13 de março de 2012

ENTOLEARTE


Eu apunteime o Entolearte, e tí ?

9 de março de 2012

CARLOS CASARES


Lembro como se fose hoxe, cando un amigo de Ourense me chamou para dicirme que morrera Carlos Casares. Antes de coñecelo persoalmente xa tiña lido ILUSTRISIMA e OS ESCUROS SONOS DE CLÍO, que me levaron a lelo diariamente na LVG cos seus inconfundibles A MARXE e eu diría xa imprescindibles para entender a actualidade da vida cultural galega de fin de século pasado. Seguilo a diario era como vivir con el, o seu gato, os seus compañeiros extranxeiros, as súas vivencias e ese profundo amor pola terra, que alomenos a mín deixoume pegada evidente.
Non podo esquecer unha teima que tiña que era que se comunicaba cos colegas europeus por medio dun trebello para o que se precisaban ordenadores pentium e conexión teléfonica que eu me desesperaba por que mo explicara. Un día en Lugo, diante de Julián Parga e de Benxamín Casal díxome que eso se chamaba INTERNET. Ah, dixen eu.

6 de fevereiro de 2012

TEATRO


Hai citas ineludibles. Cunqueiro agarda

13 de janeiro de 2012

ENTRE MARBELLA E TORREMOLiNOS


Unha visita virtual aquí http://www.susobarral.com/reigosa/

17 de dezembro de 2011

MARiA DO CEO


Este luns que ven, actuará a cantante de fados María do Ceo no Circulo das Artes de Lugo as 20'30 horas. A entrada é libre e xustamente por iso penso que haberá abarrote. Xa vos contarei

5 de dezembro de 2011

ACÓRDATE DA MURALLA


Nestes días celébrase a distinción que se lle deu a muralla de Patrimonio da Humanidade e vaise levar a cabo unha boa acción, encordala polos lugueses, como outros anos se arrodeou de libros, ou de mesa e manteis.

26 de novembro de 2011

PRAZA PUBLiCA


Onte presentouse na Galería Sargadelos de Lugo, PRAZA PUBLICA, un medio dixital en galego que tenta de escomezar a súa andaina. Tiñan previsto asistir a presentación Filipe Diez, Manuel Martínez Barreiro e Marcos Pérez Pena, pero Manolo por impedimentos de última hora non veu. Encargámonos aquí en Lugo, Xosé Manuel González mais eu, con escaso éxito, hai que dicilo e diante de unha ducia e media de persoas, foise explicando o proxecto Praza Publica. Filipe falou do medio e Marcos do contido, remarcouse o seu carácter galego en galego, progresista e plural, profesional e aberto a achegas exteriores. O coloquio posterior foi un laio polos medios que foron e non son, polo deserto informativo actual na nosa lingoa e pola premura que hai que ter para tapar ese valeiro na rede.


Praza pública é http://www.prazapublica.com/