26 de março de 2014
iLP
Este é o texto que leu Vicente Quiroga no Parlamento de Galicia en defensa da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por Abre la Muralla para acadar os servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Menciña Nuclear no HULA
Sra. Presidenta.
Señoras e señores deputados, e representación da cidadanía que nos
acompaña hoxe.
En primeiro lugar, grazas a tódolos que fixeron que o proxecto iniciado por
Abre la Muralla e a Federación Veciñal lucense, axudadas e guiadas por un
gran home, como foi o doutor Miguel Ángel González e secundadas por
asociacións de veciños e de todo tipo, sindicatos, organizacións empresariais
e patronais, partidos políticos que se sumaron a iniciativa, colexios
profesionais...eta. en definitiva por unha gran parte da cidadanía lucense,
plasmada nas mais de corenta e unha mil firmas recollidas por todos nós e
admitidas pola Xunta Electoral Central, fixera posible que esta Iniciativa
Lexislativa Popular, fora admitida a trámite pola mesa deste Parlamento, e
nos permita expoñela hoxe aquí diante das súas señorías.
Hoxe vou controlar o tempo da miña intervención con este vello reloxo con
mais de 120 anos de historia que era do meu avó materno do Caurel, e con el
quero representar a tódalas xentes da montaña luguesa a das zonas máis
afastadas da capital e dos centros hospitalarios ós que moitas veces teñen
que acudir.
Dicía alá polo 6 de xuño de 2013, diante dalgúns milleiros de persoas, que
percorreron as rúas de Lugo sen bandeiras, nin distintivos, sen cores de
ningún tipo, soamente coma cidadáns e detrás dunha única pancarta,
reivindicativa dos servizos que necesita o noso hospital, o HULA, e dos que
carecía e sigue a carecer na súa maioría:
"Estamos aquí en defensa propia. Somos homes e mulleres de Lugo e da
rexión de Lugo, e témonos que defender contra a arbitrariedade dos poderes
públicos que non cumpren co seu deber, que non cumpren co deber de
defendernos a nós, os cidadáns que os eliximos precisamente para que nos
defendan." Aquelas palabras teñen plena vixencia a día de hoxe.
En Lugo construíuse un gran hospital. Nun lugar axeitado, a carón da cidade
e ben comunicado con toda a provincia, moi grande, con magníficas
habitacións, ben construído, desafogado. Un gran hospital que nos é
necesario para unha poboación numerosa, moi espallada, e certamente
envellecida, que en parte traballa, que en parte está en paro, que en parte
estuda, e que en parte moi grande está xubilada despois de moitos anos de 2
traballar arreo, de traballar no agro, na construción , no comercio, na oficina,
no taller, na fábrica, no ensino.
Toda esta xente ten dereitos. Os nenos e os mozos teñen dereitos, as
persoas de mediana idade teñen dereitos, os que xa imos pra vellos temos
dereitos. E un deses dereitos, un dos mais principais e un dos que máis
traxicamente se notan cando falta, é o dereito á saúde, o dereito á atención
sanitaria, médica e hospitalaria. Porque temos dereito á saúde, e non como
un enunciado abstracto, senón como unha realidade conquistada a través de
moitos anos de loita e progreso. Eso é o que diferencia un pais adiantado e
civilizado da vida salvaxe, o dereito á saúde.
Pero as mulleres e os homes de Lugo non desfrutamos plenamente dese
dereito, do dereito a saúde. Temos un grande hospital nun lugar
perfectamente axeitado, coa tranquilidade e sosego tan necesario cando un
está enfermo. Pero ese hospital carece dalgunhas cousas esenciais. Malia as
nosas protestas, malia as nosas reclamacións, malia as protestas da
intelixencia e o escándalo de toda a sociedade lucense, e a pesar de que
esas protestas algo conseguiron, a Hemodinámica pola mañá, dende as 8 as
15 horas, o HULA segue carecendo dalgúns dos equipamentos mais
necesarios. Estas carencias son inadmisibles nunha capital de provincia.
Estou falando, xaora, de hemodinámica 24 horas, de radioterapia e medicina
nuclear. ESTOU FALANDO DE CORAZÓN E DE CANCRO.
