31 de maio de 2011

DiAZ FUENTES


Esta fin de semán, Sarria estivo de loito. Faleceu un fillo distinguido da vila sarriá, Antonio Diaz Fuentes.
Antonio ademáis de avogado, foi un grande político galego, diputado en Cortes, redactor dalgún capitulo da constitución e un bon analista do texto constitucional.
Debeu ser aló polos primeiros 60 cando estaba meu padriño Jaime Ceide, recién ordenado curiña, no seu primeiro destino en Sarria cando coñecín a Antonio -Toñito- pero son lembranzas moi difusas, que logo confirmei.
Xa na transición asistimos a algunha xuntanza de avogados, convocados polo noso Decano, Pedro González, e xa se distinguía pola súa clarividencia e intelixencia. Fíxose un sitio acarón de Rosón na UCD e foi diputado por Lugo, e despois o primeiro Presidente de Coalición Galega no ano 84, no que coincidin xa como militante.
Lembro as reunións na súa casa en Sarria para que non se apoiara a moción de censura contra Albor e os artigos de prensa nos que argumentaba que había que xuntarnos todos contra do socialismo de González e Guerra.
Aillouse en Sarria, fíxose un avogado exquisito e especialista en algunhas materias do Dereito Civil Galego, -Montes veciñais mán comun, herencias e deslindes, o que lle valeu para ser membro de número da Academia Galega de Xurisprudencia. Era un articulista extenso e inmenso e un orador de categoría no foro e tamén fora del.
Fai anos mandoume xa fai nos un libriño que lle presentei en Lugo, no que falaba de Contos de pueblo, Contos de Sarria e téñolle por ler Un galego na Corte do Rei Sabio que me deu na última visita que lle fixen acompañando a Iván López para facer unha candidatura do PARTIDO GALEGUISTA en Sarria nas municipais de 2007.

Sem comentários: