14 de novembro de 2010

JAZZ EN LUGO


Xa levamos unhos días con un dos acontecimientos nos que Lugo é acolledor. A música jazz, esa mistura de ritmo e virtuosismo, extraña para as nosas contornas enche de notas cálidas este outono. Haberá sucesos importantes, actuacións memorabeis das que vos terei informado. O programa en http://www.jazzlugo.com/.

27 de outubro de 2010

REAL ACADEMiA GALEGA


O domingo por estas datas sempre e impulsado polas Asociacións do Val de Láncara faise entrega dos Premios Ramón Piñeiro que este ano recaeu na Real Academia. Foi un acto bonito, ben pensado, ca asistencia como sempre de xente do Concello e arredores, moitos Académicos co seu Presidente, Ferrín, a cabeza.
A ponte de Carracedo foi testemuña calada dun acto reivindicativo da nosa lingua, significando que D. Xusto Beramendi fixo un monumento literario na súa intervención da importancia e avatares da Real Academia Galega.
Ten moita coña que Luis Méndez Ferrín recibira o premio Ramón Piñeiro, seu amigo, dixo. Non hai millor cousa para que as xenreiras se esquezan que o paso do tempo

19 de outubro de 2010

CANCRO DE MAMA


Hoxe Lugo celebrou dunha maneira singular o día do Cancro de Mama. Aproveitando a commemoración da declaración de Muralla, Patrimonio da Humanidade, encitouse todo o seu adarve cunha cinta rosa e púxoselle na Mosqueira unha bonita paxariña.

18 de outubro de 2010

AS SAN LUCAS


Este domingo achegueime a Mondoñedo e disfrutei dunha feira de moitos séculos. Sempre agardas a sorpresa de atopar a D. Alvaro.

15 de outubro de 2010

26 de setembro de 2010

SAN FROiLAN 2010


As barracas, os manteiros e os altofalantes das tómbolas dan a benvida a cidade en festas.

24 de setembro de 2010

PATRiCiA LEWiS


Algún día terá que parar esta barbarie. Nin se lle ocorra a ninguén máis pedirme a firma contra calquera carallada, se seguimos a matar mulleres e homes indefensos. Si consentimos que no nome da civilización se executen persoas, somos unhos malnacidos. Ide a merda.