24 de agosto de 2011
ELENA E MANUEL ANTONIO
Teño que escomezar por dicir que cando Manuel Antonio me dixo que lle gustaría que leera un texto orixinal meu na cirimonia da súa voda, non pensedes que me meteu nun compromiso, de ningunha maneira, acetei encantado e tamén me sentín moi gabado de que pensara que eu podería adornar literariamente un acto tan importante para as súas vidas.
Teño que advertir que non son máis amigo do un que do outro e a pesares de que teño máis relación con Manuel, coñecìnos os dous case o mesmo tempo cando escomenzaron a saír xuntos, seguimos o seu idilio e observamos que entre os dous había unha grande sintonía ademáis de que non había máis que miralos para saber que estaban e na mo ra dos.
Seica nunha voda ten que haber algo novo, algo vello, algo usado e algo azul e agardo que o longo desta celebración vaian saíndo estas ideas dos noivos e de nós mesmos.
Novo está bastante xunguido con novedade é está claro que non vai ser unha novidade a convivencia en común daqui en diante para os nosos amigos. Levan convivindo xuntos moitos anos para que chegaran a conclusión que este acto, avale civilmente unha relación que non precisaban de cara para nós pero que sen dúbida pon un antes e un despois na relaciòn de parella.
Algo vello, poderíamos facer un chiste e dicir que Manuel xa non está para estos trotes pero pola súa cara denota que vaise facer pasar por novo e Elena así o recibe.
Vou trocar o de usado por prestado xa que preciso esta figura retórica para continuar na miña alocución xa que dí a costumbre que si se usa algo prestado dun amigo atraese a felicidade para o futuro dos noivos. Manuel Antonio e Elena, Elena e Manuel Antonio prestámosvos toda a nosa felicidade para que a disfrutedes no futuro e que lembredes este acto como tanta ledicia como vos desexamos, agardo, todos.
Algo azul, algo azul, si vexo algo azul, pero dame que sabendo quén oficiou a cerimonia e de qué partido son estos páxaros non fai falla advertir azul por tódalas partes.
O que si me vou a permitir unha licencia e deixar a nosa lingua para expresar algo que é bastante común nestos actos e con esto remato:
VIVAN LOS NOVIOS.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário