11 de fevereiro de 2008

ANTROIDO EN LUGO



Nesta pequena cidade, non hai peliqueiros, nin pantasmas nin osos, pero si que hai pequenas peñas que dende tempo atrás, van levando o Antroido a rúa.
Pero fai anos, cando sempre polo carnaval facía frío e chovía todo o día, as festas levábanse cara para dentro, por iso e singular a celebración que se mantén no Circulo das Artes.
Dende sempre tiveron en conta os máis novos xa que o luns de carnaval organízanlles un baile infantil que todos, e que diga que non minte pasamos por alí, ben de miróns ou de bailóns para fardar diante das pequenas, nós, e elas para presentarse nunha gala que era difícil repetir no ano.
Como dicía no Circulo celebrase un bon carnaval, no que incluso hai unha cantiga que xa é parte integrante da lenda do antroido lugués. “Xa son famosas, en todas partes, as festas do Carnaval, deste Circulo das Artes”. Vaia logo unha pequena homenaxe a entidade polas lembranzas xuvenís e pola aportación a esta festa tan singular de Lugo.

2 comentários:

Anónimo disse...

Sempre me chamóu a atención ese edificio, pero nunca entréi nel: imaxino que hai que facerse socio. Debe gardar entre as súas paredes boa parte da historia luguesa,non sí?

Xaime disse...

Da Coba: Cando veña por Lugo, deixolle un pase na portería e visite a sociedade de arriba abaixo.
Ten unha apreciable pinacoteca que está pendudarada das paredes de todo os espazos, unha boa biblioteca e hemeroteca -e onde leo os xornais franceses e ingleses- e certamente contribuiu como editora a publicación dalgunhas obras principais en Lugo, como o Cartafolio de Fole.
Polo demáis maxino que como todas, moito quieroynopuedo e a impagable partida de cabrón na invernía e unhas risas cos amigos.
No salón de columnas e moi acaido facer banquetes e entrega de premios literarios que se entregan en Lugo.