3 de dezembro de 2008

MANiFESTO DE LUGO DE 1.918

Onte, luns, 2 de Decembro aconteceu algo que coidei que xa non pasaba ou o menos que a min xa non me pasaría.
O caso foi que na conferencia que dentro do ciclo A GALIZA DAS IRMANDADES que se celebra na Deputación e que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, tocoulle o turno a XOAN CARLOS GARRIDO., que ía falar de “ Do local ao nacional”.
Teño que anticipar que xa me queixara a Antón Bao, Vicepresidente Primeiro, o día 18 de Novembro -día que se iniciaron as Xornadas- sobor dos poñentes, e que non sei se me fixo caso, aínda que dixo que tomaba boa nota.
Iñoro a orientación política da Asociación organizadora, aínda que a sospeito, pero non por iso vou deixar de asistir a un dos poucos actos de afirmación galeguista que se celebran en Lugo, sobor do Manifesto do 18, e con toda a miña boa intención alí me persono as 20 horas.
Presentan o conferenciante como militante nacionalista, pertencente o Sindicato Agrario Galego e a ADEGA, profesor de filosofía no Ensino Secundario e director da Revista “Terra e Tempo”, da Fundación Bautista Álvarez.
Escomeza por dicir o XCG que é da Estrada, e que tratará de encadrar a loita de Galicia que desemboca no Manifesto dende unha triple óptica, a loita de clases, a organización e encauzamento da loita revolucionaria, e a como definiu a política de consenso.
Nunha grande pantalla que reflectía un programa de ordenador que o poñente movía dende a mesa ollábanse tres figuras enormes.

KARL MARX

LENIN

e GRAMSCI

Non me fun pola curiosidade que sentín pero certamente se a Asociación organizadora avala o que XCG, propón na súa comunicación eu teño grandes reparos do que se está a facer cos meus impostos.
Hoxe, martes 3, fala Encarna Otero, sobor da Soberanía Estética. Xa lles contarei.

5 comentários:

Xaime disse...

Encarna enfatizou nas normas que os galeguistas asinantes do Manifesto se deron, para erradica-lo feismo de Galicia. Eso a mín soame.

Anónimo disse...

E que se esperaba dos da UPG? Ben, o de Gramsci si que é novo.

Carlos Callón disse...

Boa tarde.

Non lin a comunicación nin estiven presente, mais non podo pasar sen dicir que, do meu punto de vista, Xoán Carlos Garrido Couceiro é dos grandes intelectuais que ten Galiza nestes momentos, aínda que sei que el non gostaría de que o etiquetasen como tal. Remítome aos seus libros e artigos.

Isto non quita, obviamente, que cada un poida ter as súas propias opinións diverxentes. O debate e o contraste de ideas sempre supoñen unha riqueza.

Descubrín este blog a través do de landoa.blogspot.com. Parabéns polo mesmo!

Xaime disse...

Prezado Carlos, benvido por estes lares que son os seus se quixer.
É vostede moi boa persoa e amigo dos amigos se defende con tanto ardor o poñente.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.