10 de dezembro de 2008

XORNAL DE GALiCiA




Hoxe pola mañán, chamáronme para que colabourara no Xornal de Galicia de papel. Despois do que deixei dito en Xornal.com non podía negarme. Reproduzo o artigo.
Cando nace un meniño, non so están contentos os pais, senón toda a familia, os amigos e nos casos de partos difíciles ata os doutores e persoal sanitario. Sen querer sinalar a labor ou función que cada un tivo no nacemento de Xornal de Galicia, deberan estar ledos os protagonistas e tamén todos aqueles que creemos sinceiramente na liberdade de expresión, de prensa e o que é moito máis importante na nosa terra que é a liberdade de empresa.So habería que ir a historia para confirmar que os grandes proxectos do noso país están xungidos a un nome, a un grupo, e hoxe a unha firma ou a unha empresa, e que a estas alturas do Século XXI, se pense que aparte do que hai no eido da prensa diaria de papel, aínda se pode facer algo máis, é encomiable e merece o apoio e o aplauso de todos, a sabendas de que os maiores escaldados serán os que arriscan nun pais conservador de pel e pouco dado as novidades.Os persoeiros que aparecen no primeiro impulso, amosan diversidade, pluralismo, un amplo abano de opinións, no que non hai que ser moi espabilado para saber que o proxecto está madurado, pensado e nidiamente definido.Galicia precisa dotarse de cantas máis voces mellor, xa que somos unha sociedade plural, onde xa non hai, como se nos quere facer ver - unha dualidade rural-urbán-, na que hai o mesmo número de universitarios que no país máis rico da Unión, e onde a opinión pública non se lle ten que adxudicar a un ou dous medios que, o final deciden cas súas tendencias as eleccións e o Goberno Galego.Demos pois a benvida a un novo diario, e sobor de todo agradezamos os seus impulsores a súa teima ecolóxica na procura de ar fresco.

5 comentários:

Anónimo disse...

Noraboa.

Eu xa teño os dous únicos exemplares que levan saido.

Si colaboras habitualmente, en Ourense hai un comprador máis do diario, anque sólo sexa por eso.

Anónimo disse...

Meu querido Xaime, parabéns por ser un dos elixidos nesta nova xeira que abre o Xornal que te concede un espazo para a opinión.
Permíte, sen nigunha maldade, que che pida que coides un pouquiño máis o idioma. O idioma escrito non pode arrastrar as eivas do idioma falado.

Continúa co teu labor, pero deixa que alguén revise os teus escritos.
Unha aperta.

Ulises Lima disse...

Noraboa, Xaime. Aínda non lin o Xornal, pero agardo que todo vaia ben. Un saúdo.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.