6 de maio de 2019
GALEUSCA
O pasado 26 de Abril tivemos no Ateneo a Xosé Estévez para falar de Galeuzca. Como a conferencia foi moi ilustrativa e acaída os tempos que corren, pedínlle que me deixara o texto ou guión que seguiu que reproduzo na súa integridade
CONCLUSIÓNS (conferencia, Lugo, 26-abril-9) -1-O Galeuzca foi un movemento estratéxico de unión e solidariedade entre os nacionalismos galego, vasco e catalán, co obxectivo de acadar o autogoberno para as tres nacións, que moitos situaban na autonomía, outros na federación ou confederación e algúns directamente na independencia.
2-Até 1923, ano en que se artellou a Tripla Alianza os pactos, acordos, manifestos e conversas foron bilaterais: galegos-cataláns ou vascos-cataláns. Agás a Triple Alianza de 1923, o Pacto de Compostela ou Galeuzca de 1933, a Declaración de Barcelona de 1998 e o seu derivado, o Galeuscat do 2005, tódolos demais proxectos producíronse no exilio, obrigado por dúas ditaduras, a primorriverista e a franquista, facendo inviable a súa operatividade nos respectivos territorios nacionais.
-3-A primeira avinza trinacional foi A Triple Alianza do 11 de setembro de 1923. Configurouse nunha crítica conxuntura do Estado Español (1917-1923), rexido pola monarquía borbónica de Alfonso XIII. Tiña un obxectivo nidiamente arredista e incluía dáas alusións á loita armada no caso de que non fora posible outra alternativa. Este acordo foi asinado por case tódalas forzas nacionalistas das tres nacións, agás CNV (que pospuxo a sinatura após a celebración dunha asamblea non celebrada por mor do golpe de estado de Primo de Rivera ), a LLIGA e recén nada USC. Asinaron o pacto Acció Catalana, Estat Catalá, Unió Catalanista, PNV, ING e Irmandades da Fala. Mesmamente o exército adiantou o golpe militar do día 15 ao día 13 de setembro. Fracasou pola actuación interdependente de diversos factores internos e externos, entre os que salientou o golpe de estado de Primo de Rivera do 13 de setembro de 1923. Emporiso, esta Alianza ficaría para a posteridade como mastro e fito referencial obrigado nos contactos vindeiros
-4-Os pactos configurados no exilio galo durante a ditadura de Primo de Rivera (1923-30) en 1924 e inseríanse na estratexia do catalán Francesc Maciá a prol do derrubamento pola vía armada do réxime ditatorial e monárquico español deica a fracasada invasión de Prats de Mollò en 1926, co apoio engadido de forzas españolas da oposición, a CNT e o PC. O citado fracaso provocará o desleixo da opción insurreccional e procurará unha liña política, que abranguía ás forzas españolas de oposición. Esta ruta de actuación acimará no Pacto de San Sebastián de agosto de 1930, do que estivo ausente o nacionalismo vasco e o galego só se viu representado de xeito indirecto. Das tres pólas foi nidia a febleza galeguista, a ausencia nacionalista vasca e so salientou a fortaleza catalanista.
-5- A instauración del réxime republicano e o debate da nova constitución no outono de 1931 doaban, en principio, unha xebre tesitura para constituír un bloque trinacional nas Cortes co obxectivo de estruturar o Estado español con unha feitura federal ou confederal. Non se acadou, entre outras razóns pola falla dese bloque. Configurouse unha articulación territorial rexional, híbrido, o Estado integral, semellante ao actual Estado das autonomías. Perdeuse unha grande oportunidade histórica (a primeira foi a non nata constitución federal de 1873) para constituír, alomenos, un Estado federal.
-6-O Galeuzca ou Pacto de Compostela, artellado no verao de 1933, con prolegómenos na primavera, sitúase na tarefa de axilizar os procesos estatutarios vasco e galego, de desatoar os continuos atrancos que se interpoñían ás transferencias a Catalunya e de procurar un troco no réxime republicano, retornando ao primixenio senso federal. Ademais da vertente político-lingüística-cultural, asinada en Compostela o 25 de xullo e roborada en Bilbo o día 30, o Galeuzca do 33 tiña tamén outra de carácter internacional, pois tencionaba presentar na Sociedade de Nacións o contencioso periférico trinacional de maneira unitaria e conxunta. A problemática catalana e vasca xa foran presentadas nese foro internacional en 1926 e 1930, pero a galega aínda non, facéndoo mesmamente pouco tempo despois, no mes de setembro. Neste pacto interviron tódalas forzas políticas do espectro nacionalista das tres nacións, agás a minoritaria Nosaltres Sols. Non cabe dúbida que este pacto e a Tripla Alianza de 1923 foron os máis unitarios. O Galeuzca foi esmorecendo por mor dunha ringleira de atrancos internos e externos: -a-Enfrontamentos e diverxencias entre as forzas asinantes. -b-Incumprimento de acordos comprometidos durante a viaxe. -c-Influxo negativo da nova conxuntura outonal, co trunfo das dereitas nas eleccións xerais do 19 de novembro e a instauración do bienio negro. O PG nin sequera obtería deputados e o PNV.
O Galeuzca só se animou efémeramente en curtas e puntoais actuacións case simbólicas entre o outono de 1934 e febreiro de 1936 (Inconstitucionalidade da Lei de Contrates de Conreu, Estatuto do Viño, asamblea de parlamentario de Zumárraga, Revolución de Outubro). Mencionouse na celebración do xuicio ao Goberno Catalán en 1935 e novamente nos meses transcorridos entre febreiro e xullo de 1936. Pero o levantamento militar impuxo outras prioridades.
-7-A Guerra Incivil proporcionou unha inagardada plataforma para amosar a solidariedade galeuzcana no seu estado máis limpo e efectivo, o que devén non doado en virtude dos diferentes intereses en xogo sempre presentes nas relacións humanas de calquera tipo que sexan. O Goberno catalán subministrou toda clase de axuda aos vascos, incluída a instalación do seu goberno, de numerosos refuxiados en Catalunya e o mesmo ocurriu cos galegos leais á República.
-8-En 1940-41 comenzan de novo no exilio os contactos trinacionais en Londres e sobre todo en Bos Aires, onde os cabezaleiros nacionalistas das tres comunidades galeuzcanas asinaron un pacto autodeterminista en maio de 1941 e de novo outro a cargo de tódolos partidos e sindicatos nacionalistas galegos, vascos e cataláns en decembro de 1944 en México.
-9-No período 1944-46 houbo multitude de anteproxectos e proxectos galeuzcanos, configurados diante o previsible derrubamento do réxime franquista tras o trunfo aliado na II Guerra Mundial. A vitoria aliada doou grandes esperanzas en tódalas forzas españolas da oposición. O mesmo Consello de Galiza nacera a finais e 1944 baixo o pulo indicativo de José Antonio Aguirre a Castelao para asinar un galeuzca integrado por tres gobernos. Os persoeiros negociadores das tres nacións, personificados en Castelao, José Antonio Aguirre e Carles Pi Sunyer, tencionaban mediante un galeuzca rexo ocupar un posicionamento sobranceiro de presión no intre en que se producise a previsible derriba do franquismo polos aliados, a reinstauración dunha III República e dos correspondentes Estatutos de Autonomía de tal xeito que se transitase deica un Estado confederal. Pero os feitos non aconteceron desa maneira. Unha rolda de factores impediron esa pretensión galeuzcana.
