27 de fevereiro de 2008

AS MORTES DAS MULLERES



Que é o que pasa. Que é o que nos pasa. A nosa sociedade está enferma, xa que doutra maneira non se explica que todos, tódolos días teñamos que espertarnos con unha, con dúas, con tres e ata con catro mortes de mulleres a mans das súas parellas.
Que opera nas mentes destes homes para que procedan e decidan cortar unha vida de raíz, facer o maior dano posible, quita-la vida a unha semellante, ca que ata unhas xornadas os xunguía a emotividade do amor ou a amizade.
De ningunha maneira aceito que se só se sexa pola falla de educación, de valores, xa que ata fai pouco había incluso menos e reinaba o respeto polo outro/a.
A sociedade, esta sociedade na que se vive tan rápido produce bestas que non reflexionan e que só buscan a liquidación da vida, a morte, algo que non ten reviravolta.

13 comentários:

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
atónito disse...

"De ningunha maneira aceito que se só se sexa pola falla de educación, de valores, xa que fai pouco había incluso menos e reinaba o repesto polo outro/a"

Esta frase súa, me ben querido Xaime, merece, se vostede quere, claro, unha detida reflexión. O que vostede acepte ou non acepte "de ningunha maneira", pode ser absolutamente aceptable logo duns momentos de reflexión.

Sabe que lle quero ben e que lle estou moi agradecido. ¿Que lle parece se abrimos un espazo de debate sobre este desgraciadísimo asunto?

As cavernas non quedan tan lonxe. Penso, con moitísimo cariño, querido amigo, que "dalgunha maneira" vai ter que aceptar o que se nega rotundamente a aceptar.

Préstome ó debate.

Saúdos.

Ulises Lima disse...

Despois de recibir a súa mensaxe, non podía por menos que achegarme ata a beira das aduanas, e comprobar con qué caste de material se traficaba por estas terras(mais coidadas que o meu primitivo xardín urxente), e unha vez feito o rexistro, e aínda degustando as aduanadas, un saúdo e noraboa. Noblesse obligue...ou algo así.

Xaime disse...

A verdade é que os comentarios saénme e teño que colgalos porque despois dun tempo no maxín, pérdenme importancia e actualidade e desta maneira valeiro todo, neste caso, o meu malestar e o meu parecer.
O das mulleres paseino e pódese ser equívoco o que quixen expór.
A ver si agora: Tratei de manifestar que a violencia contra das mulleres non debe ser tratada como unha mostra de incultura, de falla de preparación, de perda de valores, de xustificación do dereito de pertenencia como un foro sagrado, todos elementos calificativos negativos.
Se esto fora así, a verdade e que estamos perdidos, xa que os novos reproducen este estado de cousas e nas aulas, na TV e o que o píor nas casas, non ollan cousas distintas.
É polo que dixen, admitindo estar errado, que me nego a aceitar a situación de facto que se crea cando tódolos días morren mulleres a maos das súa parella.

Xaime disse...

Benvido Ulises, esta é a súa casa e non dúbide que no blogomillo é de agradecer que o visiten.

Ana Bande disse...

Para chorar abondo este tema, querido Xaime. A sociedade leva enferma seguramente dende que o home (pero si nen sequera existe unha verba para falar do ser humano sen facer referencia ao xénero) descubriu o pracer e beneficio que tiraba da exploración e abuso do seu compañeir@. Tódolos días se cometen non só asesinatos de mulleres senón todo tipo de violencia contra elas, no fogar, no traballo, na escola...¿por que? Eu non teño dúbidas. Seguen a funcionar os mecanismos de desprezo e invisibilidade da muller, seguen a perpetuarse os tópicos sobre a inferioridade e debilidade do noso sexo nas escolas, na publicidade, nos libros, nos traballos, no discurso en xeral, no mundo. E cando desprezas algo non che custa moito pensar en eliminalo. Non estamos no primeiro mundo, nin de coña, teño noticias de que nos sempre admirados países nórdicos as palizas ás mulleres (o de violencia de xénero déixoo para os que gañan cartos publicando milleiros de libros agora subvencionados) son o pan de cada día, o que pasa que pechan ben as fiestras e non llo din a ninguén. Se poidesemos ver o que pasa nos fogares seguramente tiñamos que falar de unhas cifras espeluznantes nisto da violencia contra a muller. A pouco que lle tires da lingua a unha boa amiga contarache como algún tío seu abusaba dela cando era moza. No famoso botellón aquí en Vigo, no 2006 no Hospital Xeral foron atendidas 6 rapazas por violación, (pensa en todas as que non foron ao hospital)e o máis espeluznante é que non hai ningún psicópata solto, os violadores son xente da súa pandilla de "amigos" aos que ninguén denuncia por vergonza e por medo...a miña filla cóntame que saír de noite é, efectivamente, perigoso porque as rapazas no canto de divertirse teñen que "vixiar" todo o tempo...¿por qué? porque os nosos mozos, tan modernos e contemporáneos eles, seguen a funcionar con parámetros animais que ven ao ser redor....en fin, perdoade polo prolixo do discurso pero estou moi, moi triste...

Xaime disse...

Querida Aniña. Polo que observo eres nai nova, e eu son pai non tan novo e entendo o que dís. Certamente o tema é moi triste.

atónito disse...

eu prometín un comentario sobre este desgraciado tema, e non penso deixar de facelo.

Pero agora non podo. Moi ben, Ana Bande. Moi ben.

É que, como máis tarde traterei de demostrar, o tema non vai de INCULTURA, senón de CULTURA.

