30 de novembro de 2007

I ENCONTRO DE POESIA

Hoxe pola tarde rematou o primeiro encontro de poesía galega, que clausurou o noso flamante ministro de Cultura, Cesar Antonio Molina, que anda moi ben informado sobor Federico García Lorca.
O evento organizado polo Concello, que quere conmemorar o VII cabodano da declaración de Muralla como Patrimonio da Humanidade, brindou a unhos cantos poetas recitar os seus versos nun marco ata agora pouco dado a esos actos, como é o Salón de Actos do Pazo de San Marcos, cedido pola Diputación de Lugo.
Algún día alguén nos explicará, seguramente o periodista Ignacio Elguero, cal foi o sistema de selección dos invitados, ainda que seguramente o xustifica que a totalidade do encontro foi retransmitido por RADIO 3, e deberían estar os máis coñecidos. Cito a modo de curiosidade os lucenses, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza, Arcadio López Casanova, Dario Xohán Cabana e Miguel Anxo Fernán Vello.
Moi pobres debemos andar de artesáns da lírica cando só estiveron eles. Algún día e non tardará moito citaremos os que podían estar e non estiveron.

A MORTE NO TRABALLO



Un día con outro ollamo-las novas e sempre hai un accidente de traballo que costa a vida a unha persoa, e sempre persoas humildes e traballadores non cualificados.
Tódalas mortes son evitables.
Non pode suceder máis, que pola precarización dos contratos, as xornadas de traballo interminables, a falla de seguridade e coñecementos técnicos dos operarios que traballan con máquinas que lles poder supor a perdida da súa vida; nós non nos podemos quedar de brazos cruzados esperando outra morte, e outra, e outra, non.
Hai que pedir responsabilidades a quen a ten, en principio a Administración pola falla de control e inspección no traballo, e logo o empleador que non evita por en perigo de morte a fin e a postre un igual.
Tomemos conciencia e evitémolo, como sexa.

29 de novembro de 2007

MALENI APROBADA



Se reprobar significa, suspender, quizabes nunca estivera máis xustificado a reprobación dun político, como a que na tarde de onte se tentou ca Ministra de Fomento.

O sucedido é que o BNG, optou por apoiar a quén fai tres anos chamara, o que todos sabemos o Plan Galicia, e sempre que nos visitou a pesares de non cansarse de repetir que os seus devanceiros foran galegos, en ningún momento amosou afecto nin apoio as demandas desta terra.
Cando esta ministra chegou o Goberno de Zapatero, por activa e por pasiva, José Blanco o primeiro, e tódolos que viñeron despois a pedi-lo voto os galegos nas xerais do 2004, prometeron manter unha discriminación positiva para con Galicia, que acababa de sufrir nas súas entrañas o desastre do Prestige, e o gran ZP, con Touriño no principios do movemento NUNCA MAIS, sempre aseguraron que Galicia ía ser tratada especialmente polo Goberno de Madrid.
Foi o desencanto xeral, cando na primeira visita que fai a ministra e ante a insistencia do personal, manifesta que o Plan Galicia foi un acto voluntarista pero que hai que atender outras necesidades máis importantes.
Lembrar o arreón que supuxo para Zapatero enfrontarse o Primeiro Plan Ibarreche nas Cortes o logo saír airoso da promesa que fixo os socialistas cataláns de que o Estatuto que saíra de alí, ía voltar indemne.
Apagando lumes por tódolos lados, o Noso País, ardendo por tódalas esquinas e Magdalena Álvarez que segue a sela ministra máis nefasta para Galicia dende que teñamos memoria.

