14 de abril de 2010

CASTELAO NO MUSEO


Hoxe inaugurouse no Museo unha exposición necesaria de Castelao en Lugo, que baixo o título "A derradeira lección do mestre", amosa unha antoloxía do artista de Rianxo.

22 de março de 2010

BENViDA A PRiMAVERA


Despois de tanta neve, de tanto frío, de tanta auga de Deus, semella que saiu o sol para non marchar. O calendario ser sen unha cencia exacta indica que entrou a primavera, e a natureza que deso entende moito máis do que nós pensamos tamén sabe que chegou. Mirade o magnolio do xardín.

11 de março de 2010

RESOLUCiON DO PARLAMENTO EUROPEO SOBRE CUBA


O Parlamento Europeo,

- Vistas as súas anteriores resolucións sobre a situación en Cuba, en particular as Resolucións de 17 de novembro de 2004, 2 de febreiro de 2006 e 21 de xuño de 2007,
- Vistas as súas anteriores resolucións sobre os informes anuais da situación dos dereitos humanos no mundo en 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008, e a política da Unión en material de dereitos humanos,
- Vista a Resolución, do 14 de decembro de 2006, sobre un mecanismo de seguimento do Premio Sájarov 1,
- Vista a Declaración da Presidencia do Consello, do 14 de decembro de 2005, sobre as Damas de Branco, así como as anteriores Declaracións, de 26 de marzo de 2003 e 5 de xuño de 2003, sobre a situación en Cuba,
- Vista a Posición Común do Consello 96/697/PESC, adoptada o 2 de decembro de 1996 e actualizada periodicamente,
- Vistas as Conclusións do CAGRE, do 18 de xuño de 2007, de xuño de 2008 e do 15 de xuño de 2009, sobre Cuba, Vistas as declaracións do voceiro de Catherine Ashton, Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidente da Comisión, e do Presidente do Parlamento sobre o falecemento en Cuba do preso político e preso de conciencia Orlando Zapata,
- Visto o artigo 110, apartado 4, do seu Regulamento.

A. Considerando que a protección da universalidade e indivisibilidade dos dereitos humanos, incluídos os dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais, segue sendo un dos principais obxectivos da Unión Europea.

B. Considerando que ducias de xornalistas independentes, disidentes pacíficos e defensores dos dereitos humanos, membros na súa maioría da oposición democrática, seguen en prisión en Cuba por exercer os dereitos fundamentais de libre expresión e de reunión,

C. Considerando que o Parlamento concedeu en 2005 o Premio Sájarov á liberdade de conciencia ás Damas de Branco; que a negativa das autoridades cubanas a permitir as Damas de Branco que acudisen á sede do Parlamento Europeo para recibir o seu galardón, viola un dereito humano fundamental, é dicir, o dereito a saír e entrar do propio país, recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos,

D. Considerando as xestións realizadas polas institucións comunitarias en favor da liberación e un trato humanitario cara aos presos políticos e de conciencia en Cuba,

E. Considerando que a morte de Orlando Zapata Tamayo, -a primeira vez en case corenta anos en que un activista cubano morreu a consecuencia dunha folga de fame en protesta contra abusos do Goberno- se interpretou como un serio retroceso dos dereitos humanos en Cuba e deu lugar a unha onda de protestas a nivel internacional, así como ao inicio de folgas de fame por outros presos políticos e disidentes cubanos,

1. Condena enerxicamente a morte evitable e cruel do disidente preso político Orlando Zapata Tamayo, acontecida tras unha folga de fame de 85 días, e expresa a súa solidariedade e as súas condolencias á súa familia;

2. Condena a detención preventiva de activistas e o intento do Goberno de impedir á familia de Orlando Zapata Tamayo celebrar os seus funerais e renderlle unha última homenaxe;

3. Deplora a ausencia de todo xesto significativo das autoridades cubanas en resposta aos chamamentos da UE e do resto da comunidade internacional en favor da liberación de todos os presos políticos e do pleno respecto das liberdades e dereitos fundamentais, en particular da liberdade de expresión e asociación política;

