14 de janeiro de 2008

O PÉ DO PICO SACRO

Esta fin de semán andivemos polo val do Ulla, os pés do Pico Sacro.
Despois dunha cea longa e pracenteira cos amigos de Lestedo, adormecemos na Casa de Casal, que está en Cachosenande, moi pertiño da casa do convite.
A mañán amenceu cun sol primaveral, bastante normal no val que nos atopamos, xa que din existe un microclima especial, de aí que haxa os mellores camelios do mundo neste comarca, e que houbera laranxas e outros frutais tamén xa bastante cargadiños.
Andivemos polos arredores da casa rural e fixemos a subida obrigada ó Pico Sacro. Na cima o tempo xa che era outro cantar. Cunha vista espectacular sobre o val, adiviñábanse as serras do Caurel e os Ancares polo sitio onde os nuboeiros deixaban ver.
Divisábase o trazado do AVE, as pontes sobre o Ulla e a mina do Serrabal que tamén visitamos para levar unha pedriña do mineral en lembranza. Acudimos a taberna do Portugués para proba-lo país e as súas famosas tapas e decidimos ir a comer a Pontevea que xa pertence o Concello veciño de Teo, de onde se olla a Ponte de Gundián. Dimos conta dunhos codillos guisados dos que só quedaron os ósos, cunhos revoltos con allos e gambas de entrantes exuberantes que aderezamos con un mencía tinto, fresquiño e recuperador do Rioxa nocturno.

8 comentários:

Anónimo disse...

Non se dice "decidimos ir a comer" senón "ir comer".

Bicos. Juan.

Xaime disse...

Non sei como se dí pero comimos

Anónimo disse...

Anónimo: Tamén non é correcto "Decidimos ir comer". ´
A forma patrimonial galega élle:
"Ordenamos ir comer"
Saúdos para o señor Xaime.

Con os meus cumprimentos, espectral cabaleiro anónimo.

Ana Bande disse...

Dígase como se diga o post é ben gorentoso, tomo nota para o próximo guikend, grazas.

Anónimo disse...

A ver home, síganos contando as súas andanzas. Onde vai este fin de heptimana?.

Xaime disse...

Estou en Pedras Negras, se veñen por aquí comemos peixe e trasegamos Barrantes.

Xaime disse...

Este fin de semán do primerio de Marzo, vou estar na terras de Camba, cuna dos Churruchaos.
Chamen (609847879) e tomamos un viño de colleita macanudo.

Anónimo disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,