25 de novembro de 2007

AS MANS DO MEDO


O venres 23, presentouse oficialmente en Lugo, o último traballo de Miranda, As mans do Medo.
O acto que se celebrou no "Uxio Novoneyra" e xuntou a unhas ducias de lugueses, abriuno Manuel Bragado pola editorial, que deu dados biográficos e literarios de Miranda, acadando un interés e nivel intelectual máximo ca presencia do amigo ourensán Marcos Valcárcel, un dos persoaxes de actualidade na historiografía galega, en particular e na cultura en xeral, verbo a dixital, que fixo unha análise pormenorizada, para engarzar no tempo a novela fantástica, na que se encadra a última xeira de Pepe Miranda.
Aclarou que non era precisamente un libro xuvenil, aínda que leve esa etiqueta e foi diseccionando ca anuencia de Miranda a grande presencia na nosa literatura deste tipo de relatos. Dieste, Fole, Cunqueiro, palabras maiores nas nosas letras, e finalmente preguntounos en alto para que tamén respostara Miranda, sobor da pervivencia da novela de misterio, o desaparecer pouco a pouco o medio rural onde se desenrolou, ben a medio de lenda, a fantasía como orden literario.
Sen dúbida, Miranda, que naceu a carón da muralla, amosaranos o contrario.