4. Pide ao Goberno cubano a liberación inmediata e incondicional de todos os presos politicos e de conciencia;

5. Expresa a súa preocupación pola situación dos presos políticos e disidentes que se declararon en folga de fame tras a morte de Zapata; celebra que a maioría deles a abandonasen xa pero chama a atención sobre o alarmante estado en que se encontra o xornalista e psicólogo Guillermo Fariñas, cuxa persistencia na folga de fame puidese conducir a un fatal desenlace;

6. Lamenta que non se atendesen as reiteradas demandas do Consello e do Parlamento Europeo respecto á inmediata posta en liberdade de todos os presos políticos e de conciencia, e insiste en que o encarceramento da disidencia en Cuba polos seus ideais e a súa actividade política pacífica é contrario á Declaración Universal de Dereitos Humanos;

7. Insta ao Consello e á Comisión a que se intensifiquen as medidas pertinentes para esixir a liberdade dos presos políticos e promover e garantir o traballo dos defensores dos dereitos humanos na liña do acordado polas conclusións do CRE do 8 de decembro de 2009;

8. Insta as institucións europeas a que dean apoio incondicional e alenten sen reservas o inicio dun proceso pacífico de transición política cara a unha democracia pluripartidista en Cuba.

9. Expresa a súa profunda solidariedade con todo o pobo cubano, e apóiao no seu avance cara á democracia e o respecto e fomento das liberdades fundamentais,

10. Insta á Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e á Comisaria responsable de Cooperación a que entaboen de inmediato un diálogo estructurado coa sociedade civil cubana e con aqueles sectores que apoien unha transición pacífica na illa, de acordo coas conclusións aprobadas sucesivamente polo Consello da UE, utilizando os mecanismos comunitarios de cooperación ao desenvolvemento, en particular a través da Iniciativa europea para a democracia e a protección dos dereitos humanos;

11. Encarga ao seu Presidente que transmita a presente Resolución ao Consello, á Comisión, á Presidencia rotatoria da UE, á Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, á Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana e ao Goberno e á Asemblea do Poder Popular da República de Cuba

8 de março de 2010

CON ANTONiO E ANJARA NA TERRA DOS CHURRUCHAOS


A imaxe é un pastel precioso que troixo Paula e que tódolos presentes asinamos como lembranza.

14 de fevereiro de 2010

CUMPREANOS EN COMPOSTELA

Fernando cumpriu 50 anos

7 de fevereiro de 2010

29 de dezembro de 2009

AVATAR




A cita de Nadal para unha sesión de cine sempre foi un antoxo familiar. Neste caso unha peli en 3D, que xa vira anunciada no metro de Paris fai meses. Admito que so escoitara falar de Avatar nun comentario radiofónico, medio durmido, e do filme iñorábao completamente todo, polo que senteime na cadeira diante da pantalla como se fose un cativo, ávido de emocións e cos ollos moi, moi abertos.
Non lembraba a sensación do 3D e o son estereofónico, e xa na primeira imaxe, onde uns técnicos ingrávidos abren e pechan os compartimentos dunha morgue chea de luz enchen de emoción o meu maxín e de sorpresa a miña face. Estaba embobado.
A acción discorre co fío dunha substitución dun reputado analista falecido por seu irmán, marine USA parapléxico, que para non ser apartado e esquecido polo sistema, bríndase a seguir na súa misión que consiste en trabar amizade cos pobladores do planeta Pandora e acadar un acordo para que deixen explotar o subsolo, rico en minerais de grande valor económico.
A misión "humanitaria", crea un ser de corpo artificial de aspecto similar os indíxenas, co cerebro dun humano que debe estar necesariamente en repouso e conectado a unha computadora que interrelaciona os dous seres, o humano e o seu Avatar, que vive a continuación a súa propia experiencia.
Entrecrúzase na misión científica,, unha encomenda militar de investigación e espionaxe, unha historia de amor e unha transformación personal, que se intue polo entreamento que ten que facer o intruso para poderse considerar un máis da tribo.
Todo sofre un cambio cando o marine, opta e razoa como un indíxena e se opón as ordes dos superiores militares e dos interesados na explotación mineira que deciden atacar e desfacer o poblado da tribo Na ´vi que dun modo completamente previsible e ca axuda de non se sabe moi ben que -A nai natureza ?- logran derrotar o exercito invasor.
Espectaculares efectos especiais, espazos abertos con horizontes inmensos e o mesmo tempo vistas sobre naturalezas vexetais moi ben conseguidas. Sen dúbida, haberá secuela.