UN PASO ADIANTE I OUTRO ATRAS, GALIZA
I A TEA DOS TEUS SONOS NON SE MOVE
A ESPRANZA NOS TEUS OLLOS SE ESPERGUIZA.
ARAN OS BOIS E CHOVE
(Xosé María Díaz Castro, PENELOPE, 1955)
12 de outubro de 2008
SAN FROiLAN
Un que se sinta realmente de Lugo, ten que ser visitado na súa casa e ademáis corresponder facendo polbo. Onte case no remate das festas, recibín unhos amigos e comimos polbo, empanada de liscos, brazo de gitano, tarta de améndoa de Allariz, bombós, e mencía a esgalla. Ata o ano que ven.
24 comentários:
Anónimo
disse...
Todos cunha boa pinta de comellóns, bebedeiros e parladores (e boa xente, moi boa xente).
Eisss....! ¡que foto tan chula! eu non me atrevía a descubrir o verdadeiro rostro da célula máis polemista do blogomillo, xa podedes ir deixando/cortando barbas, mercando perrucas (e no no digo só polos do frente polisario) e pintando o bigote.
Delapierre: A rapaza da taberna céltica, si home, esa Circe-Penélope-Ariadna-Calipso do núcleo antigo lugués, a loiriña aquela; parece que anda en cata súa, que seica ninguén pagou os catorce 'chupitos', setenta e catro cañas, tres cubatas de veterano, dos peppermint con kas de limón e dúas canecas de pipas e cacahuetes. Ben, talvez fose conveniente que Vde., querido amigo, pasase por alí. Non quería ter unha sorpresa a próxima vez que fose a Lugo...
Señorita Lula: O señor de Mora y Aragón equivócase. Detectei dous replicantes, xa sabe, os bonecos aqueles de 'Blade Runner'. Iso si, comíanlle e bebíanlle, señorita, que parecían de Lugo...
Ouviu, grazas por esta frase: 'Bicos agarimosos e afiados como coitelos'.
Xa, xa sei, a pinicula esa do Harrison Bombón Ford... entón esa foto é un fraude, xa se sabe que os replicantes non teñen pasado. Claro que si teñen esa mutación de seren de Lugo, xa non digo nada. Voulle quitar o coitelo do bico, señor Medela.
24 comentários:
Todos cunha boa pinta de comellóns, bebedeiros e parladores (e boa xente, moi boa xente).
Apertas.
Eisss....! ¡que foto tan chula! eu non me atrevía a descubrir o verdadeiro rostro da célula máis polemista do blogomillo, xa podedes ir deixando/cortando barbas, mercando perrucas (e no no digo só polos do frente polisario) e pintando o bigote.
¡que mágoa Api! eu agardaba coñecelo ese dia...
Daría traballo, Xaime, ser mellor anfitrión.
Satamente, Saavedra. Difícil superalo. De todas maneiras, se hai que volver, vólvese.
E eu cagando na Pérfida Albión...
Oiga, mon sieur Jacques, non me tiña vostede que mandar algo?
rr, expresei as razóns da súa ausencia que todos sen palabras asentiron afirmativamente e engurrando os ombreiros, pensando "asi tocamos a máis".
Delapierre: A rapaza da taberna céltica, si home, esa Circe-Penélope-Ariadna-Calipso do núcleo antigo lugués, a loiriña aquela; parece que anda en cata súa, que seica ninguén pagou os catorce 'chupitos', setenta e catro cañas, tres cubatas de veterano, dos peppermint con kas de limón e dúas canecas de pipas e cacahuetes.
Ben, talvez fose conveniente que Vde., querido amigo, pasase por alí. Non quería ter unha sorpresa a próxima vez que fose a Lugo...
jeje
E é que a catrocentos mojitos logo se chega.
Bótase en falta máis presencia "fiminina". Seica non hai blogueiras ou están termando dos nenos.
Bicos agarimosos e afiados como coitelos.
Perdoe Lula, pero Médela era o único home o resto somos mulleres e travestis.
Pois tedes que cambiar de estilista :)
Señorita Lula: O señor de Mora y Aragón equivócase. Detectei dous replicantes, xa sabe, os bonecos aqueles de 'Blade Runner'. Iso si, comíanlle e bebíanlle, señorita, que parecían de Lugo...
Ouviu, grazas por esta frase:
'Bicos agarimosos e afiados como coitelos'.
Xa, xa sei, a pinicula esa do Harrison Bombón Ford... entón esa foto é un fraude, xa se sabe que os replicantes non teñen pasado. Claro que si teñen esa mutación de seren de Lugo, xa non digo nada.
Voulle quitar o coitelo do bico, señor Medela.
Señorita Lula: Non quite o coitelo, porfa... Adoro os beixos cautelares, doces e veleñosos.
Un saúdo!
Entón é vostede un deses... interesante... moi interesante.
Voltemos pois ás espadas como labios. ;)
eh, eh, alto aí, que esto non é unha casa de citas
O San Froilán é puro presente; para repliqueses, lucomutantes e estranxeiros aínda que sexan de Vigo. Deben saír nas fotos ata os vampiros.
Cómo é que este post non ten música?.
Aí vai a de "labios como espadas":PREMER.
Era eu.
Aggggg, Luis Eduardo vade retro. Cando falaba de labios referíame a esto.
Non quero facer sangue, pero en fin: JE, JE. Para o Rubén tamén vai.
Enviar um comentário