16 de julho de 2007

PARA UN MENIÑO DE PONTEAREAS



Pelexade polo inferno dos lumes
Acusádevos mutuamente
Traicionade a pureza
Brutos

Despelexadevós pola miseria do tren
Euros para aquí e para acolá
Outa velocidade
Merda

Comisionádevos para reformar
dictade artigos os medios
desinformade
Mentira

Seguide a enchernos de progreso
de cidades de incultura
de redes de soedade
Inferno

As cotas do leite que se verte nos híper
Abundancia e benestar
Mesquindade
Fame

Nin pan nin chiculate, nin bicos de boas noitas
Nin arroz nin nada
Ide e contádeo
Morte

3 comentários:

Xaime disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Xaime disse...

Este berro, saíume cando souben que en Ponteareas morrera un neniño de fame.
¡Deixarono morrer de fame¡

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.