26 de setembro de 2010

SAN FROiLAN 2010


As barracas, os manteiros e os altofalantes das tómbolas dan a benvida a cidade en festas.

24 de setembro de 2010

PATRiCiA LEWiS


Algún día terá que parar esta barbarie. Nin se lle ocorra a ninguén máis pedirme a firma contra calquera carallada, se seguimos a matar mulleres e homes indefensos. Si consentimos que no nome da civilización se executen persoas, somos unhos malnacidos. Ide a merda.

16 de agosto de 2010

ViCTOR DE CEA

NAS MAREAS MAIS VIVAS DE AGOSTO
VICTOR DE CEA CUMPRE 44 ANOS.
OS CATIVOS, ROSA, JAVI, ARTURO, TONECHO E AS NOSAS DONAS
UNHA CEA DAS DE VERDÁ

13 de agosto de 2010

5 de agosto de 2010

SÁLVORA


O meu amigo Arume diría que Sálvora é un nome dunha illa italiana. Os meus fillos dirían que é un renglón dunha cantiga que dende pequenos tararearon no coche para que seu pai non se durmira, pero a realidade supera tódolos exemplos. Nestes días de moita calor e de luscos e fuscos interminables bon é rendirlle unha homenaxe a raíña de Arousa.

1 de agosto de 2010

NO CARREiRO CON ISABEL E CHiQUi


Este sábado, ca silueta de Sálvora dende o Carreiro, estivemos celebrando con Isabel e Chiqui que levan vintecinco anos xuntos. Houbo karaoque do Ché, despelote de César e estriptís de Carlos o son de Joe Cocker. Que ben entraba o Campillo reserva especial co paté de Sofía. Un pouquiño más tarde chegou Paula que trouxo o cartel da festa. Cas luces de Aguiño e Ribeira na outra banda, o sol tiznando de corres roxizos o horizonte escomeza o Agosto de calor.

SANTiAGO 2010


Este día do Patrón sempre lles fago polbo aos amigos e pasa por ser a primeira leria estival. O cefalópodo- Iago para máis señas- coceo decentemente, os cachelos sobraron e o viña Salceda foi o nexo entre a apertura e as gargalladas. Ola verán, ola amigos.
A imaxe é un cartel de Paula.