21 de novembro de 2007

A CIDADE DA CULTURA



O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, detallou no Parlamento galego, na súa comparecencia na Comisión da Cidade da Cultura, o proxecto cultural que o departamento da conselleira nacionalista Ánxela Bugallo ten deseñado para a Cidade da Cultura. Quintana destacou que o complexo do Monte Gaiás é “un problema herdado” do anterior Goberno, pero deixou claro que os gobernantes teñen a responsabilidade de converter os problemas en oportunidades, e no caso da Cidade da Cultura explicou que isto pasa por “poñer a Cidade da Cultura ao servizo de Galiza como nación cultural”, ao servizo da nosa lingua e das manifestacións culturais e artísticas que nos son propias.
Un proxecto que Fraga tiña como un soño resulta que o noso Vicepresidente en aras da responsabilidade e a sabiendas de que Galicia, segue a ser obxetivo Un da Unión Europea e que non temos infraestructuras como para facela rentable, sen encomendarse a Deus nin o Diaño, na propia Comisión Parlamentaria onde o seu propio partido tentaba depurar responsabilidades políticas en ata penais, resulta que nos sae con que vai seguir adiante o choio. Estache boa a navalla.

20 de novembro de 2007

A MULLER DO XUIZ

Debeche anda-la vida ben cara, cando a muller do Xuíz do 11-M, ten que publicar un libro que titula , La soledad del juzgador. Gómez Bermúdez y el 11-M.
Un que xa está un pouco farto de toda historia, na que hai tantos puntos que non se aclaran de verdade, agora sae Elisa Beni, periodista e xefa prensa do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid e trátanos de aclarar a altísima misión que tiña o seu marido o enxuiza-los feitos que sucederon o fatídico 11 de Marzo de 2004.
Sempre deberá existir un motivo para publicar un libro, unha preocupación, un interés no autor que nos quere facer compartir, e me pregunto eu, cal e o propósito de muller do xuíz.
A min chéirame que é un apoio que necesita o Maxistrado para xustificar algún matiz que non puido introducir na sentencia, algún ardid que de momento non alcanzo a entender para convencernos da valentía, honradez e profesionalidade do Xulgador.
Sinceiramente coido que si o libro se editara unha vez que a sentencia fora firme, pois ata tiña un pase pero cando está supeditada o recurso do Supremo, e polo que din, coméntanse e expóñense argumentos que non aparecen no fallo, non hai máis que pensar que é un complemento a medio de caixa de ferramentas para ir destripando o acontecido na sá da Audiencia Nacional.

18 de novembro de 2007

ENRIQUE URQUIJO




Fai agora anos que se foi Enrique Urquijo, cantante e compositor do grupo LOS SECRETOS.

Quen naqueles finais dos anos 80 non escoitou para moitos o millor grupo de POP da denominada movida madrileña, e non disfrutou daquelas canciones de perdedor das que era letrista, Enrique.

Hoxe resulta certamente emocionante escoitar, por exemplo PERO A TU LADO, na que parece como si estivera falando dende o máis alá, a súa profunda tristura, melancolía enganchada o desamor.

A desgracia acompañou dende os principios musicais a Enrique, xa que tiveron que tocar con un bateria suplente nun concurso o que se presentaran como TOS, xa que a noite anterior falecera o seu percusionista.

Foi sonado o concerto que se organizou como homenaxe a Canito, que se considerou o primeiro da movida madrileña, no que participaron Nacha Pop, Alaska y Los Pegamoides, Mario Tena, Trastos, Mamá, Rebeldes e a partir dese día Los Secretos.

Vaia pois iste pequeno homenaxe a un home ó que o puido o amor

16 de novembro de 2007

A VELAS VIR

Un que sempre que pode está ca familia, tamén ten o seu tempo de lecer.
Con estes da foto que nos xuntamos dende hai anos, tódolos días da semán, pasamos un rato agradable, degustamos un mencía ou unha caña, no A NOSA TERRA, da Ruanova de Lugo, sobor das dúas tarde e non deixamos títere con cabeza.
A voz profesoral de Tano Asorei, a retranca de Pepe Losada, a vehemencia de Cándido, a sorpresa de Angelito, o silencio pillabán de Granxeiro, as sentencias de Julio Ulloa, as historias de Manolo Romai, o estar de volta de todo de Granxeiro, o xa volo dixen eu de Manolo Núñez Carreira e de vez en cando a autoridade de Pepe Novo, de Pepe Portomeñe, Luís González, Fernando Pardo Gómez, e eu que intento poñelos de acordo sin éxito.


CAMBIO CLIMATICO


Estoutro día, asistín a unha conferencia organizada polo Consello da Cultura Galega, dentro do ciclo CULTURA CONCIENCIA, que tivo lugar no salón de actos da Escola de Maxisterio, titulada ARREDOR DO CAMBIO CLIMÁTICO.
O conferenciante era un catedrático de Córdoba, Eugenio Domínguez Vilches, que diante dun público ávido de que lles dixera que o mundo ía rematar se os humáns non poñiamos remedio, a verdade é que deixou a todos impactados, xa que argumentou que o cambio climático e algo natural e cíclico, e que efectivamente a emisión de gases de efecto invernadoiro estaba a provocar que certos efectos se adianten, pero deixou claro que hoxe por hoxe hai argumentos para defender que a intervención do home ca industrialización masiva, a queima de carburantes fósiles e a pouca sensibilización ambiental, podería alterar gravemente o equilibrio ecolóxico do planeta, e por outra banda tamén soster que o cambio climático obedece a causas esóxenas o home.

15 de novembro de 2007

ALVARELLOS



Este mércores fíxose un acto entrañable na Galería Sargadelos, que foi a celebración do trinta cabodano da presentación da Editorial Sargadelos que foi a gran aventura cultural do noso amigo, Quique Alvarellos como lle chamábamos entre nós.
Foi un acto no que se lembrou a persoa e a sua importancia na vida cultural, non xa na cidade de Lugo, senón na provincia. Presidiron o acto o alcale e xunto con él, Conchita a dona de Alvarellos, o seu fillo e continuador da obra, Henrique, xunto con dous amigos, Mato e Alonso, que fixeron cada un a súa maneira a loubanza do homenaxeado, asi como a entrega de agasallos a viúva por parte da páxina do Progreso onde se facía lembranza da primeira fotocopia e por parte de Suso de Sargadelos dunha réplica dun anxo gaiteiro.
Tamén Alvarellos nos agasallou con un libro de colaboracións cuia portada é a foto que encabeza esta entrada

25 de setembro de 2007

ADOLFO SUAREZ


ADOLFO SUAREZ: 75 anos
Sempre gardei un bo recordo diste home do que me distancia politicamente un mundo, ben por que sempre tivo que apostar duro en circunstancias difíciles e unha vez no cumio, por haches ou bes, sempre desperdiciou o seu crédito. Gardo lembranzas no verán da Lanzada que era viciño e moi visitado.
Unha mágoa que se lanzara co famoso CDS, de lustroso nóme e escaso peso político