-a- O franquismo foise afortecendo paseniñamente grazas ao apoio estadounidense e británico.
-b- Xa se albiscaba a implantación da Guerra Fría e dun sistema mundial bipolar, no que o férreño réxime anticomunista de Franco era considerado polos aliados como un rexo e estratéxico baluarte, “centinela de Occidente”, portavión anticomunista no estremeiro occidental de Europa..
-c-A fragmentación e divisións internas entre as forzas republicanas da oposición: comunistas, diferentes correntes republicanas, socialistas (negrinistas, prietistas e llopistas)
-d- Partillamentos dentro do terreo nacionalista catalán tanto no exterior como no interior (principalmente entre os siareiros do Consell Nacional Catalá e os do Goberno Catalán)
-e- As dificultades de acción e contacto das forzas clandestinas no interior.
-f-O tombo do goberno Giral no exilio a comenzos de 1947, co unha clara responsabilidade dos socialistas prietistas.
-g-A oposición da ANFD, especialmente o representante cenetista do interior, Luque, ás pretensións de Galeuzca.
-h- Sobre todo as presións socialistas prietistas contra o Galeuzca sobre o goberno vasco, reconstituído tralo pacto de Baiona na primavera de 1945.
-10-Os comunicados, avinzas e manifestos galeuzcanos de Bos Aires e Caracas en 1958-59, de xorne autodeterminista e arredista respectivamente, están vencellados a unha coxuntura na que sobrancean alguns elementos: a consolidación do réxime franquista (tra-lo Concordato co Vaticano e o Tratado cos EEUU en 1953 e a entrada na ONU en 1955), o apoio de la ONU aos procesos anticolonialistas mediante a aplicación do dereito de autodeterminación (aínda que aplicando a teoría do mar por medio), a implantación da democracia en Venezuela, o trunfo da revolución en Cuba, o desengano en certos sectores nacionalistas pola pretendida o real inactividade da forza nacionalista tradicional vasca, o PNV, as acusacións de entreguismo e inoperancia contra a Generalitat, presidida por Tarradellas, a emerxencia de grupos radicalizados nos tres nacionalismos, partidarios da independencia (Xosé Velo, Andima Ibinagabeitia, Dr. Juanola, Pella i Fargas etc.) e o memorando do Goberno Republicano no exilio emitido en 1959 polo presidente Félix Gordón Ordax, que ninguneaba as autonomías rexionais. O Galeuzca de Caracas presenta algúns rasgos novidosos:
-Unha indirecta alusión á loita armada contra as ditaduras ibéricas: franquista e salazarista.
-O chamamento a participación nunha fronte antidictatorial de outras forzas obreiristas e democráticas españolas e portuguesas.
-A creación de “grupos de acción”, dirixidos polo galego Xosé Velo.
-Este pacto sería a orixe do DRIL, grupos que secuestrou o 22 de xaneiro de 1961 o buque Santamaría.
-11-Os contactos galeuzcanos celebrados en París entre 1966 y 1970 empurrados polo catalanista, Josep M. Batista i Roca, presidente do “Consell Nacional Català”, coa intervención de Javier Alvajar, Delegado do Consello de Galiza en Europa, e sobre todo coa de Manuel de Irujo pola banda vasca non frutificaron, porque vascos e galegos opoñíanse a deixar de lado nas conversas e pactos á Generalitat, presidida por Tarradellas, pois considerábana coma o lexítimo goberno catalán no exilio.
-12- Na tesitura do inmediato postfranquismo, en setembro de 1976, só se produciu un apoucado pacto Galeuzca por parte de tres forzas minoritarias: PGSD, ESB e PSC-REAGRUPAMENT, partidos que foron engulidos na voráxine da Transición, desaparecendo ou integrándose noutros. Emporiso, nas Cortes, onde se discutía a nova Constitución de 1978, non houbo un bloque Galeuzca. Foi outra oportunidade histórica desaproveitada para acadar un estrutura política do Estado confederal, moi desemellante á das Autonomías, que en realidade parécese moito á da Constitución republicana (negaba expresamente a Federación de rexións no art. 13), agás a introdución do termo “nacionalidade” (Art. 2)
-13- Dende 1978 e deica 1998 só houbo contactos e acordos moi parciais para artellar coalicións bilaterais ou trilaterais de cara á participación nas eleccións ao Parlamento europeo en 1987, 1989, 1994, etc.. A Declaración de Barcelona e as seguintes de Vitoria-Gasteiz e Santiago en 1998, seladas por el BNG, PNV e CIU nunha conxuntura moi esperanzadora para Euskal Herria, ao coincidir con unha tregua de ETA e a declaración de ESTELLA-LIZARRA, procuraban a implantación e difusión de unha nova cultura política que recoñecese o carácter plurinacional, plurilingüístico y pluricultural do Estado español. Tamén, con aínda máis carraxe que en 1923 e 1933, reaccionou iradamente a prensa española e os partidos estatais, principalmente o gobernante, o PP, distinguíndose nas críticas o daquela ministro de Administración Públicas, Mariano Rajoy. O Galeuscat do 2005, que englobaba aos mesmos actores políticos, camiñaba por semellantes canles programáticos. De tódalas maneiras, intereses externos e internos coutaron a súa efectiva operatividade e as rendas nas Cortes foron cativas. Un historiador honesto e espilido, emporiso, sabe que a historia é unha competición longa e sinuosa, un río caudal, cuxas augas, ás veces, mergúllanse no silencio dos cavorcos para rexurdir despois co vizoso estourar das cachoeiras. Por iso, os procesos e acontecementos históricos só poden analizarse e entenderse globalmente dende o outeiro dun “tempo” xa sazonado. Estamos mal acostumados a ollar resultas inmediatas e palpables.
-14- O movemento Galeuzca foi suscitado ou revitalizado en situacións estremas o en tesituras de cambio, torpedeamento, parálise, exilio e crise, converténdose nun fito emblemático nos vencellos trinacionais periféricos. Algúns historiadores atribúenlle un carácter utópico e unha nula ou escasisima operatividade, unha emotiva e desmesurada mitoloxización e manifestos incumplimentos nos acordos. Sen embargo, estas características son as mesmas que en numerosas ocasións podemos observar nas relacións e pactos asinados polos Estados nacionais. Estes con fartura e desvergoña pasan os seus acordos por onde se cruzan os pantalóns. O feito de que o Galeuzca se teña empoleirado como un fito emblemático recorrente e se teña concretado en pactos cíclicamente asinados, así como a reacción enrabechada e o receoso temor que orixina nas fileiras do nacionalismo xacobino hispano, tanto da dereita como da esquerda, demostran algo máis que unha simbólica referencia. Non habería que menosprezar un galeuzca totalmente unitario e perfectamente ensamblado. Este sería unha xebre plataforma trinacional periférica para acadar unha configuración recoñecida dun Estado plurinacional. Calquera historiador sagaz non debería esquecer que os nacionalismos non poden disecionarse coa asepsia analítica do puro dato documental escrito. Nos nacionalismos están implicados ingredientes, mitos e aglutinantes non só estruturais ou conxunturais, senón persoais, emotivos e relixiosos, no senso do religare latino. Estes elementos subxectivos e referentes simbólicos de forte carga sentimental son capaces de sacar a un Pobo do po da memoria e incorporalo ao carro da historia.