Saúdos.

Ana Bande disse...

E a impotencia que se sente é tan desacougante...síntome como un neno que quere baleirar o océano co seu cubiño...e os políticos a traficar coas mortas...., claro, eles non lles zoscas ás súas donas, sería tan políticamente incorrecto, pero...as nosas candidatas (bueno, miñas non of course, eu xa non creo en ninguén...) co medo metido no corpo cando van a falar a alguna universidade, porque seica que as universidades, mira ti, o que debería ser o cumio do noso superdesenvovido sistema democrático, é hoxendía a cobacha deses sinistros "estudantes" que gostan de atacar ás nosas políticas....

Anónimo disse...

do blog de JUAN CRUZ:28 febrero, 2008 - 07:06 - Juan Cruz

La violencia
La violencia de los hombres contra las mujeres, y a veces viceversa, pero muy pocas veces, es la consecuencia desgraciada y actual de siglos de dominación masculina en España y en el mundo. La solución no es ni política ni policial ni judicial, aunque la política, la policía y la justicia tienen mucho que hacer; la cuestión es educativa, en la educación está la madre de todas las batallas sociales y políticas que debe emprender un Estado moderno para acabar con sus atavismos, con los lugares comunes que han permitido que una violencia larvada se manifieste ahora con la crudeza que reflejan las peores noticias. Ayer hablaba con Pablo Ordaz, que tan buenas crónicas está haciendo de la campaña electoral, de lo que ha sucedido y de cómo esto ha trascendido como un puñetazo en el discurso político, tantas veces vacuo, faltón, de estos días: ha entrado en los mítines la realidad, y la realidad no está para bromas, lo que sucede es muy serio, y no sucede ahora y desde ahora, es un mal de siglos que forma parte de esas costumbres que no son, ni mucho menos, todas buenas.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
atónito disse...

Aínda a risco de pospoñer o comentario prometido, hai algo que me gustaría dicir.

Hoxe temos debate. Hoxe outra vez enfrontaranse os dous salvadores da Patria. Ben, haberá que sufrilo, aínda que non sexa máis que por curiosidade.

No anterior, unha boa parte das argumentacións tanto do un como do outro, xiraron encol dos mortos. Mortos polos terroristas, mortos(as) pola violencia machista, mortos en accidentes de tráfico, mortos en accidentes laborais... e todo apoiado sempre en estatísticas. Sacaba un un papel e proclamaba: cando vostedes gobernaban, os accidentes de tráfico sumaron catro mil non sei cantos mortos. Agora, gobernando nós, os mortos foron tres mil non sei cantos. ¡Santo Deus! ¿Esa é unha argumentación? Pouco despois, o supostamente abrumado pola magnitude das cifras, tiraba de papel e dicía: Fala vostede de mortes. Pois verá vostede, cando eu era ministro do interior, as vítimas da violencia de xénero foron corenta e non sei cantas, con vostedes, o ano pasado, tantas, e no que vai de ano, tanta. ¡Por favor!

O uso partidista, oportunista e efectista das vítimas, de todas a vítimas de toda caste de causas mortais, a min paréceme sinxelamente inmoral.

En canto a iso de que os políticos non lles zoscan ás súas mulleres... Corramos un tupido veo. De feito, se non recordo mal, a pasado venres ou sábado, aparecía a noticia nos xornais de que un elexido -non lembro se concelleiro ou parlamentario- fora expulsado do seu partido por estar incurso en agresións machistas. Creo que era do PP, pero tanto me ten.

O hipocresía e a dupla moral é o que impera. Se permitides que faga unha alusión ó terrorismo -non para comparalo, como fixo alguén noutros foros coa violencia machista. Maltratador = a etarra (?)-, ¿non pensades que todo o discurso posible, tanto cando se produce un atentado con vítimas ou sen elas, coma cando simplemente se fala de tan tristísimo e noxento asunto- está absolutamente esgotado? ¿Que queda por dicir? Cada vez que escoitamos as declaracións dos políticos despois dun atentado, ¿que nos din que non veñan dicindo desde hai corenta anos? Escoitalos confirma a constatación da impotencia da que tan xustamente fala Ana. E co tema da morte e malos tratos ás mulleres acontece tres cuartos do mesmo. O discurso está esgotado. Todos sabemos o que ocorre e por que ocorre. Todos sabemos que exercer a violencia contra unha muller por ser muller é algo deleznable, inaceptable, ina... ¡Xa o sabemos! ¿Que aqueles/as que teñen responsabilidades de goberno ou de oposición, que ocupan cargos xudiciais ou de orde pública vense na obriga de facer declaracións? Vale. Pero nunca din nada que non fose dito miles de veces. É un discurso absolutamente bacío. Absolutamente.

¡Por favor! Veremos que acontece esta noite entre os dous esgrevios salvadores da Patria -por certo, xa sabedes que esgrevio é un adxetivo galego con dous significados absolutamente antitéticos: por una banda significa "ilustre", por outra "rudo, desagradable", curioso, ¿non?

Esa sangría insoportable de mulleres mortas porque un home non superou un atavismo zoolóxico, precisa "actuacións ben pensadas", pero actuacións. Palabras -para a galería- poucas, porque son inútiles a mais de reiterativas. E, desde logo, non merece a utilización argumentativa de ningún político en campaña para arañar votos.

Ben, é moito máis do que pensaba dicir. Non pretendo nin sequera ter razón. Talvez entre todos poidamos chegar a algo. Falaremos. E perdón polo sermón. Saúdos garimosos para todos.

Anónimo disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,