ven.

24 comentários:

Anónimo disse...

Todos cunha boa pinta de comellóns, bebedeiros e parladores (e boa xente, moi boa xente).

Apertas.

Ana Bande disse...

Eisss....! ¡que foto tan chula! eu non me atrevía a descubrir o verdadeiro rostro da célula máis polemista do blogomillo, xa podedes ir deixando/cortando barbas, mercando perrucas (e no no digo só polos do frente polisario) e pintando o bigote.

Ana Bande disse...

¡que mágoa Api! eu agardaba coñecelo ese dia...

Anónimo disse...

Daría traballo, Xaime, ser mellor anfitrión.

Anónimo disse...

Satamente, Saavedra. Difícil superalo. De todas maneiras, se hai que volver, vólvese.

R.R. disse...

E eu cagando na Pérfida Albión...

Anónimo disse...

Oiga, mon sieur Jacques, non me tiña vostede que mandar algo?

Anónimo disse...

rr, expresei as razóns da súa ausencia que todos sen palabras asentiron afirmativamente e engurrando os ombreiros, pensando "asi tocamos a máis".

Anónimo disse...

Delapierre: A rapaza da taberna céltica, si home, esa Circe-Penélope-Ariadna-Calipso do núcleo antigo lugués, a loiriña aquela; parece que anda en cata súa, que seica ninguén pagou os catorce 'chupitos', setenta e catro cañas, tres cubatas de veterano, dos peppermint con kas de limón e dúas canecas de pipas e cacahuetes.
Ben, talvez fose conveniente que Vde., querido amigo, pasase por alí. Non quería ter unha sorpresa a próxima vez que fose a Lugo...

jeje

Anónimo disse...

E é que a catrocentos mojitos logo se chega.

Anónimo disse...

Bótase en falta máis presencia "fiminina". Seica non hai blogueiras ou están termando dos nenos.
Bicos agarimosos e afiados como coitelos.

Anónimo disse...

Perdoe Lula, pero Médela era o único home o resto somos mulleres e travestis.

Anónimo disse...

Pois tedes que cambiar de estilista :)

Anónimo disse...

Señorita Lula: O señor de Mora y Aragón equivócase. Detectei dous replicantes, xa sabe, os bonecos aqueles de 'Blade Runner'. Iso si, comíanlle e bebíanlle, señorita, que parecían de Lugo...

Ouviu, grazas por esta frase:
'Bicos agarimosos e afiados como coitelos'.

Anónimo disse...

Xa, xa sei, a pinicula esa do Harrison Bombón Ford... entón esa foto é un fraude, xa se sabe que os replicantes non teñen pasado. Claro que si teñen esa mutación de seren de Lugo, xa non digo nada.
Voulle quitar o coitelo do bico, señor Medela.

Anónimo disse...

Señorita Lula: Non quite o coitelo, porfa... Adoro os beixos cautelares, doces e veleñosos.
Un saúdo!

Anónimo disse...

Entón é vostede un deses... interesante... moi interesante.
Voltemos pois ás espadas como labios. ;)

Anónimo disse...

eh, eh, alto aí, que esto non é unha casa de citas

Anónimo disse...

O San Froilán é puro presente; para repliqueses, lucomutantes e estranxeiros aínda que sexan de Vigo. Deben saír nas fotos ata os vampiros.

Anónimo disse...

Cómo é que este post non ten música?.
Aí vai a de "labios como espadas":PREMER.

Anónimo disse...

Era eu.

Anónimo disse...

Aggggg, Luis Eduardo vade retro. Cando falaba de labios referíame a esto.

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Non quero facer sangue, pero en fin: JE, JE. Para o Rubén tamén vai.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.