-15-Quixera subliñar o pensamento de Castelao encol do Galeuzca e da estructuración política non só do Estado español, senón tamén da Península. Consideraba a península ibérica como un rico mosaico plurinacional. A única plasmación e solución real viría a través dunha articulación confederal peninsular, posto que tamén Portugal entraría a formar parte integrante desta estruturación. O seu pensamento podería sintetizarse nas seguintes ideas:
-a-O carácter plurinacional do Estado español, que implicaba necesariamente a soberanía nacional de cada nación.
-b-O recoñecemento e aplicación do dereito de autodeterminación para acadar a soberanía nacional, dereito que implicaba a solidariedade cos demais Pobos ibéricos.
-c- A forma republicana de goberno en cada nación, con un réxime democrático de liberdades e progresismo social, rexido polo pacifismo e a cooperación no ámbito internacional.
-d- A independencia de cada nación sería un desideratum final, pero para as nacións pequenas a Federación ou Confederación era máis axeitada. Polo tanto, o sistema de Estatutos de Autonomía era un procedemento puramente circunstancial, continxente e temporal.
-e-A estruturación confederal debería ser ibérica. Polo tanto, abranguería tamén a Portugal co fin de constituír unha Comunidade Ibérica de Nacións mediante unha alianza o unha Unión entre elas, libremente elixida por elas mesmas mediante pactos voluntarios e libres.
-f-Para chegar a ese artellamento confederal ibérica o movemento do Galeuzca cumpría múltiplas e primordiais funcións.
-16-Os historiadores ás veces por mor do rigor académico abusamos da épica e aparcamos trabucadamente a lírica. As dúas non rifan entre elas. Por iso quixera rematar estas conclusións con unha declaración de amor. Fai moitos anos que vivo en Euskal Herria, quen robouru a conciencia da miña identidade primixenia e dooume pan, fogar, traballo, agarimo e familia. Tiven a inmensa sorte de nacer nunha pequena vila, Quiroga, bicada polo río Sil na beira sur da provincia lucense. Estudei 8 anos no Seminario desta cidade ao que lle agradezo sinceramente esa formación integral e humanista. Pertenzo a un País, Galiza, cas sebes ó alcance da mao, dende o Padornelo á Garda, dende o Cebreiro a Fisterra pasando por Lugo e Compostela. Dentro habitan uns homes e mulleres que case nos vemos acotío, falámonos tódolos días e imaxinámonos tódalas noites. As persoas non temos xeralmente capacidade emotiva de longo avanzo. O patriotismo é un sentimento dabondo intenso como para ser dabondo extenso. Ten tanta calidade que non precisa moita cantidade. Séneca dicía:”nemo quia patriam magna est amat, sed quia sua”, “Ninguén ama a súa patria, porque é grande, senón porque é a súa”.
20 de abril de 2018
ABUR, ETA
Nesta casa denunciamos o terrorismo, puxémonos do lado das vítimas, choramos as mortes de gardas civís e demáis asasinados pensando na sinrazón e cobardía de quén na escuridade concebida ésta como a parte da humanidade que mata, hoxe non podemos por máis que aledarnos que ETA adiante a súa disolución e pide un cativo perdón, aínda que manifesta a súa derrota e sinala que seguramente era prescindible na loita do país basco pola súa liberación.
Velaquí, o comunicado
"ETA, organización socialista revolucionaria vasca de liberación nacional, quiere reconocer mediante esta declaración el daño que ha causado en el transcurso de su trayectoria armada, así como mostrar su compromiso con la superación definitiva de las consecuencias del conflicto y con la no repetición.
En estas décadas se ha padecido mucho en nuestro pueblo: muertos, heridos, torturados, secuestrados o personas que se han visto obligadas a huir al extranjero. Un sufrimiento desmedido. ETA reconoce la responsabilidad directa que ha adquirido en ese dolor, y desea manifestar que nada de todo ello debió producirse jamás o que no debió prolongarse tanto en el tiempo, pues hace ya mucho que este conflicto político e histórico debía contar con una solución democrática justa. De hecho, el sufrimiento imperaba antes de que naciera ETA, y ha continuado después de que ETA haya abandonado la lucha armada. Las generaciones posteriores al bombardeo de Gernika heredamos aquella violencia y aquel lamento, y nos corresponde a nosotros y nosotras que las generaciones venideras recojan otro futuro.
Somos conscientes de que en este largo periodo de lucha armada hemos provocado mucho dolor, incluidos muchos daños que no tienen solución. Queremos mostrar respeto a los muertos, los heridos y las víctimas que han causado las acciones de ETA, en la medida que han resultado damnificados por el conflicto. Lo sentimos de veras.
A consecuencia de errores o de decisiones erróneas, ETA ha provocado también víctimas que no tenían una participación directa en el conflicto, tanto en Euskal Herria como fuera de ella. Sabemos que, obligados por las necesidades de todo tipo de la lucha armada, nuestra actuación ha perjudicado a ciudadanos y ciudadanas sin responsabilidad alguna. También hemos provocado graves daños que no tienen vuelta atrás. A estas personas y a sus familiares les pedimos perdón. Estas palabras no solucionarán lo sucedido, ni mitigarán tanto dolor. Lo decimos con respeto, sin querer provocar de nuevo aflicción alguna.
Entendemos que muchos consideren y expresen que nuestra actuación ha sido inaceptable e injusta, y lo respetamos, pues a nadie se le puede forzar a decir lo que no piensa o siente. Para otros muchos también han sido totalmente injustas, pese a utilizar el disfraz de la ley, las acciones de las fuerzas del Estado y de las fuerzas autonomistas que han actuado conjuntamente, y tampoco esos ciudadanos y ciudadanas merecen ser humillados. De lo contrario, deberíamos interpretar que ha existido un daño justo que merece aplauso. ETA, en cambio, tiene otra posición: ojalá nada de eso hubiese ocurrido, ojalá la libertad y la paz hubiesen echado raíces en Euskal Herria hace mucho tiempo.
Nadie puede cambiar el pasado, pero una de las cosas más perjudiciales que se podría hacer ahora sería intentar desfigurarlo o ocultar determinados episodios. Reconozcamos todos la responsabilidad contraída y el daño causado. Pese a no tener ni el mismo punto de vista ni los mismos sentimientos, todos deberíamos reconocer, con respeto, el sufrimiento padecido por los demás. Eso es lo que quiere expresar ETA.
Precisamente de cara al futuro, la reconciliación es una de las tareas a llevar a cabo en Euskal Herria, algo que en su medida se está produciendo con honestidad entre la ciudadanía. Es un ejercicio necesario para conocer la verdad de modo constructivo, cerrar heridas y construir garantías para que ese sufrimiento no vuelva a suceder. Dando una solución democrática al conflicto político se podrá construir la paz y lograr la libertad en Euskal Herria. Para apagar definitivamente las llamas de Gernika.
Euskal Herria, 8 de abril de 2018".
8 de abril de 2018
LÓPEZ COBOS
Unha das veces que puiden disfrutar de López Cobos foi na Coruña dirixindo a Orquesta Sinfónica de Galicia ca que tiña unha grande relación, asi como con Galicia e ca música sinfónica galega. Sendo Brahms unha das grandes especialidades do Director, que o seu Requiem soara na Coruña foi un auténtico espectáculo e aproveito o pasamento de López Cobos para darme unha homenaxe e lembralo.
https://www.youtube.com/watch?v=pHMXoLIfPP4
22 de fevereiro de 2018
FORGES
Da miña estadía universitaria en Compostela hai algunhas cousas que lembro con ledicia. Ir o kiosko e mercar o Hermano Lobo e empaparte daquela morea de disparates en pleno franquismo, ou mellor dito nos finales da ditadura. Lembro a Gila, Chumy Chúmez, Summers e como non a Forges. As personaxes que lles lembro son os Blasillos, Mariano e o náufrago. No dos xemelgos coido que era a voz da sociedade que espertaba, Mariano a do currantón que non entendía que estaba pasando e o náufrago que divagaba sobre o deber ser. Coincidín con él en Lugo, cando acompañaba a Manolo Curiel nun Festival de Cine de finais dos 90, que fora cando nos comentara que súa nai era galega e que levaba o apelido Saavedra, que denota orixes das terras do Suarna.
