27 de maio de 2008

BACABÚ

Que lles vou a contar eu dos BACABÚ. Efectivamente como xa contan eles todos escomenzou no Mesón do Forno do Carreira, pero xa tiña trazas cando aló polos 80 andábamos a voltas co Atlántico Expréss.
Escomenzarei por dicir que qué o Museo Provincial adique catro salas durante un mes a este colectivo, supón que realmente os artistas son competentes e que si son capaces de encher unha exposición colectiva reflicte a gran anovación artística e plástica que supón para Lugo, estes cinco nomes.
Xermán Refojo, profesor na Escola de Artes Aplicadas onde todos coincidimos a finais dos 70, aporta o collage, a técnica mixta, acrílicos de color fundido, a idea e o contido con mensaxe. Sempre expresa nos seus cadros unha mensaxe que tes que descubrir e asumir.
Santiago Catalá, gran arquitecto, xenial debuxante e compositor de pequenas figuras femininas expresando sempre formas de ser e de estar. Colores tenues, case de banda deseñada, con tintes como dicía expresivos e rompedores de tabús desnudos.
Javier Espiral, o eterno pintor de toureiros e boxeadores, que atopa no mundo dos obxectos a súa emoción plástica. Manexa con mestría o color e a forma, denota espontaneidade e acolle con gusto o cotián na súa obra, xa moi grande e de valor.
Honorio expón, obra gráfica insuperable e pequenas figuras en pasta de papel,madeiras e bronces que confirman a súa valía artística e dominio do espacio e do color. Pequenos seres, poliformos, polícromos, asexuados, torsos e dorsos adornados con sutís toques de colores ben acoplados. O dominio de Honorio ante a figura humana e absoluto, xa que a desmenuza en pequenas variables estructurais que se xunguen no espacio.
Bordell, son animaladas de color e expresionismo, de seres provocadores e deformes que se miran o sexo e loitan por saír do cadro para atopar na composición un gran teatro do mundo, unha fiestra colorista e provocadora.
Sería imperdoable que non se aproveitara esta ocasión de velos todos xuntos como cando estaban na Praza do Campo, 1.

3 comentários:

Anónimo disse...

Só unha pregunta:
Bacabú ven de "Baca-burra" (Vaca-Burra)?.

Xaime disse...

Chi lo sá. O nome púxollo Bordell, que é así como o ideólogo do desbarre e seguramente lles gustou os mais e xa lle debe ter unhos vinte anos.
Entre todos fixemos unha revista en Lugo, Atlántico Express, a finais dos 70 primeiros 80 da que algún día lle farei chegar algún exemplar.

degalicia.es disse...

Nesta dirección podeis ver un percorrido panorámico das catro salas que acolleron a exposición do grupo Bacacú no Museo Provincial de Lugo: http://degalicia.es/bacabu

Premando sobre cada obra podeis obter información e abrila para vela en primeiro plano