6 de maio de 2019
GALEUSCA
O pasado 26 de Abril tivemos no Ateneo a Xosé Estévez para falar de Galeuzca. Como a conferencia foi moi ilustrativa e acaída os tempos que corren, pedínlle que me deixara o texto ou guión que seguiu que reproduzo na súa integridade
CONCLUSIÓNS (conferencia, Lugo, 26-abril-9) -1-O Galeuzca foi un movemento estratéxico de unión e solidariedade entre os nacionalismos galego, vasco e catalán, co obxectivo de acadar o autogoberno para as tres nacións, que moitos situaban na autonomía, outros na federación ou confederación e algúns directamente na independencia.
2-Até 1923, ano en que se artellou a Tripla Alianza os pactos, acordos, manifestos e conversas foron bilaterais: galegos-cataláns ou vascos-cataláns. Agás a Triple Alianza de 1923, o Pacto de Compostela ou Galeuzca de 1933, a Declaración de Barcelona de 1998 e o seu derivado, o Galeuscat do 2005, tódolos demais proxectos producíronse no exilio, obrigado por dúas ditaduras, a primorriverista e a franquista, facendo inviable a súa operatividade nos respectivos territorios nacionais.
-3-A primeira avinza trinacional foi A Triple Alianza do 11 de setembro de 1923. Configurouse nunha crítica conxuntura do Estado Español (1917-1923), rexido pola monarquía borbónica de Alfonso XIII. Tiña un obxectivo nidiamente arredista e incluía dáas alusións á loita armada no caso de que non fora posible outra alternativa. Este acordo foi asinado por case tódalas forzas nacionalistas das tres nacións, agás CNV (que pospuxo a sinatura após a celebración dunha asamblea non celebrada por mor do golpe de estado de Primo de Rivera ), a LLIGA e recén nada USC. Asinaron o pacto Acció Catalana, Estat Catalá, Unió Catalanista, PNV, ING e Irmandades da Fala. Mesmamente o exército adiantou o golpe militar do día 15 ao día 13 de setembro. Fracasou pola actuación interdependente de diversos factores internos e externos, entre os que salientou o golpe de estado de Primo de Rivera do 13 de setembro de 1923. Emporiso, esta Alianza ficaría para a posteridade como mastro e fito referencial obrigado nos contactos vindeiros
-4-Os pactos configurados no exilio galo durante a ditadura de Primo de Rivera (1923-30) en 1924 e inseríanse na estratexia do catalán Francesc Maciá a prol do derrubamento pola vía armada do réxime ditatorial e monárquico español deica a fracasada invasión de Prats de Mollò en 1926, co apoio engadido de forzas españolas da oposición, a CNT e o PC. O citado fracaso provocará o desleixo da opción insurreccional e procurará unha liña política, que abranguía ás forzas españolas de oposición. Esta ruta de actuación acimará no Pacto de San Sebastián de agosto de 1930, do que estivo ausente o nacionalismo vasco e o galego só se viu representado de xeito indirecto. Das tres pólas foi nidia a febleza galeguista, a ausencia nacionalista vasca e so salientou a fortaleza catalanista.
-5- A instauración del réxime republicano e o debate da nova constitución no outono de 1931 doaban, en principio, unha xebre tesitura para constituír un bloque trinacional nas Cortes co obxectivo de estruturar o Estado español con unha feitura federal ou confederal. Non se acadou, entre outras razóns pola falla dese bloque. Configurouse unha articulación territorial rexional, híbrido, o Estado integral, semellante ao actual Estado das autonomías. Perdeuse unha grande oportunidade histórica (a primeira foi a non nata constitución federal de 1873) para constituír, alomenos, un Estado federal.