Hoxe chega a nova que finou, e sinto ben.
Esta foi a súa derradeira viñeta publicada no Pais o día 22-2-2018
21 de fevereiro de 2018
CARLOS MELLA
Onte veu Carlos Mella para falar de Castelao o Ateneo. Comezou por onde había que facelo, o perigo que era o de Rianxo para o réxime pasado, e boa mostra deso foi o que se o Ministerio de Información pasou os medios tanto públicos como privados cando morreu en Bos Aires.
Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao, se advierte lo siguiente: la noticia de su muerte se dará en páginas interiores a una columna. Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto político. Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, caricaturista y literato. Se podrá destacar su personalidad política siempre y cuando se mencione que aquella fue errada, y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados. De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro Siempre en Galicia ni de los álbumes de dibujos de la Guerra Civil...»
31 de outubro de 2017
O TABEiRON ATACA DE NOVO
Foi aló polo remate do verán cando voltou. O tabeirón chega, morde, pelexa e senón o extirpas lévate a alta mar e alí fai contigo o que lle peta. Coma fai nove anos, o relato non cambia moito, noites sin durmir, molestias, pero a sorpresa do merodeo xa non é tanta. Sabes que morde, que trata de acabar contigo, pero o bon é que xa sabes como saír das súas garras. Xa pasou moito tempo como para qué me pillara desprevenido e ainda que perturba e ponte en alerta, non te ves presa fácil.
7 de outubro de 2017
SAN FROiLAN
O tempo pasa inexorablemente, chega o Outono e tamém Sán Froilán sen que se note nos termómetos. As festas son noites claras.
28 de junho de 2017
ARDE LVCVS
A cidade agarda a invasión foránea, namentras a Muralla recapacita se realmente garda algo máis que dous mil anos de historia. Os indíxenas temos poucas forzas para aguantar máis envites, convidaremos os amigos a comer e beber, o verán chega serio e as roupas de patricio lucense cheiran a alcanfor. As mellores armas que temos son a lingua que nos da cultura e dignidade e a afouteza -de qué me soa esto- de que temos unha festa para uso e disfrute de propios e extraños, e so falta que ninguén resulte mancado
5 de junho de 2017
29 de março de 2017
BREXiT
10 DOWNING STREET
LONDON
THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017
O 23 de xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión Europea.
Como xa dixen, esa decisión non supuxo un rexeitamento aos valores que compartimos como europeos. E tampouco foi un intento de prexudicar á Unión Europea ou a calquera dos países que seguen pertencendo a ela. Pola contra, o Reino Unido quere que a Unión Europea teña éxito e prospere. O referendo foi máis ben un voto para restaurar, desde o noso punto de vista, a nosa autodeterminación nacional. Imos da Unión Europea, pero non de Europa; e queremos seguir sendo uns socios e aliados comprometidos cos nosos amigos de todo o continente.
A principios deste mes, o Parlamento do Reino Unido confirmou o resultado do referendo votando con maiorías claras e convincentes en ambas as Cámaras a favor do Proxecto de Lei de (Notificación da Saída) da Unión Europea. O proxecto de lei foi aprobado polo Parlamento o 13 de marzo, recibiu o consentimento real da súa Maxestade a Raíña e converteuse en Lei Parlamentaria o 16 de marzo.
Hoxe, por tanto, escríbolle para dar efecto á decisión democrática do pobo do Reino Unido. Pola presente notifico ao Consello Europeo, de conformidade co Artigo 50(2) do Tratado da Unión Europea, a intención do Reino Unido de saír da Unión Europea. Así mesmo, de conformidade co mesmo Artigo 50(2) tal e como se aplica no Artigo 106 a do Tratado que establece a Comunidade Europea da Enerxía Atómica, comunico ao Consello Europeo a intención de Reino Unido de saír da Comunidade Europea da Enerxía Atómica. Por conseguinte, debería considerarse que as referencias que se fagan nesta carta á Unión Europea inclúen unha referencia á Comunidade Europea da Enerxía Atómica.
Esta carta establece o enfoque dado polo Goberno da súa Maxestade aos debates que manteremos sobre a saída do Reino Unido da Unión Europea e sobre a asociación profunda e especial que esperamos gozar -como o seu amigo e veciño máis próximo- coa Unión Europea unha vez que saiamos dela. Cremos que estes obxectivos redundan no interese non só do Reino Unido senón tamén da Unión Europea e do mundo en xeral.
O mellor para o Reino Unido e para a Unión Europea é que utilicemos o posterior proceso para alcanzar estes obxectivos de maneira equitativa e ordenada, e co menor trastorno posible para ámbalas partes. Queremos asegurarnos de que Europa siga sendo forte e próspera, e de que sexa capaz de proxectar os seus valores, liderar ao mundo e defenderse das ameazas á seguridade. Queremos que o Reino Unido, mediante unha nova asociación profunda e especial alianza cunha Unión Europea forte, desempeñe plenamente o papel que lle corresponde para alcanzar estes obxectivos. En consecuencia, parécenos necesario acordar os termos da nosa futura asociación ao mesmo tempo que os da nosa saída da Unión Europea.
O Goberno quere abordar estes debates con ambición, dando aos cidadáns e ás empresas do Reino Unido e da Unión Europea -e de feito, de terceiros países de todo o mundo- a maior certidumbre posible, e canto antes.
Gustaríame propoñer algúns principios que talvez axuden a modelar os nosos futuros debates, pero antes de facelo, debería poñelos ao día sobor do proceso que emprenderemos no plano nacional, no Reino Unido.
O proceso en Reino Unido
Como xa anunciei, o Goberno presentará unha lexislación que revogará a Lei do Parlamento -a Lei das Comunidades Europeas 1972-, que fai efectivas as leis da UE no noso país. Na práctica, dita lexislación converterá o conxunto das leis europeas actuais (o acervo comunitario) en leis de Reino Unido, cando iso resulte práctico e adecuado. Isto significa que haberá seguridade para os cidadáns de Reino Unido e calquera persoa da Unión Europea que faga negocios en Reino Unido. O Goberno levará a cabo consultas sobre o modo de elaborar e aplicar esta lexislación, e mañá publicaremos un Libro branco. Temos así mesmo a intención de presentar varios documentos lexislativos máis que abordan asuntos concretos relacionados coa nosa saída da UE, tamén con vistas a garantir a continuidade e a certidume, especialmente para as empresas. Por suposto, seguiremos cumprindo coas nosas responsabilidades como Estado membro mentres sigamos pertencendo á Unión Europea, e a lexislación que propoñemos non entrará en vigor ata que salgamos dela.
Desde o principio e no transcurso dos debates, negociaremos como un único Reino Unido, tendo debidamente en conta os intereses específicos de cada nación e rexión do Estado, a medida que o fagamos. Polo que respecta á devolución de poderes a Reino Unido, levaremos a cabo consultas exhaustivas sobre os poderes que deben residir en Westminster e os que deben transferirse a Escocia, Gales e Irlanda do Norte. Pero o Goberno espera que o resultado deste proceso sexa un aumento significativo da capacidade de toma de decisións de todas as administracións ás que se transfiran poderes.
