30 de maio de 2008

LUGILDE

Coincidindo ca exposición anterior, tamén dentro da celebración do 75 aniversario do Museo de Lugo, na Saá de exposicións do Pazo de San Marcos, temos unha mostra do que fai e refai o noso impagable Lugilde.
Digo fai e refai por que algunhas das expostas son antigas refeitas para a ocasión co regusto que agora ten o noso artista.
Seguindo a traxectoria de Lugi, observas que vai dende o realismo e case hiperreralismo ata o simbolismo máis correcto. Nin que dicir ten que domina o color admirablemente, o debuxo e a composición correctamente e tenta cos seus demos cotiáns, expresarche unha idea a traverso dun símbolo, agora unha figura, noutra un obxecto. Con técnicas ben empregadas, o óleo, acrílico e mixto con collages intelixentes.
Sorprende a titulación das súas obras que amosan a personalidade expresiva do artista en plena erupción plástica.
Os motivos, como xa dixen son históricos, simbólicos mesturados as veces con conceptos relixiosos estratexicamente introducidos que fan da gran antoloxía que nos presenta no Pazo da Deputación un gran artista lucense.
No folleto da exposición inclúese un soneto de Xosé Otero adicado o artista que reproduzo
SONETO A LUGILDE
Ante a obra que a Lugilde resplandece
Hoxe, do espirito, os ollos abride
Tenramente tales cores sentide
que un misticismo máxico o enriquece
Surreal configuración parece
e a simbiose da luz percibide
en amálgamas de cores. Decide...
hai algo máis belo que visto se prece?
A razón da senrazón transcendidas
da barroca Shahrazad contada
en irreverentes figuras distinguidas
nun halo de misterio ancorada
con pedras preciosas sumerxidas
en botóns e pendentes na luzada

6 comentários:

A Conxurada disse...

Ese cadro é marabilloso.

Xaime disse...

Se lle gusta veña por Lugo e visitea. Tamén pode ir a súa web en www.lugilde.com. Sexa benvida

Anónimo disse...

Entérome por unha mensaxe súa noutro blog que estivo un pouco pachucho. Celebro que estea xa ben e recuperado, disposto a comerse o mundo (nunca mellor dito).

Un cordial saúdo, frère Jacques.

Anónimo disse...

Gracias ap-c.
Din que tiña o demo no corpo e tamén me dín que xa mo quitaron.
Ca axuda do ciruxán e do insustituible Xoan da Coba no Comilonum xa estou coma novo.
A próxima entrada tratará de eso.

Anónimo disse...

Marcio e Ordália
Te encontramos na internet, estamos com muitas saudades de vocês. Preciso do seu email, entre em contato conosco.
marcio.vieira.sjc@hotmail.com

Anónimo disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,