4 de dezembro de 2007

INFORME PISA


O parecer tivemos sorte de que accederamos o informe PISA, denantes de que fora cociñado polos técnicos do Ministerio de Educación do Goberno de España, como se dí agora.
E que é o informe PISA, pois moi someramente, é un estudo períodico entre escolares de 15 anos de todo o mundo no que se avalía o rendimento educativo, nas diferentes materias, primordialmente leitura, matemáticas e cencias (PIRLS 2006. Assessment Framework and Specifications).
Non hai demasiadas novidades entre os paises millor puntuados, aínda que si se nota que os hai que tomaron medidas e o mesmo tempo se asustaron dos índices que acadaban os seus escolares, por exemplo, Alemaña e Austria, e non se entende o fracaso de Suecia e Francia.
Xa no ano 2003, Finlandia, era o estado no que os seus escolares acadan millores índices de comprensión nas materias avaliadas, e España, despois de 15 anos segue a estar no lugar 31, entre paises que non invirten tanto en ensino e que nin por asomo teñen o noso nivel económico.
A cousa é que ca cantidade de plans de estudios que se están a implantar, modificar e reformar o longo deste quinquenio demóstranos que a educación que se esta a dar os xovéns non millora o seu rendimento nin o nivel de coñecementos se incrementa, polo que hai que busca-las causas,. tomar medidas e pedir responsabilidades.
Non quero entrar a valorar as mostras dos escolares galegos, xa que son igual de malas ou igual de boas que o resto dos das outra comunidades.
Só dicir que en Finlandia no ensino primario non é obligatoria a asistencia a clase, e para acceder os niveis superiores de estudos, compre acadar unha serie de coñecementos acreditados a traverso de probas, que aquí se evitan co acceso a colexios privados ou repetindo varias veces.
Falla, pois, profesionalidade nunhos, coñecemento noutros e responsabilidade nos que se escudan en que todo ven de anos atrás.



2 comentários:

Ana Bande disse...

Concordo con vostede.Veño de dicir o mesmiño, hai que pedir responsabilidades, e por comezar por algún sitio, non estaría de máis empezar polo sistema de acceso á ensinanza secundaria que se está a implantar, que de seguir así, nos garante con total seguridade un declive nesta ensinanza para os próximos 30 ou 40 anos que é o que dura a vida laboral destes "novos fichaxes".

Xaime disse...

O meu é un berro como pai e observador, pero non sei siquera onde haberia que empezar