-6-O Galeuzca ou Pacto de Compostela, artellado no verao de 1933, con prolegómenos na primavera, sitúase na tarefa de axilizar os procesos estatutarios vasco e galego, de desatoar os continuos atrancos que se interpoñían ás transferencias a Catalunya e de procurar un troco no réxime republicano, retornando ao primixenio senso federal. Ademais da vertente político-lingüística-cultural, asinada en Compostela o 25 de xullo e roborada en Bilbo o día 30, o Galeuzca do 33 tiña tamén outra de carácter internacional, pois tencionaba presentar na Sociedade de Nacións o contencioso periférico trinacional de maneira unitaria e conxunta. A problemática catalana e vasca xa foran presentadas nese foro internacional en 1926 e 1930, pero a galega aínda non, facéndoo mesmamente pouco tempo despois, no mes de setembro. Neste pacto interviron tódalas forzas políticas do espectro nacionalista das tres nacións, agás a minoritaria Nosaltres Sols. Non cabe dúbida que este pacto e a Tripla Alianza de 1923 foron os máis unitarios. O Galeuzca foi esmorecendo por mor dunha ringleira de atrancos internos e externos: -a-Enfrontamentos e diverxencias entre as forzas asinantes. -b-Incumprimento de acordos comprometidos durante a viaxe. -c-Influxo negativo da nova conxuntura outonal, co trunfo das dereitas nas eleccións xerais do 19 de novembro e a instauración do bienio negro. O PG nin sequera obtería deputados e o PNV.
O Galeuzca só se animou efémeramente en curtas e puntoais actuacións case simbólicas entre o outono de 1934 e febreiro de 1936 (Inconstitucionalidade da Lei de Contrates de Conreu, Estatuto do Viño, asamblea de parlamentario de Zumárraga, Revolución de Outubro). Mencionouse na celebración do xuicio ao Goberno Catalán en 1935 e novamente nos meses transcorridos entre febreiro e xullo de 1936. Pero o levantamento militar impuxo outras prioridades.
-7-A Guerra Incivil proporcionou unha inagardada plataforma para amosar a solidariedade galeuzcana no seu estado máis limpo e efectivo, o que devén non doado en virtude dos diferentes intereses en xogo sempre presentes nas relacións humanas de calquera tipo que sexan. O Goberno catalán subministrou toda clase de axuda aos vascos, incluída a instalación do seu goberno, de numerosos refuxiados en Catalunya e o mesmo ocurriu cos galegos leais á República.
-8-En 1940-41 comenzan de novo no exilio os contactos trinacionais en Londres e sobre todo en Bos Aires, onde os cabezaleiros nacionalistas das tres comunidades galeuzcanas asinaron un pacto autodeterminista en maio de 1941 e de novo outro a cargo de tódolos partidos e sindicatos nacionalistas galegos, vascos e cataláns en decembro de 1944 en México.
-9-No período 1944-46 houbo multitude de anteproxectos e proxectos galeuzcanos, configurados diante o previsible derrubamento do réxime franquista tras o trunfo aliado na II Guerra Mundial. A vitoria aliada doou grandes esperanzas en tódalas forzas españolas da oposición. O mesmo Consello de Galiza nacera a finais e 1944 baixo o pulo indicativo de José Antonio Aguirre a Castelao para asinar un galeuzca integrado por tres gobernos. Os persoeiros negociadores das tres nacións, personificados en Castelao, José Antonio Aguirre e Carles Pi Sunyer, tencionaban mediante un galeuzca rexo ocupar un posicionamento sobranceiro de presión no intre en que se producise a previsible derriba do franquismo polos aliados, a reinstauración dunha III República e dos correspondentes Estatutos de Autonomía de tal xeito que se transitase deica un Estado confederal. Pero os feitos non aconteceron desa maneira. Unha rolda de factores impediron esa pretensión galeuzcana.
-a- O franquismo foise afortecendo paseniñamente grazas ao apoio estadounidense e británico.
-b- Xa se albiscaba a implantación da Guerra Fría e dun sistema mundial bipolar, no que o férreño réxime anticomunista de Franco era considerado polos aliados como un rexo e estratéxico baluarte, “centinela de Occidente”, portavión anticomunista no estremeiro occidental de Europa..
-c-A fragmentación e divisións internas entre as forzas republicanas da oposición: comunistas, diferentes correntes republicanas, socialistas (negrinistas, prietistas e llopistas)
-d- Partillamentos dentro do terreo nacionalista catalán tanto no exterior como no interior (principalmente entre os siareiros do Consell Nacional Catalá e os do Goberno Catalán)
-e- As dificultades de acción e contacto das forzas clandestinas no interior.
