28 de junho de 2008

O GRAN TABEiRON



Teño que empezar por dicir que ó que a continuación sinalo non concorda ca realidade, e que todo ten unha explicación na chamada de abaixo do post.
Como sabedes son un apaisoado do mar, amor que trasladei os meus e que seguramente nos sobrevivirá.
Aló polo mes de Marzo, baixamos o maior e eu a pescuda dunha pena que xa nos dixeran que tiña moi boa pinta e que había material importante.
Atopámolo chan e efectivamente constatamos que era pequeno, ben resgardado e rechamante, non sen advertir que era perigoso, xa que no mar salgado había algo que non cadraba.
Días máis tarde, volvín eu só e cando baixaba, decateime da presencia de algo, estrano, grande, perigoso, e quizabes mortal, que me fixo dubidar e dala volta.
Consultei se efectivamente podía haber semellante perigo na postura recen descuberta, e confirmáronme que efectivamente era raro, pero podía habela.
Xa sabedes que a inconsciencia e a nai das derrotas, e o perigo chama a porta tres veces. Quixen probarme e acudín a cita, pola tardiña do luns 9 de Xuño.
A inmersión foi normal pero xa non lembro nada e recordei deitado nunha cama, cos restos no corpo da miña loita contra do gran tabeirón.
Momentaneamente sen voce, fun fiando que me estaba esperando agochado detrás da pena do nacente e que se votou en min, a traición, pero logrei, non sei cómo, zafarme e aquí estou.


O Tabeirón era un carcinoma de língua e a pulseira da foto e un sete na gorxa son os únicos recordos.

4 comentários:

Anónimo disse...

Un amigo meu, letrado coma vostede, chamóume hai algún tempo por teléfono, e contoume que estaba preocupado por un xuizo que tiña , ó día seguinte, na Coruña. Eu notéi a preocupación na súa voz, pero fíxoseme raro que un profesional con moitos anos de experiencia estuvera realmente nervoso por algo que debía ser a sua rutina cotiá. Deduxen que tiña algún outro tipo de preocupación, pero foime imposible naquel intre saber cal podía ser.

Moitos males ,curan mellor se se fala deles, como fai vostede neste post. Impídese a súa "somatización".

Xaime disse...

Un abrazo, Da Coba, e moitas gracias.

atónito disse...

Hai que deixala pasar. Que siga o seu camiño. Agora terá que dar a volta completa ninguén sabe cantas veces antes de que a volva atopar.

Que todo vaia ben. Unha aperta.

Anónimo disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,