Por iso, quero lembrar unha cousa: cando se inaugurou o HULA, cando se
inaugurou este grande hospital que aínda está baleiro dalgunhas cousas
esenciais, o Presidente da Xunta, o mesmo señor Feijoo que segue sendo
hoxe presidente da Xunta de Galicia, prometeu publicamente que en tres
meses sairían a concurso os tres servizos: hemodinámica 24 horas,
radioterapia e medicina nuclear. Non estou inventando historias, non estou
falsificando a historia, era o día 26 de febreiro de 2011. Esas promesas do
señor Feijoo están nas hemerotecas, desas promesas hai vídeos e
gravacións. ¿De que serven as promesas dun presidente da Xunta cando o
tempo e a realidade se encarga de desmentilas a hora da verdade, a hora do
clamoroso incumprimento, tres anos despois de seren pronunciadas?
Dirán que agora non hai cartos. Pero cartos houbo. Ducias de miles de
millóns, pra arranxar os problemas da banca, os problemas dos que causaron
os problemas, os problemas dos que roubaron o pobo, dos que meteron nos 3
seus particulares sumidoiros os cartos estafados coas preferentes, dos que
expulsan os parados dos pisos que xa non poden pagar nin eles vender, dos
que converten homes e mulleres constitucionalmente libres, en escravos
vitalicios por débedas que contraeron en moitos casos enganados de diversas
maneiras. Prá sanidade da banca houbo cartos, e disque non os hai prá
sanidade pública, prá saúde dos cidadáns, prá saúde dos traballadores, prá
saúde dos xubilados, PRÁ SAUDE DOS NENOS.
Por suposto que hai cartos. Unha boa administración sempre ten cartos pró
mais necesario, e o máis necesario é a saúde, o mais necesario é a vida, e
nada debe estar por diante da saúde e da vida no interese do Estado, no
interese dos gobernantes.
Pra máis abundamento o día 2 de novembro de 2011, neste Parlamento
aprobouse por unanimidade o "texto transacionado da moción do Grupo
Palamentario dos Socialistas de Galicia, por inciativa de D. Miguel Ángel
Fernández López, Nesa moción transacionada, e aprobada por unanimidade,
falábase de que os proxectos de hemodinámica 24 horas para Ourense e
Lugo, terían que ser presentados no Parlamento de Galicia, e realizar outro
proxecto no que se analizaría especificamente a posta en funcionamento dos
servizos de radioterapia e medicina nuclear no HULA. Estes proxectos
deberían presentarse neste Parlamento antes de acabar o ano 2011.
¿Cumpriuse este acordo? Non. Resultado: A desesperación dos cidadáns de
Lugo, e un incumprimento máis do Goberno de Galicia.
Imaxino que tanto o Presidente Feijoo cando o 26 de xaneiro de 2011
prometeu a licitación dos tres servizos nun prazo de tres meses, como os
membros de este Parlamento cando o 2 de novembro do mesmo ano
aprobaron a moción a que me referín anteriormente, foi porque tiñan os
informes técnicos e de todo tipo que demostraban que eses servizos son
necesarios, e a súa realización posible. Pensar o contrario, sería unha ofensa
para o Presidente da Xunta e para os membros desta cámara.
Pero a pesar de todo paréceme que non estaría de máis lembrarlles algunhas
cousas que nos preocupan sobremaneira os lucenses e que aínda que se
nos prometeu darlles solución en datas concretas, seguen estando
practicamente igual, o que loxicamente nos obriga a desconfiar dos nosos
gobernantes e das súas promesas. 4
Si, xa sei que grazas as nosas protestas e pra intentar acalalas, se anunciou
o mesmo día da nosa primeira concentración, e posteriormente se instalou, fai
moi pouco tempo, un bo servizo de hemodinámica que desgraciadamente só
funciona en horas de oficina, o que ven a dicir: "miñas donas e meus señores
de Lugo sexan disciplinados e infarten só polas mañas, así serán atendidos
nun lugar próximo e con razoables posibilidades de salvarlles a vida. Porque
se a vostedes lles dá o capricho de infartárense fóra de horas, o problema
buscárono vostedes mesmos coa súa indisciplina."