Negociacións entre Reino Unido e a Unión Europea
O Reino Unido quere pactar coa Unión Europea unha asociación profunda e especial que abarque a cooperación en materia económica e de seguridade. Para iso, cremos necesario acordar as condicións da nosa futura alianza ao mesmo tempo que as da nosa saída da UE.
Se, a pesar diso, saímos da Unión Europea sen un acordo, a nosa postura inicial é que teriamos que comerciar segundo as condicións da Organización Mundial do Comercio. En canto á seguridade, a incapacidade para alcanzar un acordo supoñería un debilitamento da nosa cooperación na loita contra o crime e o terrorismo. En tales circunstancias, tanto Reino Unido como a Unión Europea terían, está claro, que afrontalos cambios, pero non é o resultado ao que ambas as partes deberían aspirar. En consecuencia, debemos esforzarnos por evitar ese desenlace.
Por estes motivos, queremos ser capaces de pactar unha asociación profunda e especial, que aborde a cooperación en materia económica e de seguridade, pero tamén porque queremos asegurarnos de que Europa segue sendo forte e próspera, e capaz de liderar o mundo difundindo os seus valores e defendéndose das ameazas á súa seguridade. E queremos que Reino Unido desempeñe plenamente o seu papel para facer realidade esa aspiración para o noso continente.
Principios propostos para os nosos debates
Anticipándome aos debates que pronto iniciaremos, gustaríame propoñer algúns principios que poderiamos acordar, a fin de garantir que o proceso sexa tan fluído e frutífero como sexa posible.
i. Deberiamos relacionarnos dun modo construtivo e respectuoso, cun espírito sincero de cooperación
Desde que me convertín en primeira ministra de Reino Unido, escoiteille con atención a vostede, aos meus homólogos, os xefes de Goberno, e aos presidentes da Comisión e o Parlamento europeos. Esa é a razón pola que Reino Unido non aspira a formar parte do mercado único: entendemos e respectamos a súa postura de que as catro liberdades do mercado único son indivisibles e non poden "escollerse a vontade". Tamén entendemos que haberá consecuencias para Reino Unido tras a súa saída da UE: sabemos que perderemos influencia sobre as normas que afectan á economía europea. Tamén sabemos que, cando comercien coa UE, as empresas de Reino Unido terán que adaptarse a normas pactadas por institucións das que xa non formaremos parte, da mesma maneira en que o fan noutros mercados estranxeiros.
ii. Os nosos cidadáns deben ser sempre o primeiro
Existe unha complexidade evidente nos debates que estamos a piques de emprender, pero debemos lembrar que, no centro das nosas conversacións, atópanse os intereses de todos os nosos cidadáns. Por exemplo, hai moitos cidadáns do resto da UE que viven en Reino Unido e cidadáns de Reino Unido que viven noutros países da Unión Europea, e debemos tratar de chegar pronto a un acordo sobre os seus dereitos.
iii. Debemos esforzarnos por conseguir un acordo xeral
Queremos pactar unha asociación profunda e especial entre Reino Unido e a UE, que abranga a cooperación en materia económica e de seguridade. Teremos que debater a maneira de establecer un acordo xusto sobre os dereitos e obrigacións de Reino Unido como Estado membro saínte, que sexa acorde á letra e o espírito da continua colaboración do Reino Unido coa UE. Pero cremos necesario acordalas condicións da nosa futura asociación ao mesmo tempo que as da nosa saída da UE.
iv. Debemos traballar xuntos para minimizar os trastornos e xerar tanta certidume como sexa posible
Os investidores, as empresas e os cidadáns tanto de Reino Unido como dos 27 Estados membros restantes -e os de terceiros países de todo o mundo- queren ter a posibilidade de facer plans. Para evitar calquera posible situación límite mentres pasamos da nosa actual relación á nosa futura asociación, ás persoas e as empresas de Reino Unido e a UE seríalles útil dispoñer de prazos de execución, para adaptarse de maneira sinxela e ordenada ás novas disposicións. Se nos poñemos de acordo nisto desde o principio do proceso, axudaremos a todas as partes a minimizar trastornos innecesarios.
v. En especial, debemos prestar atención á singular relación de Reino Unido coa República de Irlanda e á importancia do proceso de paz de Irlanda do Norte
A República de Irlanda é o único Estado membro da UE cuxo territorio linda co de Reino Unido. Queremos evitar que volva crearse unha fronteira difícil de penetrar entre ambos os países, ser capaces de manter a Zona de Viaxe Común entre nós e estar seguros de que a saída de Reino Unido da UE non prexudica á República de Irlanda. Tamén temos a importante responsabilidade de asegurarnos de que non se toma ningunha medida que poña en perigo o proceso de paz de Irlanda do Norte, e seguir cumprindo o Acordo de Belfast.
vi. Debemos iniciar conversacións técnicas sobre ámbitos políticos concretos canto antes, pero debemos dar prioridade ás dificultades principais
Pactar un enfoque de alto nivel para os problemas derivados da nosa saída será, por suposto, unha das primeiras prioridades. Pero tamén propoñemos un Acordo de Libre Comercio audaz e ambicioso entre Reino Unido e a Unión Europea. Este debería ter maior alcance e ser máis ambicioso que calquera acordo similar anterior, de maneira que abranga sectores cruciais para as nosas economías interconectadas, como os servizos financeiros e as industrias en rede. Iso esixirá conversacións técnicas detalladas, pero dado que Reino Unido é actualmente un Estado membro da UE, ambas as partes teñen marcos regulamentarios e normas xa coincidentes. Por tanto, debemos dar prioridade ao modo de controlar a evolución dos nosos marcos regulamentarios, a fin de preservar unha contorna comercial xusta e aberto, e ao modo de solucionar as controversias. En canto ao alcance da nosa asociación -tanto en materia económica como de seguridade- , os meus funcionarios presentarán propostas detalladas para unha cooperación profunda, ampla e dinámica.
vii. Debemos seguir traballando xuntos para promover e defender os valores europeos que temos en común
Talvez agora máis que nunca, o mundo necesita os valores democráticos e liberais de Europa. Queremos desempeñar o noso papel para garantir que Europa segue sendo forte e próspera, e capaz de liderar o mundo difundindo os seus valores e defendéndose das ameazas á súa seguridade.
O labor que temos por diante
Como dixen, o Goberno do Reino Unido quere pactar unha asociación profunda e especial coa UE, que comprenda a cooperación en materia económica e de seguridade. Nunha época na que o crecemento do comercio mundial retárdase e existen indicios de que os instintos proteccionistas intensifícanse en moitos lugares do mundo, Europa ten a responsabilidade de defendelo libre comercio, polo ben de todos os nosos cidadáns. Así mesmo, a seguridade de Europa é máis fráxil hoxe que en ningún outro momento desde o final da Guerra Fría. O debilitar a nosa cooperación en pos da prosperidade e a protección dos nosos cidadáns sería un erro moi custoso. Os obxectivos do Reino Unido en relación coa nosa futura asociación seguen sendo os expostos no meu discurso en Lancaster o 17 de xaneiro e no posterior Libro Branco, publicado o 2 de febreiro.