-f-O tombo do goberno Giral no exilio a comenzos de 1947, co unha clara responsabilidade dos socialistas prietistas.
-g-A oposición da ANFD, especialmente o representante cenetista do interior, Luque, ás pretensións de Galeuzca.
-h- Sobre todo as presións socialistas prietistas contra o Galeuzca sobre o goberno vasco, reconstituído tralo pacto de Baiona na primavera de 1945.
-10-Os comunicados, avinzas e manifestos galeuzcanos de Bos Aires e Caracas en 1958-59, de xorne autodeterminista e arredista respectivamente, están vencellados a unha coxuntura na que sobrancean alguns elementos: a consolidación do réxime franquista (tra-lo Concordato co Vaticano e o Tratado cos EEUU en 1953 e a entrada na ONU en 1955), o apoio de la ONU aos procesos anticolonialistas mediante a aplicación do dereito de autodeterminación (aínda que aplicando a teoría do mar por medio), a implantación da democracia en Venezuela, o trunfo da revolución en Cuba, o desengano en certos sectores nacionalistas pola pretendida o real inactividade da forza nacionalista tradicional vasca, o PNV, as acusacións de entreguismo e inoperancia contra a Generalitat, presidida por Tarradellas, a emerxencia de grupos radicalizados nos tres nacionalismos, partidarios da independencia (Xosé Velo, Andima Ibinagabeitia, Dr. Juanola, Pella i Fargas etc.) e o memorando do Goberno Republicano no exilio emitido en 1959 polo presidente Félix Gordón Ordax, que ninguneaba as autonomías rexionais. O Galeuzca de Caracas presenta algúns rasgos novidosos:
-Unha indirecta alusión á loita armada contra as ditaduras ibéricas: franquista e salazarista.
-O chamamento a participación nunha fronte antidictatorial de outras forzas obreiristas e democráticas españolas e portuguesas.
-A creación de “grupos de acción”, dirixidos polo galego Xosé Velo.
-Este pacto sería a orixe do DRIL, grupos que secuestrou o 22 de xaneiro de 1961 o buque Santamaría.
-11-Os contactos galeuzcanos celebrados en París entre 1966 y 1970 empurrados polo catalanista, Josep M. Batista i Roca, presidente do “Consell Nacional Català”, coa intervención de Javier Alvajar, Delegado do Consello de Galiza en Europa, e sobre todo coa de Manuel de Irujo pola banda vasca non frutificaron, porque vascos e galegos opoñíanse a deixar de lado nas conversas e pactos á Generalitat, presidida por Tarradellas, pois considerábana coma o lexítimo goberno catalán no exilio.
-12- Na tesitura do inmediato postfranquismo, en setembro de 1976, só se produciu un apoucado pacto Galeuzca por parte de tres forzas minoritarias: PGSD, ESB e PSC-REAGRUPAMENT, partidos que foron engulidos na voráxine da Transición, desaparecendo ou integrándose noutros. Emporiso, nas Cortes, onde se discutía a nova Constitución de 1978, non houbo un bloque Galeuzca. Foi outra oportunidade histórica desaproveitada para acadar un estrutura política do Estado confederal, moi desemellante á das Autonomías, que en realidade parécese moito á da Constitución republicana (negaba expresamente a Federación de rexións no art. 13), agás a introdución do termo “nacionalidade” (Art. 2)
-13- Dende 1978 e deica 1998 só houbo contactos e acordos moi parciais para artellar coalicións bilaterais ou trilaterais de cara á participación nas eleccións ao Parlamento europeo en 1987, 1989, 1994, etc.. A Declaración de Barcelona e as seguintes de Vitoria-Gasteiz e Santiago en 1998, seladas por el BNG, PNV e CIU nunha conxuntura moi esperanzadora para Euskal Herria, ao coincidir con unha tregua de ETA e a declaración de ESTELLA-LIZARRA, procuraban a implantación e difusión de unha nova cultura política que recoñecese o carácter plurinacional, plurilingüístico y pluricultural do Estado español. Tamén, con aínda máis carraxe que en 1923 e 1933, reaccionou iradamente a prensa española e os partidos estatais, principalmente o gobernante, o PP, distinguíndose nas críticas o daquela ministro de Administración Públicas, Mariano Rajoy. O Galeuscat do 2005, que englobaba aos mesmos actores políticos, camiñaba por semellantes canles programáticos. De tódalas maneiras, intereses externos e internos coutaron a súa efectiva operatividade e as rendas nas Cortes foron cativas. Un historiador honesto e espilido, emporiso, sabe que a historia é unha competición longa e sinuosa, un río caudal, cuxas augas, ás veces, mergúllanse no silencio dos cavorcos para rexurdir despois co vizoso estourar das cachoeiras. Por iso, os procesos e acontecementos históricos só poden analizarse e entenderse globalmente dende o outeiro dun “tempo” xa sazonado. Estamos mal acostumados a ollar resultas inmediatas e palpables.