Neste tema o estudo tecnolóxico e tan simple que en datos aproximados do
2012, realizáronse en doentes lucenses, arredor de 825 cateterismos, fóra de
Lugo por suposto, e sen contar os que chegaron tarde, ou máis ben non
chegaron nunca. E algúns habería, porque segundo os estudos, cando se
tarda mais de 120 minutos en realizarlle a apertura da arteria coronaria
responsable da IAM a un paciente con IAMCEST, a mortalidade nun ano,
duplícase con relación ós pacientes nos que se lles abre a arteria en menos
de 120 minutos (6% de mortalidade fronte ao 12% de mortalidade).
¿Infartaron todos eles pola mañá? Non creo, o lóxico e pensar que as
cantidades se repartiran, polo tanto queda claro que se non se implanta este
servizo as 24 horas, terán resolto unha parte do problema, pero só iso e o
perigo seguirá prós que teñan a mala sorte de enfermar pola tarde.
No tema de radioterapia e medicina nuclear realizáronse por ano, unhas 320
tomografías por emisión de positróns, independentemente das numerosas
ganmagrafías, e mais de 500 doentes foron desprazados ó centro oncolóxico
da Coruña ou o servizo de radioterapia de Santiago de Compostela para
recibir tratamento. Imaxínen vostedes o que supón si a media por doente e de
20 ou 25 sesións.
Algúns desprázanse nos seus propios vehículos ou no dalgún familiar, pero
moitos por falta de medios ou por falta de tempo de quen os poida levar, que
son a maioría, teñen que recorrer o transporte colectivo en ambulancias, case
coma gando, ate a Coruña ou Santiago, mais de douscentos quilómetros,
douscentos quilómetros mais do necesario, e logo esperar horas e horas un
tratamento que apenas dura unhos minutos, e despois seguiren esperando a
que rematen tódolos compañeiros de viaxe para poderen volver á súa casa
despois do tratamento. Moitos deses enfermos combinan o tratamento por
radioterapia co tratamento por quimioterapia, o que fai moito mais difícil de 5
levar ese desprazamento. ¿Imaxinan vostedes as conversas dos seis ou sete
ocupantes da ambulancia, día tras día?
Relataba unha coñecida revista de tirada no Estado Español baixo o titulo,
LUGO, LAS RUTAS DEL CÁNCER:
"Pasadas as oito chega a ambulancia pra recoller o primeiro doente, do
primeiro pobo, así a seguir. Moitos deles reciben tamén quimioterapia, o que
fai moito máis difícil a viaxe; até encher a ambulancia. O condutor leva máis
dunha década facendo a mesma viaxe. Dende varios pobos da provincia de
Lugo, recollendo enfermos en cada un. Primeiro por estradas secundarias e
dende Lugo a toda velocidade pola A-6. Destino Centro Oncolóxico de
Galicia pertencente a unha Fundación Privada. Cando tódolos enfermos
rematan os seus tratamentos, desfacer o camiño, e así un día tras outro."
Dicía o Doutor D. Miguel Ángel González, o noso colaborador e guía, enfermo
de cancro de pulmón por dúas veces, referíndose e sinalando os espazos
reservados no HULA pra estes tratamentos, "seguen baleiros e comezan a
cheirar". A segunda volta do cancro de pulmón, xa non a puido resistir e
morreu pouco despois de asistir nunha cadeira de rodas a manifestación de
Xuño de 2013.
Dicía el, na carta que lle entreguei persoalmente o xefe de gabinete do
Presidente da Xunta e da que nunca tivemos resposta. "¿Queren máis datos
tecnolóxicos?: O libro branco SEOR XXI elaborado pola Sociedade Española
de Oncoloxía e Radioterapia de recente revisión, no que participou un amplo
elenco de radioterapeutas oncolóxicos de prestixio, analiza a situación no
noso país, necesidades e recursos da Oncoloxía e Radioterapia en España.
No devandito libro queda plasmada a realidade galega e por suposto a
ausencia de radioterapia na nosa provincia. Ademais neste libro formúlase a
necesidade de recursos radioterapéuticos que establece unha unidade por
cada 250.000 habitantes". Como vostedes moi ben saben ou deberían saber,
o Centro Oncolóxico da Coruña soporta a atención radioterapéutica da área
da Coruña, excluído Santiago, mais Ferrol Terra, Lugo e as áreas de Burela e
Monforte, o que nos levaría a unha poboación dun millón de habitantes. Clara
desproporción entre o ideal e o real. Con semellante carga o Centro soporta
unha trasfega continua de enfermos que o obriga a atender pacientes ate
horas moi avanzadas da noite. Un detalle curioso e que o propio hospital
coruñés contaba coa apertura da radioterapia no HULA, o que lles permitiría 6
unha maior atención as técnicas especiais de tratamento, segundo sinala na
súa memoria de 2011.