Somos conscientes de que será complicado alcanzar un acordo tan amplo nos dous anos que o Tratado establece para negociar a nosa saída. Pero cremos necesario acordar as condicións da nosa futura asociación ao mesmo tempo que as da nosa saída da UE. Partimos dunha situación única para estes debates: proximidade regulamentaria, confianza nas institucións da outra parte e un espírito de cooperación que se remonta a décadas atrás. Por estas razóns, e porque a futura asociación entre Reino Unido e a UE é tan importante para ambas as partes, estou convencida de que se pode chegar a un acordo no prazo establecido polo Tratado.
Carta remitida pola Premier Británica a Presidencia da Unión
27 de dezembro de 2016
GEORGE MiCHAEL
Dicir que nos 80' non bailache o Faith de George Michael é como dicir que non tiveche un CD' del no coche. No verán do 2011, fun velo a Madrid, so lembro un bome vestido de negro, que repetía os seus éxitos para un auditorio LGTB moi colorido. Older de GM foi o Cd máis escoitado no coche nas fins de semán de idas e vidas a Pedras Negras, e certamente toda a familia nos fixemos adictos a súa sensibilidade músical, as súas baladas o seu funky, que xa andabamos a mesturar con Van Morrison, U2, Corrs. Tamén un pouco máis adiante tivemos as versións da última centuria, onde escoitamos a outra Suzanne, e a preciosa Miss Sarajevo de Bono e Pavarotti. Que ten G.M. que non teñan os outros ?, pois variedade, moitos rexistros vogais, rítmicos, e sobre todo que as súas cancións vense, intúense e partir de agora lembráranse.
4 de dezembro de 2016
MEDiO MiNUTO DE SiLENZO
Escollín esta foto de Fidel porque sería aló polos anos sesenta onde Cuba con Fidel Castro a cabeza representaba a loita contra unha ditadura, a revolución popular contra do poder pola igualdade, liberdade e fraternidade. Pero a Cuba de Fidel desembocou no que combatía, no totalitarismo, a falla de liberdade e respecto polos dereitos humáns. Xa que neste días gárdanse moitos minutos de silenzo, polo falecemento do ditador cubano, nesta casa so lle gardamos medio minuto, e xa abonda ..
21 de outubro de 2016
DEUS NON LíDER
Escoitei a frase, e resulta que foi un erro, pero a mín vaime dar para aclarar que efectivamente Pedro Sánchez xa non pinta nada no PSOE, xa non é o seu líder vaia, pero non sei se eso será o que pensan os militantes socialistas. A marxe se a súa animadversión con Rajoy semella enfermiza, ou se tivo o seu aquel "que parte del no, no entiende ", Sánchez aínda non dixo a súa derradeira palabra, e dame que será de novo o candidato do PSOE, nas próximas, por que gañará as primarias e por riba será o que leve o altar a tódolos votantes socialistas que contra da dirección se manifestaron contra da abstención para regalarlle o goberno o PP, e ademáis por que neste momento non vexo a naide que poida frear a Pablo Iglesias.
19 de maio de 2016
CENTENARiO DAS iRMANDADES
No teatro Rosalía de Castro da Coruña, tivo lugar un acto emocionante organizado pola Real Academia Galega para conmemoralo centenario das Irmandades da Fala. So pola actuación das catro corais que levan espallando a nosa lingoa dende comezos do século pasado xa sería suficiente a asistencia, pero a leitura de textos de Antón Vilar Ponte fulcrais para entendela importancia das irmandades no so para entender a recuperación do idioma senón na propia conciencia de Galicia como pobo e como nazón, asi como outros textos de irmáns que colabouraron na divulgación e universalidade da nosa lingoa, coma Risco, Viqueira e Rei Soto, foron o complemento para disfrutar dunha noitiña coruñesa arrodeado de galeguidade. .
24 de abril de 2016
PRiNCE
Nin o dubidei cando veu a Compostela para ir a velo. Alí no Monte do Gozo, estaba un soberbio multiinstrumentista, que lle deu ao soul o que lle faltaba e lle quitou o funk o que lle sobraba. Nunca me cansei de escoitar a Prince, sempre lle pillaba algo distinto os máis. Din que morreu e xa non haberá máis, pero o bon dos artistas e que queda a súa obra.
2 de outubro de 2015
TRAPERO PARDO
Eu agradezo esta chamada do Ateneo Galeguista, para vir falar de don Xosé Trapero Pardo, pola ocasión que me deparou de mirar cara atrás e lembrar aquel patriarca, vello amigo, que nos deixou hai agora vinte anos, a unha idade que daquela nos parecía venerable e á que nos imos achegando –xa quixeramos chegar- a unha velocidade verdadeiramente sideral.
E quixen buscar papeis del ou da nosa relación, porque mellor que o que eu poida dicir é o que el dicía… e atopei, pero teño que ter moito máis. O que ocorre é que na miña casa reina unha anarquía documental e bibliográfica que cada vez se complica máis. Pero aínda así, algo deberei dicir daquel amigo xigantesco. Xigantesco por dentro, garimoso, servicial, que sempre atendía, sempre escoitaba, sempre servía… Sabendo que o que eu diga non pode ser máis ca o prólogo das vivencias de José de Cora, amigo, alumno, familiar periodístico, irmán ao fin.
Foi en 1994, cando el –que nacera co século XX- tiña noventa e catro anos, e eu exactamente a metade, por ter nacido no 1947, me dixo… vostede aínda é moi novo. A min, que os corenta e sete anos me parecían unha cifra expresiva abondo de maioría de idade, chamoume a atención… pero comprendín que dada a súa altura vital, ter exactamente a metade da idade que el tiña dábame, aos seus ollos, unha mocidade relativa que só el estaba en disposición de apreciar.
Pero por moi novo que lle parecera, sempre me tratou de “vostede”. Non sei se a regla era xeneral, ou se correspondía precisamente a ter vivido tanto e a ter nacido co século… E aínda que chegamos a ter ben confianza, e coido que amizade, nunca deixou de tratarme así, e –lóxicamente- nunca eu intentei tratalo doutra maneira. Claro que Xosé Manuel Carballo ainda me dixo onte nun correo que el andaba fardando de que o seu gran amigo Trapero lle chamaba “Ruliño”. Pero, claro, Carballo é de Castro de Rei.
Non sei exactamente cando tiven del o primeiro coñecemento… se a través de Radio Lugo e os seus sustanciosos comentarios de pre-xantar, que remataban sempre con aquel “Bo proveito, amiguiños”, que daba idea da cercanía que a persoa despertaba. Ou tamén polas súas intervencións semanais en Radio Nacional de España. Esto, en canto ás súas intervencións profesionais, porque en persoa sei que o coñecín na redacción de El Progreso, daquela na rúa chamada de José Antonio, na que aínda debía ser redactor, para ser logo Redactor Xefe, Subdirector, e por fin, coa desaparición de Don Puro, Director do xornal.
Ocasións de contacto directo tívenas, moito máis tarde, andando o tempo, a través de entrevistas, conversas, viaxes, xurados… que a actividade de Trapero era tan intensa que como un incidise en calquera tipo de acción cultural, sempre el estaba participando, cunha natural modestia, total entrega e unha humildade sen límites, deixando sempre paso aos máis novos coa elegancia e señorío que só os máis grandes saben emplear.
E como non conducía xa daquela –aínda que lembro me ten contado que fóra conductor nos tempos arcaicos do automóvil nos que nin siquiera existía o carnet de conducir- téñoo levado moitas veces no meu coche a xurados de certames literarios do Concello de Vilalba, do Belén de Begonte, ou a actos en Castro de Rei –especialmente no teleclub de Bazar- onde era venerado por todos.
