25 de junho de 2010

ARDE LVCVS



Hoxe escomeza o Arde Lvcvs, benvidos.

O PAZO DAS MUSAS


Compartín dende o principio con Antonio Reigosa e os seus compañeiros do Museo, a idea de facer unha revista oral. Así, xa dende o primeiro acto, o número 0 de principios do 2005, tódolos xoves final de mes e de estación, temos unha convocatoria cultural no refectorio do Convento de San Francisco da Praza da Soedade de Lugo.
Trátase dunha mistura na que os convidados cantan, relatan, recitan, expoñen, ou contan en exposicións curtas sen espacios baleiros como se fose unha revista gráfica en papel pequenos retallos da súa obra, ou especialidade.
Lembro especialmente a intervención de Dario Xohan Cabana, na que tamén intervín eu e a de Xosé Manuel Gonzalez -Saavedra, pros amigos-, unha delirante exposición de Paco Pestana e os impresionantes Mini e Mero na última.
Este diploma que aparece na imaxe é un recoñecemento a fidelidade e a asistencia. Foi un pracer.

3 de junho de 2010

GAZA


Remíteme Dario Xohán Cabana un texto da Organización Avaaz, que sería conveniente botarlle unha ollada a quén lle poida interesar.

27 de maio de 2010

A DiSTOPiA DE GRiAL PARGA

Na sá do Colexio de Arquitectos de Lugo, Grial Parga achegounos a súa teoría da distopía, a utopía dos pesimistas, o futuro horribilis que no Século XX se presumía cheo de benestar e de sobranceiras riquezas que o presente se ocupou de ir desmontando. Charla amena para tan interesante postura vital

25 de maio de 2010

AS UVAS NA SOLAiNA


Hoxe Marcos Valcárcel deu por concluído a súa andaina co blog AS UVAS NA SOLAINA. Ainda non temos perspectiva do que supuxo para moitos de nós esa bitácora pero eu podo asegurar que na cultura galega hai un antes e un despois das UVAS.

15 de maio de 2010

SUSO DE SARGADELOS



Hoxe estivemos con Quico de Sargadelos.

19 de abril de 2010

LEVANTE


Hai unha cita que é dificil saltarse. Non é o mar, nin a calor, son os amigos, estos amigos.






P.D. Hai que algo que non muda da foto do ano pasado: Que Arantxa segue a estar negra