Señorías, a nosa loita é parte da loita popular en defensa do estado do
benestar, da razón humana, da civilización. Nós estamos tamén coa xente
que perdeu medios de vida no seu barrio co cambio do hospital, eles son
NÓS tamén. Por iso reclamamos algo pra eles, porque é de razón e de
xustiza, porque o vello hospital debe seguir sendo un lugar público para
beneficio deles e de nos. Hai moitas posibilidades pero pra empezar e con
moi pouco custe, pódese instalar aló un PAC, un centro de atención
continuada. Que se dividan os pacientes que van o RIO SER, antigo Plácido
Vila, que está masificado, e que a metade se envíen a ese centro de saúde
nas instalacións do vello hospital. Iso sería o comezo dun aproveitamento
racional deses recursos públicos.
Xa para rematar, señorías, quixera agradecer no meu nome e de tódolos
compañeiros de loita e de tódolos lucenses, ós grupos do BNG, de AGE e do
PS de G o seu apoio dende o primeiro momento e tamén o seu compromiso
de apoio a esta ILP,agora teño que incluír tamén o grupo mixto que
comprometeu o seu apoio, agradecemento que estou seguro que terei que
facer tamén extensivo o Grupo de Goberno, o Grupo Popular, por cuanto os
seus deputados da Deputación de Lugo votaron a favor desta Iniciativa.
Moitos dos seus alcaldes e concelleiros da provincia apoiárona, ate o punto
de que a primeira firma do prego nº 1 é a do Sr. Alcalde de Baralla, que fixo
unhas declaracións na prensa nas que con gran sentido dicía que a saúde
non ten cor política. E tamén teño que agradecer o apoio da maioría dos seus
concelleiros de Lugo, incluíndo o do seu portavoz e deputado neste
Parlamento, por asignaren os pregos de firmas apoiando e solicitando esta
ILP. Estou certo de que o Grupo de Goberno non vai defraudar a tódolos
milleiros de lucenses que esperan que esta Cámara dea solución a estes
problemas: Hemodinámica 24 horas en seis meses e radioterapia e medicina
nuclear nun ano.
Como final desta intervención quixera facer unha homenaxe os homes e as
mulleres das terras altas e afastadas, os que más sofren as consecuencias
destas enfermidades e tamén e o mesmo tempo facer un canto á esperanza
que todos nos temos posta no futuro desta Iniciativa, recordando un poema
de quen foi, por aquelas terras de Caurel e de Quiroga, un grande amigo
dende a miña nenez, Uxío Novoneyra: 7
É dos Eidos I, e di así.
VAI polo monte o camiño
outeando como un louco
polos caborcos do val
i as poxas do taramouco.
Cruza solo a serra toda
sin levar outra compaña
que a gran presencia do ceo
sobre o silencio da braña.
Eu non sein pra onde vai
mentral´o quedo mirando.
Solo sein que eilí se compre
o soño que estou soñando...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
¿Quere mercar un ril ou quere vender o seu ril? ¿Está a buscar unha oportunidade para vender o seu riñón por cartos debido a unha caída financeira e non sabes que facer, póñase en contacto connosco hoxe e ofrecerannos unha cantidade de diñeiro de $ 500.000 dólares para o seu ril. O meu nome é o doutor MAXWELL, neurólogo no hospital de BILL ROTH. O noso Hospital está especializado en cirurxía dos riles e tamén nos encargamos de mercar e transplantar riles cun doador correspondente. Nos somos
localizado en India, Estados Unidos, Malaisia, Singapur. Xapón
Se estás interesado en vender ou mercar riles, non o dubides
poñerse en contacto connosco a través de correo electrónico.
Correo electrónico: birothhospital@gmail.com
Número de aplicación do teléfono: +33751490980
Saúdos mellores
DIRECTOR MÉDICO
DR MAXWELL
Enviar um comentário