Por certo que onte me chamou María Juliana Fernández Iglesias, compañeira de toda a vida, para que lle pedise perdón a Pepe Cora por non estar hoxe aquí. Problemas de saúde non llo permitiron. Ela vivía en Obispo Aguirre na mesma casa que Trapero, considérao da familia, e iso fíxome recordar que unha das primeiras entrevistas que fixen na miña vida –hai arredor de 45 anos- foi a Trapero, naquela casa… el un mestre, eu un aprendiz que tiña que levar as preguntas anotadas nunha cartulina para non ponerme nervioso. Tratoume como se fose o mellor entrevistador do mundo. Algún día aparecerame pola casa a grabación daquela conversa.
Estando eu no concello, anos 83 a 89, a amizade intensificouse… a fin de contas, ademáis de todo o que Trapero significaba, era o Cronista oficial da Cidade de Lugo, e quixemos contar con el para todas as cuestión importantes, especialmente festas e temas culturais. E lembro que foi pregoeiro dúas veces, unha como Trapero e outra como Pelúdez… O de Peludez coincidira cunha exposición homenaxe a este seu personaxe que ahora continúa Pepe Cora, como el o tomou hai tanto tempo doutro Cora. E con tal motivo Manuel María , á nosa petición, escribiulle a Pelúdez este soneto:
Meu querido Pelúdez, vello amigo,/ luguesa frol de monte e de lameiro, / freixo frondoso, nobre castiñeiro, / mistura de bon millo e de pantrigo.
O teu lúcido instinto é o puxigo / que dá luz ó teu vivir tristreiro: / un marmurio calado de regueiro / e unha humilde forteza de caxigo.
Home sufrido, alerta e cismador; / sabes que caíche na fochanca, / na trampa que che puxo o cazador.
Para defenderte usas da retranca: / disimulo raposo e sorridor / que pese a non ferir, ó mellor manca.
E o hoxe académico Darío Xohán Cabana, fixo para aquela exposición, “agardando o S. Froilán, na fin do mundo”, en Corcubión, este soneto:
Este vello da aldea, tan plantado e señor, / que ven tódolos anos a Lugo ó San Froilán, / évo-lo bon Peludez, xagaz e falador, / que a todo pon comento gracioso e pillabán.
Esta dona tremenda, toda barriga e papo / co seu corpo de vaca próxima de parir / évo-la Filomena, e fala nun castrapo / que non hai mais remedio ca escarallarse a rir.
Este mozo grolizo, tan fachendoso e crido, évos Peludeciño, seu fillo ben querido,/ que fai moi boa facha coas mozas nos cafés.
E este vello académico que aínda anda gallardo / évo-lo meu señor Xosé Trapero Pardo, / que escribe no Progreso a historia destes tres.
En 1984, en carta que me manda desde Caldas de Reis, a comezos de setembro, láiase de non ter podido ir ao San Ramón de Vilalba e ao certame literario, indicándome que “botei de menos a charla que os dous podíamos ter paseando pola festa”. E despídese mandándome unha aperta “higiénica e perteguda: higiénica, porque me baño a 38º todos os días e perteguda porque nela vai o afecto que sabe lle profesa este amigo vello e vello amigo”.
En 1985, hai trinta anos, comezaba a Radio Galega. Eu tiñao entrevistado varias veces para Radio Popular de Lugo, pero daquela tiña un programa semanal de catro horas en directo, na tarde dos sábados… e unha das horas dedicábaa a unha entrevista en profundidade a un galego destacado, co título xenérico de “Amigos”. A Trapero, para que non tivera que desplazarse a Santiago, entrevisteino no salón de sesións do concello de Lugo. Algún día terei que publicar na prensa escrita aquela conversa sustanciosa onde declaraba ter nacido na “vila máis bonita que hai no mundo”, que estudiou no seminario de Mondoñedo onde foi compañeiro de Crecente Vega e Iglesia Alvariño, que comezou escribindo versos co seudónimo de Orepart, Trapero ao revés; e que daquela naceu o fútbol, que se xogaba no campo dos Remedios, todo plantado de castiñeiros, “xogábamos co castiñeiro e co outro señor”, dicía.
Estivo no Seminario do 13 ao 25, pero, confesa “deime conta de que non servía para crego, porque eu no seminario batín o record de estancia, estiven un ano máis pensando se sería ou non sería… total que o deixei o ano 25.
E dedicouse, decía, desde Mondoñedo, como “Inspector propagandístico da Federación Agraria ”a face-la propaganda de cómo se sementan as patacas ou como deben de sementarse, os abonos que había que utilizar… andiven por ahí facendo cousas de sindicatos pero sempre para ensinar aos labradores o que se quería que se soupese.
Faloume dos cregos daquela e os sindicatos: Os sindicatos que resultaron bos foron os que tiveron un crego ao frente… ainda hoxe consérvanse cooperativas de entón, sempre cun crego ao frente, convencido do que valía a cousa sindical.
En Mondoñedo fundou os xornais ACCIÓN SOCIAL, RENOVACIÓN, e por fin VALLIBRIA, e ali empezaron a escribir Leal Insua, Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro. Xa en Lugo, primeiro en LA VOZ DE LA VERDAD, e definitivamente en EL PROGRESO onde pasou por tódalas categorías da redacción, sentindo “unha lembranza melancólica porque moitos dos que estiveron conmigo xa desapareceron, pero teño a lembranza de tantos compañeiros que tiven, tantas circunstancias polas que se pasaron, tantos momentos difíciles, os momentos de satisfacción… Vin desenrrolarse El Progreso desde unha máquina plana e corriente ata a rotativa, desde coller por teléfono as noticias que viñan de Madrid, das axencias, ata os teletipos, e ata chegar hoxe á composición electrónica.
Daquela, un xornalista tiña que facer de todo, igual facía unha nota de sociedade que un artigo de fondo, tiña ademáis que saír da redacción ao goberno civil, pola policía, polo hospital acadar as noticias… todo esto era un traballo permanente, sen horas, non había a cousa esa de dicir tés que botar tantas horas. Había que estar alí ao pé, sempre, ata que se acababa de facer o diario con todo.
Falando da súa xubilación en 1970, comentaba que un periodista non se xubila nunca, porque sempre volve a escribir… poido dicirlle que eu ás veces traballo máis agora de xubilado que traballaba antes cando estaba na redacción. E lembraba: eu nunca me metín con nadie, sempre tratei de que a cousa que se escribise fora certa e sen incidencias duras contra ningún personaxe… eu coas persoas nunca me metín para nada; metinme cos problemas.
Falaba de Pelúdez que empezou con Antonio de Cora, Antonio Goy e Puro Cora, e que ao principio só se daba conta da súa chegada… Viña sólo, “pero tiven a mala ocurrencia para min de casalo, de traerlle un fillo, e xa non puiden librarme deles e teño que cargar con eles.
Hai trinta anos, pero xa daquela opinaba Trapero que “Peludez pensa que hai que ter política porque sen ela non se poden gobernar os países, pero desexaría que os políticos en vez de andar esquinados se unisen, e fixesen unha laboura a favor do pobo… pero a nós mesmos estanos ocorrindo que hai unha cantidade de divisións nas que saen moi perxudicados os intereses do pobo, e por eso Peludez o que quere, e posiblemente o diga, é, que, dice el: a quen hai que votar, é ao que vexas que cumpre millor. Non te fixes noutras cousas.
