Mostrar mensagens com a etiqueta PUBLICACIONS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta PUBLICACIONS. Mostrar todas as mensagens

19 de junho de 2009

O LiBRO DOS AMiGOS


Onte en Ourense, no Liceo, segunda casa de Marcos Valcárcel, entregóuselle o nomeamento de socio de honra e aproveitouse para presentalo libro dos Amigos de Marcos, unha preciosa obra de 250 aportacions doutros tantos autores. A edición moi cuidada, consta de orixinais tanto literarios como plásticos.
O acto que foi presentado polo Presidente da institución foi moi emotivo e caloroso. Monxardín representounos a todos os que colaboramos no libro. Este collage de arriba*, que vos amoso, foi a miña achega.


* Grazas, anónimo

6 de outubro de 2008

SAN MARTiÑO DE OMBREiRO


Rematei de ler nesta festeira e longa fin de semana luguesa, unha publicación da que tiñamos novas polo seu autor xa que nos viña falando dela durante algún tempo, e coñecendo a Romay , sobreentendíamos que o texto ía ser ameno, ilustrativo, inzado de anécdotas, cheo de datos curiosos e enriquecedor para o lector.
Xa o título "Historia, costumbres y leyendas de una aldea de Lugo", de Manuel Romay, denota que valoriza o seu e despois da súa leitura confírmase, que é un traballo de investigación histórica, un inxente acopio e selección de datos, exposta maxistralmente, e o memo tempo sinxela do Umbrarium romano.
Tomando como fío histórico a existencia do Marqués de Ombreiro, persoaxe que deixou pegada evidente na capital, como que o edificio consistorial foi o seu pazo, Manuel Romay, indaga expléndidamente na vida dun pequeno castro ata os nosos días.
Onde non lle chega a constancia documental, Romay razona ata convencernos de que a historia debeu acontecer dese modo, e se así non fora, debería selo pola súa fermosura narrativa.
Capitulo aparte merecen as súas incursións xeniais na etnografía, etimoloxía e lingüisticia, dos seus axustados datos concretos sobre a xeografía, toponimia e topografía da comarca que confirma a Romay como un entendido no só da historia da súa aldea senón en xeral da nosa terra.
Ten historiador San Martiño de Ombreiro, terá San Martiño de Guillar o seu?. Sen dúbida algunha as dúas aldeas correron a mesma sorte o inicio da historia, separados polo río, e só habería que cambialas persoas.
Noraboa, Manuel.


25 de fevereiro de 2008

POETAS EN LUGO

Hai libros que falan de poesía e de poetas e aínda que tarde, hai tedes na foto a portada, dunha preciosidade que remato de reler, e é unha moi ben coidada publicación do Concello que está dirixida por outro poeta, nin máis nin menos, Dario Xohán Cabana.
Baste unha ollada por riba para decatarse do traballado da selección dos poetas e dos poemas que teñen como vínculo común a cidade murada, sempre baixo a visión romántica e histórica da visita, do calexeo, da xente do común.
Parabéns por iso para o Concello e para Darío.

20 de novembro de 2007

A MULLER DO XUIZ

Debeche anda-la vida ben cara, cando a muller do Xuíz do 11-M, ten que publicar un libro que titula , La soledad del juzgador. Gómez Bermúdez y el 11-M.
Un que xa está un pouco farto de toda historia, na que hai tantos puntos que non se aclaran de verdade, agora sae Elisa Beni, periodista e xefa prensa do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid e trátanos de aclarar a altísima misión que tiña o seu marido o enxuiza-los feitos que sucederon o fatídico 11 de Marzo de 2004.
Sempre deberá existir un motivo para publicar un libro, unha preocupación, un interés no autor que nos quere facer compartir, e me pregunto eu, cal e o propósito de muller do xuíz.
A min chéirame que é un apoio que necesita o Maxistrado para xustificar algún matiz que non puido introducir na sentencia, algún ardid que de momento non alcanzo a entender para convencernos da valentía, honradez e profesionalidade do Xulgador.
Sinceiramente coido que si o libro se editara unha vez que a sentencia fora firme, pois ata tiña un pase pero cando está supeditada o recurso do Supremo, e polo que din, coméntanse e expóñense argumentos que non aparecen no fallo, non hai máis que pensar que é un complemento a medio de caixa de ferramentas para ir destripando o acontecido na sá da Audiencia Nacional.