26 de novembro de 2007

O GRELO DE OURO 2007


O Sábado 24, tivo lugar un acto que tivo certa transcendencia na prensa galega, xa que se lle outorgara a LA VOZ DE GALICIA, o Grelo de Ouro 2007, e como sempre celebrouse un acto en San Domingos de Bonaval a entrega do galardón neste caso a Santiago Rei, o propietario do grupo de comunicación galego.
Asistimos unhos douscentos patróns da fundación “AMIGOS DE GALICIA”, antes O Grelo, e acompañaron a noso presidente, Suso Busto, José Luís Méndez, mandamáis de Caixagalicia, o Alcalde de Compostela, Sánchez Bugallo e o Vicepresidente da Xunta, o omnipresente Anxo Quíntana, así como o homenaxeado o que se lle impuxo O GRELO DE OURO de este ano.
Cada un dos da presidencia discursou, sobor da importancia do Grupo La Voz, e Santiago Rei, leu un texto en galego, no que agradeceu a homenaxe e manifestou o sentirse honrado de levalo no sucesivo.
Despois da ofrenda floral a Rosalía, Castelao, Asorei, Brañas e Don Ramón Cabanillas, ofreceunos un Concerto o Orfeón Terra Nosa, que nos quentou un pouco dentro do ambiente realmente fresco que tiña San Domingos.
Desprazámonos posteriormente a LOS ABETOS, onde foi o almorzo o que non asistiu Quíntana si o resto, e sobor das 6 da tarde cada un para súa casa, despois de colaborar nun acto social relevante para a Fundación AMIGOS DE GALICIA, de Suso Busto e Manuel Piñeiro.

25 de novembro de 2007

AS MANS DO MEDO


O venres 23, presentouse oficialmente en Lugo, o último traballo de Miranda, As mans do Medo.
O acto que se celebrou no "Uxio Novoneyra" e xuntou a unhas ducias de lugueses, abriuno Manuel Bragado pola editorial, que deu dados biográficos e literarios de Miranda, acadando un interés e nivel intelectual máximo ca presencia do amigo ourensán Marcos Valcárcel, un dos persoaxes de actualidade na historiografía galega, en particular e na cultura en xeral, verbo a dixital, que fixo unha análise pormenorizada, para engarzar no tempo a novela fantástica, na que se encadra a última xeira de Pepe Miranda.
Aclarou que non era precisamente un libro xuvenil, aínda que leve esa etiqueta e foi diseccionando ca anuencia de Miranda a grande presencia na nosa literatura deste tipo de relatos. Dieste, Fole, Cunqueiro, palabras maiores nas nosas letras, e finalmente preguntounos en alto para que tamén respostara Miranda, sobor da pervivencia da novela de misterio, o desaparecer pouco a pouco o medio rural onde se desenrolou, ben a medio de lenda, a fantasía como orden literario.
Sen dúbida, Miranda, que naceu a carón da muralla, amosaranos o contrario.

22 de novembro de 2007

O AERODROMO DE ROZAS


Fai días saíu unha nova relacionada co Aeródromo de Rozas, que coidei que ía dar máis xogo no trapeleo local, e xa que non escoito nada, teño que manifestar que A Cámara de Comercio, está en negociacións ca Dirección Xeral de Infraestructuras do Ministerio de Defensa, para afrontar unha remodelación da instalación con vistas, o parecer, a unha cesión os empresarios lugueses.
Se eso fora así, non habería problema, pero.... pero, xa sabemos como as xogamos aquí, primeiro establecemos un contacto informal, logo chega o compromiso e a cesión a intereses privados que buscarán rentabilidade mercantil ou comercial,a marxe dos colectivos e provinciais, sin pensar que esa infraestructura dependente actualmente do Estado e nun futuro non moi lonxano, cos grandes portos comerciais de A Coruña, Ferrol e San Cibrao, ser un lugar estratéxico e loxístico de neste momento non acerto a explicar, pero que todo se impediría se pasase a empresa privada.
Todos temos claro que Rozas non podería competir como aeroporto comercial e de pasaxeiros, pero debemos estar alerta de que unha instalación, que está perfectamente asentada, delimitada, con unha conformación ideal, segundo os técnicos e sobor de todo de propiedade e interés público, polo arte de birbiriloque se nos poida escapar.

CHAVEZ


Un amigo a quen quero moito mandoume dende o outro lado do mar esta foto que el pensa vai sela milllor do ano 2007.
Ainda que prometín nin siquer mencionar o tema de Chavez, a verdade é que está dando moito que falar o fenómeno venezolano.
Comentan que ten moitos problemas internos, pero naide duda de que será Xefe do Estado e Presidente do Goberno de Venezuela vitalicio, co que eso significa, non só para os nativos senón para os occidentales que dependemos de como un túzaro como este se levante tódolos días para ter o custe da vida máis caro.