-14- O movemento Galeuzca foi suscitado ou revitalizado en situacións estremas o en tesituras de cambio, torpedeamento, parálise, exilio e crise, converténdose nun fito emblemático nos vencellos trinacionais periféricos. Algúns historiadores atribúenlle un carácter utópico e unha nula ou escasisima operatividade, unha emotiva e desmesurada mitoloxización e manifestos incumplimentos nos acordos. Sen embargo, estas características son as mesmas que en numerosas ocasións podemos observar nas relacións e pactos asinados polos Estados nacionais. Estes con fartura e desvergoña pasan os seus acordos por onde se cruzan os pantalóns. O feito de que o Galeuzca se teña empoleirado como un fito emblemático recorrente e se teña concretado en pactos cíclicamente asinados, así como a reacción enrabechada e o receoso temor que orixina nas fileiras do nacionalismo xacobino hispano, tanto da dereita como da esquerda, demostran algo máis que unha simbólica referencia. Non habería que menosprezar un galeuzca totalmente unitario e perfectamente ensamblado. Este sería unha xebre plataforma trinacional periférica para acadar unha configuración recoñecida dun Estado plurinacional. Calquera historiador sagaz non debería esquecer que os nacionalismos non poden disecionarse coa asepsia analítica do puro dato documental escrito. Nos nacionalismos están implicados ingredientes, mitos e aglutinantes non só estruturais ou conxunturais, senón persoais, emotivos e relixiosos, no senso do religare latino. Estes elementos subxectivos e referentes simbólicos de forte carga sentimental son capaces de sacar a un Pobo do po da memoria e incorporalo ao carro da historia.
-15-Quixera subliñar o pensamento de Castelao encol do Galeuzca e da estructuración política non só do Estado español, senón tamén da Península. Consideraba a península ibérica como un rico mosaico plurinacional. A única plasmación e solución real viría a través dunha articulación confederal peninsular, posto que tamén Portugal entraría a formar parte integrante desta estruturación. O seu pensamento podería sintetizarse nas seguintes ideas:
-a-O carácter plurinacional do Estado español, que implicaba necesariamente a soberanía nacional de cada nación.
-b-O recoñecemento e aplicación do dereito de autodeterminación para acadar a soberanía nacional, dereito que implicaba a solidariedade cos demais Pobos ibéricos.
-c- A forma republicana de goberno en cada nación, con un réxime democrático de liberdades e progresismo social, rexido polo pacifismo e a cooperación no ámbito internacional.
-d- A independencia de cada nación sería un desideratum final, pero para as nacións pequenas a Federación ou Confederación era máis axeitada. Polo tanto, o sistema de Estatutos de Autonomía era un procedemento puramente circunstancial, continxente e temporal.
-e-A estruturación confederal debería ser ibérica. Polo tanto, abranguería tamén a Portugal co fin de constituír unha Comunidade Ibérica de Nacións mediante unha alianza o unha Unión entre elas, libremente elixida por elas mesmas mediante pactos voluntarios e libres.
-f-Para chegar a ese artellamento confederal ibérica o movemento do Galeuzca cumpría múltiplas e primordiais funcións.
