24 de maio de 2009

MARCOS VALCÁRCEL, VOZ DE LIBERDADE

O venres pola tarde no Hostal dos Reis Católicos de Compostela, fíxoselle entrega a Marcos Valcárcel da distinción que Clube Pen de Galicia, lle concedera na súa última xuntanza.
Alí estabamos moitos dos que apreciamos tanto a persoa como a labor intelectual e cultural de Marcos, e como xa hai constancia periodística dabondo direi que me gustou o discurso de Tosar, Presidente do PEN, claramente reivindicativo neste momento en que disque hai un problema ca lingua, a presencia de Anxo Lorenzo, Director Xeral de Política Linguistica que terá que capear o temporal como sexa, e que aludíu a un Documento que a modo de Manifesto elaborarán o amigo Marcos e Afonso Monxardín no ano 2006, Falamos Galego, en positivo, que considera básico para entender o dilema prantexado.
Ocupámonos persoalmente de saudar a Anxo e amosárlle o apoio que precise nesta, insistimos, empresa na que está embarcado e que todos queremos que se solvente dun modo indoloro.
Como dende Ourense xa viñeran acompañando a Marcos, Monxardín e Trebolle, tamén houbo xuntanza dalgúns dos que como din somos o núcleo duro das Uvas da Solaina.
Despois en plena festa da Ascensión dimos unha voltiña pola Ferradura.

19 de maio de 2009

DiA DAS LETRAS 2009


Eu estiven en Láncara e me parece que con iso está todo dito

6 de maio de 2009

iNCiSiÓNS


Onte, martes, inaugurouse na Sá de Exposicións do Pazo de San Marcos unha orixinal mostra de gravados que os artistas lugueses máis representativos fixeron co galo do 75 aniversario da fundación do Museo de Lugo.
Nunha técnica distinta a súa habitual a verdade é que os artistas son recoñecibles pola súa obra.
As figuras femininas de Santiago Catalá, o colaxe de Xermán Refojo, as paisaxes urbanas de Prada ou de Guerreiro. Os seres de Honorio e a memoria de Alejandro Carro, como dicía, refrexan o gran nivel que están acadando os artistas lugueses.
Teño que recoñecer que a miña debilidade é Macía e neste caso cumpriu.
Noraboa para todos e tamén para Ignacio López, o responsable, que nestes casos non sei se será que ten máis aplausos que levar, polo traballo que imaxino fixo por ter que lear con todos estes para que cumpriran os prazos de presentación.

17 de abril de 2009

SEMANA DA MUSiCA DO CORPUS

Ten xa tradición dabondo en Lugo, que polas festas do Corpus, se faga unha semana de música, que neste ano toca a XXXVII.
Aínda que seguimos sen auditorio, os actos vanse celebrar nos actuais lugares máis axeitados, e dicir, na Igrexa de San Pedro aquelas actuacións onde predomina a corda e precisa dunha sonoridade especial, o Circulo das Artes para a opera e os coros, e as execucións virtuosas ou de instrumentos magníficos que se farán no local de Caixa Galicia que tamén participa na promoción da semana.
O concerto inaugural de música sacra de Haendel o 24 de Abril promete, e as participacións dos coros da Universidade de Santiago e do cuarteto de cordas da Real Filharmonia de Galicia son fitos dos que haberá que facer algunha reseña.

16 de abril de 2009

LEVANTE







Naide poderá negar que as mellores cousas chegan case por casualidade. Si, dese modo foi que hai anos, decidimos achegarnos a Levante na Semana Santa, a unhas desas cidades que a un xamais se lle ocorriría ir voluntariamente no estío.
Chegamos, ollamos, disfrutamos e voltamos cada ano. No capitulo de agradecimentos, primeiro a familia e logo os amigos, todos os que están na foto, diante dun local recén estreado.
So mirar para vós, xa esbozo unha sorrisa.

Inork ezin du ukatu gauzarik onenak ia kasualitate hutsak direla. Eta horrela gertatu zen aspaldi, Aste Santuan borondatez udan inori bururatuko ez litzaiokeen hiri batera, Levantera, joatea erabaki genuenean.
Horrela bada, heldu, ikusi, gozatu eta urtero itzultzen gara. Eskerrak emateko orduan, lehenengo familiari eman behar dizkiot, eta gero lagunei, ireki berria zen lokal baten aurrean ateratako argazkian agertzen diren guztiei.
Zuei begiratzeak irribarrea eginarazten dit.

Nadie podrá negar que las mejores cosas llegan casi por casualidad. Si, de ese modo fue que hace años, decidimos acercarnos a Levante en Semana Santa, a una de esas ciudades que a uno jamás se le ocurriría ir voluntariamente en el verano.
Llegamos, vimos, disfrutamos y volvemos cada año. En el capítulo de agradecimientos, primero a la familia y luego a los amigos, todos los que están en la foto, delante de un local recién estrenado.
Solo mirar para vosotros ya esbozo una sonrisa.


24 de março de 2009

XORNADAS SOBRE RAMON PIÑEiRO



Onte, nun acto solemne, inauguráronse na Diputación unhas xornadas sobre Ramón Piñeiro que se fan baixo a dirección da Fundación Carlos Casares. Son as primeiras que se fan no ano de Piñeiro, ainda que deben ser para xubilados e pensionistas xa que hai moitas comunicacións que son pola mañán.
Na primeira xornada, celebrarónse as comunicacións de Carlos Barros a que non puiden asistir por cuestións profesionais, pero sí a de Justo Beramendi, que tratou sobre a relación que houbo entre Ramón Piñeiro e o nacionalismo galego. Foi moi amena, como case sempre son as do profesor Beramendi, que sintetiza catro etapas na vida política do de Láncara, unha primeira nacionalista, ata a guerra civil, unha galeguista militante ata a fundación de Galaxia, unha terceira de compromiso cultural e finalmente a do afastamento do galeguismo militante e do nacionalismo.
Pola tarde, co tema da saudade como fío, Carlos Fernández, tamén dun modo profesoral e pedagóxico expresounos a metáfora que Piñeiro usou do termo saudade como Galicia, como expresión política e filosófica do país. Achegou datos sobor da especialización dos homes de Galaxia e dos cometidos que lles ía encargando Ramón Piñeiro como piares de Galicia, a Paisaxe, o Lirismo, a Saudade e o Humor, que foron amplamente tratados tamén nos cadernos de Grial.

7 de fevereiro de 2009

NEVADAS E HUMiDADES


Dicía hai días que chegara o inverno, pero non adiviñaba que fora ca crudeza que veu. Facía tempo que non había neve permanente nos tellados, e que os paxariños non andiveran polo xardín a diario. A chuvia e grosa e permanente, e so descansa para dar paso o copo de neve e o grau de xeo. A friaxe tamén inhibe as ganas de escribir, de relacionarte, de comentarte, pensando que o outro bastante ten enriba. Agora mismo está saíndo unha raioliña de sol, e a calor que transmite e a claridade que trae agradécese, pero negros nubarróns están esperando para saltar encima do mercurio para rebaixalo do cero. Haberá que abrigarse, votar man dun libro e deixarse ir.