Sempre que vexo esta escea de Tiépolo, síntome un pouco atrapado. A enigma para mín, e que ningún dos suxetos representados ten a vista nun lugar común e de aí que o autor, cando pinta esta Natividade, recrea unha postal biblíca, na que a Virxe reflexa certa submisión e a súa función de nai e procriadora sen máis. Namentras o crío mira para arriba, nunha expresión de dominio e impertinencia, na que se delata unha ollada a un futuro incerto e sorpresivo, e apresa dunha parte a súa nai e doutra o animal que tamén aceta a súa presencia, pero está axeno o dúo, expresando a irracionalidade. Non hai por tanto ningunha circunstancia normal na escea, todo lles ven dictado e a pesares de seren os suxetos, son dependentes.
Esto ven, xa que no primeiro de ano, sempre hai algo que está e algo que escomeza, sin que os nosos obxectivos sexan os dos máis, nin siquer a propia familia como grupo humano máis perto, persiga neste próximo ano os mesmos horizontes, puntos de vista nin fixacións. Quizabes sexa esta a sociedade que construímos, na que todos como as figuras do fresco de veneciano, mira para o seu lado, se aceta a estancia provisional no tempo, hai puntos de atención distintos dos suxetos e a función tela marcada e ditada nun guión escrito para cada un seo.
Feliz ano.

Sem comentários:
Enviar um comentário