30 de setembro de 2008

SANTA EULALiA DE BÓVEDA


Onte, luns, asistín a unha conferencia interesante que se celebrou, como non, na galería Sargadelos.
Dicía que prometía a charla, xa que se trataba de presentar diante do público un traballo colectivo encol do monumento de Santa Eulalia de Bóveda, ó que representou, ó que representa e ó que aínda ten que representar no arte galego.
Despois da presentación de Felipe Arias, que era, xaora, como Director Xeral de Patrimonio, quen patrocinou a publicación, expuxeron os catro autores cada aportación a obra.
Moi polo miúdo, sinalo que Enrique Montenegro, mencionou as aportacións bio-bibliográficas existentes e clasificou os diferentes traballos e métodos das intervencións en Bóveda, Rebeca Blanco, aclarou sobor da súa especialización arquitectónica do monumento, Rosa Benavides, unha verdadeira especialista de Santa Eulalia, fixoó das pinturas e dos elementos decorativos do conxunto, que cualifica como realizadas con técnicas do arte romano, aínda que foran executadas posteriormente e por último Cesar Portela, disertou sobre das diferentes intervencións de conservación do entorno na aldea de Bóveda, que na súa opinión non só e importante o monumento senón as características propias do entorno rural e cívico, segundo entendín eu.
Rematou cun cativo coloquio, xa que o tema era realmente técnico non sen antes advertir Felipe Arias, que Nicandro Ares, un dos asistentes o acto, a quen se lle debe moito do valor que ten Bóveda como ben de cultura material galego.

3 comentários:

Anónimo disse...

A primeira vez que visitei Santa Eulalia de Bóveda, haberá máis de trinta anos, fiquei alucinado. Debería vela hoxe de novo.

Un saúdo.

Xaime disse...

Efectivamente Api, é un conxunto espectacular a pesares de que se fixeron moitas barbaridades, e que co argumento da autoridade académica que como saberá cambia cada ano, cada un fixo o que lle veu en gana.
Hoxe, parouse e xa pinta millor por que hai un conservador permanente que para calquera cata precísase a súa firma, que non lla da a calquera precisamente.
Teríamola que ir ver todos de novo, e ainda cando un entra sinte ese halo de misterio que a rodea - Prisciliano quizábes-.

Anónimo disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,