Mostrar mensagens com a etiqueta CINE. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta CINE. Mostrar todas as mensagens

29 de dezembro de 2009

AVATAR




A cita de Nadal para unha sesión de cine sempre foi un antoxo familiar. Neste caso unha peli en 3D, que xa vira anunciada no metro de Paris fai meses. Admito que so escoitara falar de Avatar nun comentario radiofónico, medio durmido, e do filme iñorábao completamente todo, polo que senteime na cadeira diante da pantalla como se fose un cativo, ávido de emocións e cos ollos moi, moi abertos.
Non lembraba a sensación do 3D e o son estereofónico, e xa na primeira imaxe, onde uns técnicos ingrávidos abren e pechan os compartimentos dunha morgue chea de luz enchen de emoción o meu maxín e de sorpresa a miña face. Estaba embobado.
A acción discorre co fío dunha substitución dun reputado analista falecido por seu irmán, marine USA parapléxico, que para non ser apartado e esquecido polo sistema, bríndase a seguir na súa misión que consiste en trabar amizade cos pobladores do planeta Pandora e acadar un acordo para que deixen explotar o subsolo, rico en minerais de grande valor económico.
A misión "humanitaria", crea un ser de corpo artificial de aspecto similar os indíxenas, co cerebro dun humano que debe estar necesariamente en repouso e conectado a unha computadora que interrelaciona os dous seres, o humano e o seu Avatar, que vive a continuación a súa propia experiencia.
Entrecrúzase na misión científica,, unha encomenda militar de investigación e espionaxe, unha historia de amor e unha transformación personal, que se intue polo entreamento que ten que facer o intruso para poderse considerar un máis da tribo.
Todo sofre un cambio cando o marine, opta e razoa como un indíxena e se opón as ordes dos superiores militares e dos interesados na explotación mineira que deciden atacar e desfacer o poblado da tribo Na ´vi que dun modo completamente previsible e ca axuda de non se sabe moi ben que -A nai natureza ?- logran derrotar o exercito invasor.
Espectaculares efectos especiais, espazos abertos con horizontes inmensos e o mesmo tempo vistas sobre naturalezas vexetais moi ben conseguidas. Sen dúbida, haberá secuela.

9 de dezembro de 2008

GOMORRA




Fun picado pola curiosidade dun neno que vai a descubrir algo, sen saber qué.
Sesión vespertina, sen demasiada xente na sá, e, xaora, luns da Inmaculada Concepción.
Sabedor de que ía olla-lo filme preferín non ler ningunha crítica a non ser as soltas polos xornais de que estaba a ser premiada de cotío por toda Europa.
A sucesión de imaxes de Gomorra, non te deixa neutral, ou aceitas a proposta ou te revolves continuamente contra do que estás a ver, xa que son as historias por secuencias temporais de seres que prendidos por fíos, discorren ata a súa morte física.
A cámara acompaña o protagonista no seu deambular, con guión preestablecido por alguén estraño, que está por riba e que crea un equilibrio de poder irrespirable.
Describe a película a vida, que se presume real dun reducto napolitano, dun pequeno enredo de pequenas vidas paralelas que só buscan vivir, xa que pouco máis se pode pedir nun clima de opresión e control onde o que trata de sobresaír terá que librar unha batalla que as máis das veces acabará coa súa propia vida.
O destino está marcado nas personaxes, todo está controlado dende diferentes fíos de poder que controlan a sociedade, que non deixan opinar, decidir con liberdade, ou comigo ou contra min, e si estás contra min, sabes que te teño que matar e tes que asumilo, e unha orde. Se aceptas a morte, serás un máis, e se estás con eles, poñerás un contador de horas, de sucesos, de deberes, de compromisos que debes asumir como un elemento máis dun proceso, !que proceso¡, dun destino fatal que non dominas, que non ignoras pero que non deseñas ti nin por asomo.
O rapaz que observa os maiores como contan euros, como cortan a droga, como falan lixeiramente de enfrontarse o rival e matar, que quere formar parte do grupo, ser un máis, que se somete a proba de ser disparado e acaricia o mouratón do seu peito que deixa o proxectil contra o chaleque antibalas, a decisión que toma de entregar a unha veciña que tenta encubrir pero que inútil, votáronse os dados a rular, e saíu dobre seis, mala sorte, todas as caras son de seis.
O xoven recadador agora vello pagador da pequena barriada que vai cumprindo ca súa misión de controlar economicamente as familias para que dependan da paga do clan, que cheira a morte sen valor, e que calcula en euros o prezo da morte e trama a traizón a cambio da propia vida.
A parella de mozos que tentan ir o seu aire, que fan da ignorancia virtude e da valentía sen razón, que se enfrontan o destino chamado mao negra, clan, mafia, camorra, que delinquen por probar, por subir no escalafón, na sagrada orde do paria, e que son condeados a morte nunha partida de cartas por alterar a paisaxe.
O modisto que asume a súa mediocridade, que se sinte desprezado e explotado por un empresario que acude as subhastas a baixa, que é tentado polos clans chineses, véndese por un puñado de euros, é metrallado, asume a súa traizón e abandona.
O político profesional que se axuda da necesidade dos máis para mover a máquina de facer cartos e repartilos, de presentar proxectos e cumprilos, eivando normativas máis éticas que cívicas, que espolvorea asta e mangonea fame e traballo.
A contradición do humilde adxunto de político que sinte a náusea pola súa sociedade envilecida e empobrecida, metida nun cenagal sin saída.
Porca miseria, diría o outro.

3 de janeiro de 2008

AMERICAN GANSTER



Xornada festiva e sesión de cine. A elección prantexábase entre O ESPIA, e AMERICAN GANSTER.
Polo temor a non ter entradas no cine da área comercial, acudimos media hora antes e optamos pola película da historia de policías e ladróns, como moitas outras tantas veces, pola pinta.
Escomeza por dicir que está baseada nunha historia real, e o guión e o desenrolo da trama obedece claro é, a un Nova Iorque dos anos 60, en pleno debate da guerra do Vietnam, que o noso aprendiz de gánster utiliza para face-la guerra os outros grupos mafiosos que operaban en Harlem.
É en suma unha boa película con escenarios naturais da cidade, na que hai dúas historias paralelas, o negro ambicioso que quere ter un lugar no poder dos clans mafiosos da cidade e un policía incorruptíbel que se enfrontan ata que un acaba cos seus osos na cadea despois da arrastrar a toda unha morea de corruptos e delincuentes que operaban coas drogas e os policías que daban amparo a tales operacións.
Especialmente brillante os ambientes das guarnicións americanas no Vietnam e sobresaíntes os papeis dos actores Denzel Washington e Rusell Crowe, que solucionan con certa credibilidade, non así algunhas reiteracións exhibicionistas de violencia e consecuencias da droga certamente prescindibles, que son do gusto de Riddley Scott e que manexa as atmósferas nocturnas e sórdidas como ninguén.

Oscar habemus señores.