23 de setembro de 2008

AS TAPAS DO SAN FROiLAN 2008



Escomenzou o día 13 ó xa tan mundialmente famoso Concurso de Tapas de San Froilán, no que, como xa sabedes, compiten os millores restaurantes de capital en diferentes categorías e fan unha tapa a un prezo módico, saíndo gañador o local que acade máis votos dos consumidores que a súa vez entran nun sorteo de regalos.
Marca o inicio das festas da capital e indicarvos que o ano pasado gañou o premio especial o Restaurante España, e polo camiño que imos hai tres ou catro que son especiais, pola presentación, polos ingredientes e a súa mestura e nalgúns casos entra polos ollos.
Ireivos informando nos comentarios sobor do que a min me vai parecendo, e que sen ser un lambón o bon e saboroso convence a calquera.

3 comentários:

Xaime disse...

Onte fun o AVE CESAR, do amigo José Manuel da Puebla de Brollón. un Viña Albina e unha Flor de Outono, de expléndida presentación, con unha crema a base de setas. 5 pt.
Tamén o Tirabeque de Juan e Laura. Un Viña Ardanza e bó estado e un galeguiño, é dicir, polbo a plancha con pataca en lonchas e un espumoso de mencía.4.
Aproveitei e de camiño para casa, e visitei o José Manuel do Porta Santiago. Un Lan crianza, rechazable pero unha máis que boa carrilleira de porco Celta ca que xa cenei.4
Seguireinos informando.

Xaime disse...

O venres tocou ir Os Tilos, onde serviron unha tortilla chourizo e setas, pementos de Mougán e unha loncha de xamón pasada pola plancha. Como cea non estivo mal, pero como tapa pasable, excesiva e claramente proposta como reclamo dun establecimiento acabado de remozar e dirixido exclusivamente a xente menuda pola cercanía dos Institutos. 3.
Achegueime o Campos, cunha máis que presentable tapa de bonito, con pan de Ousá. Notable. 6
Morriña no Pote, que como é tradicional boa cociña, bon material e como xa viña ceado, degustación cero. 5

A Conxurada disse...

A min paréceme unha idea fantástica!!!

un saúdo.