Os gobernos de Euskadi, Catalunya e Galiza rematan de firmar o que se denomina DECLARACION DE COMPOSTELA, que en esencia ven a reafirmar a singularidade das culturas das nacionalidades históricas asi como un acordo de iniciativas comúns na defensa da lingua propia.
Digo eu que servirá para algo, e non quedará nunha simple declaración de intencións.
Pero deberíamos pensar que a defensa da cultura e a súa valoración só se poder facer si existen e se teñen instrumentos políticos que a sosteñan. A min dame que os cataláns, que teñen unha industria e unha organización editorial impresionante, tanto en castelán como en catalán usan este tipo de documentos como ampliación do negocio, fidelización de posibles clientes e sobor de todo a amplicación dun mercado que a nosa lingua si a ten no ámbito galego-portugués, e si non baste somentes ollar que moita firma, pero cando se trata de asinar ou aprobar presupostos do Estado o partido do Conseller no Senado, vota en contra e a bon seguro que dos que veñen asinados hoxendía para Galicia, quitaránnolos e adxudicáranllos, como non, a sofrida e discriminada Catalunya.
Sen dúbida a partires de hoxe, cando nas Ramblas se escoite o camarero galego ningún se escaralle de risa polo seu acento e no metro de Bilbao se algunha avoa se dirixe o seu neto con un “Vas caer”, non se fagan comentarios sobor da cultura da muller.

En todo caso para cando un acordo bilateral co Goberno Portugués para normaliza-la lingua e a cultura irmán.
3 comentários:
Ola, don Xaime, non sabía que estrenara bló. Parabéns, pois.
E non sabe canta razón ten...
Pois dame a min que vai quedar neso, en mera declaración de intencións. Que é no que quedan a maioría deste tipo de iniciativas.
Saúdos.
Pero... ¿verdade que saliron guapísimos na foto?
Enviar um comentário