17 de maio de 2011

LOiS PEREiRO




Coñecín a Lois Pereiro, nunha disctoeca, onde senón, cando Radio Océano actuou en Studio 3 de Lugo, cando fixemos a presentación da Revista CON TODO LUGO DE DETALLES. Era o irmán ionqui de Rötring e a verdade non lle facíamos demasiado caso. Meu irmán si que o coñecía das visitas o Carqueixo e os seus comentarios era que era "un tipo legal". Co tempo e xa en Coruña, coincidín con el na presentación dalgún número de La Naval, no que participei e nun Concerto de Radio Océano en Vialba nas festas do verán no que nos fixemos unhas fotos con Maite Debesa, Honorio e con Nazaret López que por aí teñen que andar.
Souben do seu pasamento por ser irmán moito máis tarde na presentación que éste fixo en Sargadelos dun libro sobre Cuiña, e hoxe se lle adica o día das Letras Galegas.

As letras das cancións adapatadas da súas poesías non teñen desperdicio, son o suficientemente desgarradoraas como para anotalas e esta foi unha das que recitei na súa honra no recital da Feira do Libro de Lugo


Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul

Narcisismo
narcisismo...

1 comentário:

Xosé M. González disse...

Con todo o respecto ao teu blog, este tipo de testemuños debían saír en El Progreso. É a traza del.