Enemigos?. Pois non sei, sempre haberá algún, como nadie fai as cousas a gusto de todos, e polo tanto o que non se lle fai a cousa ao seu gusto pois potencialmente é un enemigo, pero eso xa non sei os que poida ter. Daba como razón da súa vitalidade lonxeva á •”curiosidade”, que é o que sostén a un; saber o que hai, viaxar moito, para manter –xa non se pode chamar vitalidade- senón o equilibrio.
Foi concelleiro en Mondoñedo e Lugo, pero non ller gustaba o que vía arredor, e deixouno. E aquela altura da vida dicía que só quería vivir. “soio teño como meta ir vivido, e vivindo o mellor posible sen grandes ambicións, porque se nunca as tiven, tampouco as vou ter agora de vello.
I en canto a consellos, dicia que “eu recíboos, pero non os dou. Porque se teño como norma que ao consello que se da non se lle da creto, eu non dou consellos. Recibo algún, e sígoos ou non según convén.
En novembro de 1989, cando eu me fun do concello, fai un longo lamento do feito, que non sería cousa de reproducir aquí, aínda que si o final: “Somos e eramos dous amigos, i seguiremos como tales, i eso quer decir que agora e sempre estarei a disposición do amigo Xulio Xiz como sei que el seguirá honrándome coa amistade. E, sobre todo, que seguiremos véndonos , o que permitirá que lle poida dar de verdade as apertas que agora con letras da miña man i non as frías dunha máquina, lle manda o vello amigo i, ¡ay!, amigo vello, José Trapero Pardo”.
Unha das referencias escritas que gardo del – a saber o que poido atopar no futuro pola casa- é do 21 de maio de 1990, no que me escribe unha carta – case sempre manuscritas- agradecido pola miña intervención na homenaxe que se lle fixo en Castro de Ribeiras de Lea, a súa vila. Despois de longos agradecementos, remata dicindo: ¿Cómo agradecerlle, pois, a súa intervención na celebración do domingo?. Podería darlle unhos bicos… honestos; podería mandarle un cento de apertas. Mais coido que todo eso e muito máis vai na seguridade de que sempre quedará no afeuto e na memoria entre os primeiros deste bo amigo, José Trapero Pardo”.
Como Xurado, sempre era o máis humilde. Proba do seu talante como xurado é unha carta que me pasou o 11 de xaneiro de 1991, sobre os traballos presentados ao certame do Belén de Begonte
E en maio daquel mesmo ano 1991, máis ou menos cando entrei como Presidente de Fonmiñá mandoume unha tarxetiña de felicitación, el que tan afeccionado era á fotografía, na que sempre en termos fotográficos me dicía: “José Trapero Pardo mándalle ó amigo don Xulio unha noraboa das de verdade. Deséxalle tamén que se lle cumpran todos os “ouxetivos”, que en cantos proieutos faga que non teña ninguna “veladura”, que todo se lle “revele”como desexe; que “o foco fixo” da boa saúde se conserve; e que en todo encontre sempre unha boa “definición”. Con istes meus desexos, que salen do agrasdecido amigo e vello afeizoado a andar coa cámara –a de retratar, claro- colgada nos viaxes, vai unha aperta pistonuda –non digo de outra crás, para que non me chame maladucado-, que lle manda: Trapero Pardo.
O ateneo Galeguista, en facebook co seu anuncio deste acto fíxome lembrar as representacións de Non Chores Sabeliña, a súa zarzuela e de Gustavo Freire, que no Gustavo Freire representamos na súa homenaxe o Orfeón Lucense, Achádego e a Banda Municipal de Lugo, en 1992. E agora, vintetrés anos despois, o Ateneo utiliza a mesma portada para anunciar este acto.
E só quero citar de refilón o video TRAPERO PARDO, O PRIMEIRO LUCENSE, que lle fixemos hai xa moitos anos, polo que tampouco paraba de dar as gracias. Alí conservamos o Trapero conversador, vivo, cando xa é historia…
E non vos canso máis, que quen sabe de Trapero é Pepe Cora, que naceu á súa beira, que medrou con el… Direi para rematar que eu coido que Trapero está vivo na memoria de todos os que o coñecemos, tratamos e quixemos. Como sería, e permitídeme un anaco de humor, como é a cousa que para o concello de Lugo está vivo e non foi quen de nomear en vinte anos un cronista que o sucedera. Parece que agora vai poder ser.
Agora en serio: Eu prefiro lembralo vivo, con palabras –algo modificadas- de Darío Xohán Cabana, dicindo “aquel vello académico que aínda anda gallardo, évo-lo meu señor Xosé Trapero Pardo que cada San Froilán segue a escribir no Progreso –coa axuda de Pepe Cora- a historia de (Peludeciño, Filomena e Pelúdez) eses tres.
O texto foi a disertación que sobre Trapero Pardo fixo Xulio Xiz para o Ateneo Galeguista o 1 de Outubro de 2015 na Libreiria Balmes de Lugo.
28 de junho de 2015
DiA DO ORGULLO LGBT
Hoxe ten o seu aquel a celebración do Día do Orgullo Gai, nun país tan conservador como os EEUU, o seu Tribunal Supremo ven de legalizar o matrimonio entre personas do mesmo sexo. Non me resisto a reproducir algunhas das súas frases que non por repetidas deben ser aprezadas vindo de maxistrados que fai unhas décadas non redactarían un texto tan respectuosos cos dereitos civis, dos que os europeus xa gozamos dende fai anos. Dí o fallo
A Décimo Cuarta Emenda require que os estados outorguen licenzas de matrimonio a parellas do mesmo sexo e a recoñecer o matrimonio entre persoas do mesmo sexo cando o contraian de xeito legal fóra deses estados"
Como amosan os promoventes destes casos, o matrimonio representa un amor que pode sobrevivir á morte. Non teriamos entendido estas parellas se dicimos que fallan o respecto á idea de matrimonio".
O desexo destas parellas non é que os condenen a vivir excluídos dunha das institucións máis antigas da civilización. Esixen a igualdade de dereitos ante a lei. E a Constitución concédelles ese dereito".
Non hai ningunha unión máis profunda que o matrimonio, que representa os máis altos ideais de amor, fidelidade, devoción, sacrificio e familia. Ao formar unha unión en matrimonio, dúas persoas convértense en algo máis grandioso que o qué eran antes".
A natureza do matrimonio é que, a través do seu lazo eterno, dúas persoas poden encontrar outras liberdades, como a de expresión, intimidade ou espiritualidade. Isto é certo para todos os cidadáns, independentemente da súa orientación sexual
Moitas parellas homosexuais proporcionaron o agarimo e a protección dun fogar aos seus críos, xa sexa biolóxicos ou adoptados. Sen o recoñecemento e a estabilidade que ofrece o matrimonio, eses nenos sofren o estigma de saber que as súas familias son dalgún xeito inferiores. As leis vixentes a este respecto danan e humillan os nenos de parellas do mesmo sexo".
27 de junho de 2015
LUGONOVO
Nestas eleccións municipais, un grupiño de lugueses tamén aportamos o noso graiño de area para ir rachando o bipartidismo no país. A exixencia de que non se apoiarían candidaturas con imputados, deu con López Orozco fóra do Concello e na Diputación o BNG mantivo que Manolo Martinez, alcalde de Becerreá do PSOE non sería o Presidente por estaren imputado por denuncia que se presentou contra del e que de momento non solventou.
25 de janeiro de 2015
Subscrever:
Mensagens (Atom)


