-16-Os historiadores ás veces por mor do rigor académico abusamos da épica e aparcamos trabucadamente a lírica. As dúas non rifan entre elas. Por iso quixera rematar estas conclusións con unha declaración de amor. Fai moitos anos que vivo en Euskal Herria, quen robouru a conciencia da miña identidade primixenia e dooume pan, fogar, traballo, agarimo e familia. Tiven a inmensa sorte de nacer nunha pequena vila, Quiroga, bicada polo río Sil na beira sur da provincia lucense. Estudei 8 anos no Seminario desta cidade ao que lle agradezo sinceramente esa formación integral e humanista. Pertenzo a un País, Galiza, cas sebes ó alcance da mao, dende o Padornelo á Garda, dende o Cebreiro a Fisterra pasando por Lugo e Compostela. Dentro habitan uns homes e mulleres que case nos vemos acotío, falámonos tódolos días e imaxinámonos tódalas noites. As persoas non temos xeralmente capacidade emotiva de longo avanzo. O patriotismo é un sentimento dabondo intenso como para ser dabondo extenso. Ten tanta calidade que non precisa moita cantidade. Séneca dicía:”nemo quia patriam magna est amat, sed quia sua”, “Ninguén ama a súa patria, porque é grande, senón porque é a súa”.
20 de abril de 2018
ABUR, ETA
Nesta casa denunciamos o terrorismo, puxémonos do lado das vítimas, choramos as mortes de gardas civís e demáis asasinados pensando na sinrazón e cobardía de quén na escuridade concebida ésta como a parte da humanidade que mata, hoxe non podemos por máis que aledarnos que ETA adiante a súa disolución e pide un cativo perdón, aínda que manifesta a súa derrota e sinala que seguramente era prescindible na loita do país basco pola súa liberación.
Velaquí, o comunicado
"ETA, organización socialista revolucionaria vasca de liberación nacional, quiere reconocer mediante esta declaración el daño que ha causado en el transcurso de su trayectoria armada, así como mostrar su compromiso con la superación definitiva de las consecuencias del conflicto y con la no repetición.
En estas décadas se ha padecido mucho en nuestro pueblo: muertos, heridos, torturados, secuestrados o personas que se han visto obligadas a huir al extranjero. Un sufrimiento desmedido. ETA reconoce la responsabilidad directa que ha adquirido en ese dolor, y desea manifestar que nada de todo ello debió producirse jamás o que no debió prolongarse tanto en el tiempo, pues hace ya mucho que este conflicto político e histórico debía contar con una solución democrática justa. De hecho, el sufrimiento imperaba antes de que naciera ETA, y ha continuado después de que ETA haya abandonado la lucha armada. Las generaciones posteriores al bombardeo de Gernika heredamos aquella violencia y aquel lamento, y nos corresponde a nosotros y nosotras que las generaciones venideras recojan otro futuro.
Somos conscientes de que en este largo periodo de lucha armada hemos provocado mucho dolor, incluidos muchos daños que no tienen solución. Queremos mostrar respeto a los muertos, los heridos y las víctimas que han causado las acciones de ETA, en la medida que han resultado damnificados por el conflicto. Lo sentimos de veras.
A consecuencia de errores o de decisiones erróneas, ETA ha provocado también víctimas que no tenían una participación directa en el conflicto, tanto en Euskal Herria como fuera de ella. Sabemos que, obligados por las necesidades de todo tipo de la lucha armada, nuestra actuación ha perjudicado a ciudadanos y ciudadanas sin responsabilidad alguna. También hemos provocado graves daños que no tienen vuelta atrás. A estas personas y a sus familiares les pedimos perdón. Estas palabras no solucionarán lo sucedido, ni mitigarán tanto dolor. Lo decimos con respeto, sin querer provocar de nuevo aflicción alguna.
