22 de dezembro de 2007

BO NADAL

O Nadal non é como as outras festas, felicitámonos con quén habitualmente non-o facemos, sorrimos a quén non nos apetece, incluso compartimos mesa con extranos, xa que somentes o facemos nestas datas, en troques cos amigos xa estamos todo o ano e debería ser cos que pasaramoss estas festas. Pero non o Nadal eche un compromiso, tes a obriga de pasalo ben, ou aparentar que o estas a pasar ben, que eres feliz.
Vaia pois polo Nadal que nos cambia, que nos inocula o virus da tolerancia e da paz, o mesmo, xaora, que desexo a todos.
A foto e dun pratiño de Sargadelos que agasallou o Progreso fai anos

3 comentários:

Anónimo disse...

Está vostede acertadísimo, don Xaime. Esas ceas de Nadal, tan tensas, esas de fin de ano... E a obsesiva imaxe de Papá Noel a agatuñar polas varandas. E a felicidade está en Lugo, ou na república de Tartaria, un martes, orballando, en novembro; sen sabermos cómo nin por qué, o tempo parece que vén, no canto de se ir.
E as obrigadas emocións do nadal "matan" o tempo, que foxe das mans como se fose auga.
Cumprimentos, señor.

Xaime disse...

Benvido a esta casa que é a súa.
Grazas Júlio e teña bon ano.

Anónimo disse...

Grazas a vostede, don Xaime. Non é casual a sona de persoas hospitalarias e señorias que teñen os de Lugo. Cos meus mellores desexos para o 2008, nesa marabillosa terra luguesa, tan farta, tan chairega, tan montuosa.
Cumprimentos, señor.-