Entendemos que muchos consideren y expresen que nuestra actuación ha sido inaceptable e injusta, y lo respetamos, pues a nadie se le puede forzar a decir lo que no piensa o siente. Para otros muchos también han sido totalmente injustas, pese a utilizar el disfraz de la ley, las acciones de las fuerzas del Estado y de las fuerzas autonomistas que han actuado conjuntamente, y tampoco esos ciudadanos y ciudadanas merecen ser humillados. De lo contrario, deberíamos interpretar que ha existido un daño justo que merece aplauso. ETA, en cambio, tiene otra posición: ojalá nada de eso hubiese ocurrido, ojalá la libertad y la paz hubiesen echado raíces en Euskal Herria hace mucho tiempo.
Nadie puede cambiar el pasado, pero una de las cosas más perjudiciales que se podría hacer ahora sería intentar desfigurarlo o ocultar determinados episodios. Reconozcamos todos la responsabilidad contraída y el daño causado. Pese a no tener ni el mismo punto de vista ni los mismos sentimientos, todos deberíamos reconocer, con respeto, el sufrimiento padecido por los demás. Eso es lo que quiere expresar ETA.
Precisamente de cara al futuro, la reconciliación es una de las tareas a llevar a cabo en Euskal Herria, algo que en su medida se está produciendo con honestidad entre la ciudadanía. Es un ejercicio necesario para conocer la verdad de modo constructivo, cerrar heridas y construir garantías para que ese sufrimiento no vuelva a suceder. Dando una solución democrática al conflicto político se podrá construir la paz y lograr la libertad en Euskal Herria. Para apagar definitivamente las llamas de Gernika.
Euskal Herria, 8 de abril de 2018".
8 de abril de 2018
LÓPEZ COBOS
Unha das veces que puiden disfrutar de López Cobos foi na Coruña dirixindo a Orquesta Sinfónica de Galicia ca que tiña unha grande relación, asi como con Galicia e ca música sinfónica galega. Sendo Brahms unha das grandes especialidades do Director, que o seu Requiem soara na Coruña foi un auténtico espectáculo e aproveito o pasamento de López Cobos para darme unha homenaxe e lembralo.
https://www.youtube.com/watch?v=pHMXoLIfPP4
22 de fevereiro de 2018
FORGES
Da miña estadía universitaria en Compostela hai algunhas cousas que lembro con ledicia. Ir o kiosko e mercar o Hermano Lobo e empaparte daquela morea de disparates en pleno franquismo, ou mellor dito nos finales da ditadura. Lembro a Gila, Chumy Chúmez, Summers e como non a Forges. As personaxes que lles lembro son os Blasillos, Mariano e o náufrago. No dos xemelgos coido que era a voz da sociedade que espertaba, Mariano a do currantón que non entendía que estaba pasando e o náufrago que divagaba sobre o deber ser. Coincidín con él en Lugo, cando acompañaba a Manolo Curiel nun Festival de Cine de finais dos 90, que fora cando nos comentara que súa nai era galega e que levaba o apelido Saavedra, que denota orixes das terras do Suarna.
Hoxe chega a nova que finou, e sinto ben.
Esta foi a súa derradeira viñeta publicada no Pais o día 22-2-2018
21 de fevereiro de 2018
CARLOS MELLA
Onte veu Carlos Mella para falar de Castelao o Ateneo. Comezou por onde había que facelo, o perigo que era o de Rianxo para o réxime pasado, e boa mostra deso foi o que se o Ministerio de Información pasou os medios tanto públicos como privados cando morreu en Bos Aires.
Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao, se advierte lo siguiente: la noticia de su muerte se dará en páginas interiores a una columna. Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto político. Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, caricaturista y literato. Se podrá destacar su personalidad política siempre y cuando se mencione que aquella fue errada, y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados. De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro Siempre en Galicia ni de los álbumes de dibujos de la Guerra Civil...»
31 de outubro de 2017
O TABEiRON ATACA DE NOVO
Foi aló polo remate do verán cando voltou. O tabeirón chega, morde, pelexa e senón o extirpas lévate a alta mar e alí fai contigo o que lle peta. Coma fai nove anos, o relato non cambia moito, noites sin durmir, molestias, pero a sorpresa do merodeo xa non é tanta. Sabes que morde, que trata de acabar contigo, pero o bon é que xa sabes como saír das súas garras. Xa pasou moito tempo como para qué me pillara desprevenido e ainda que perturba e ponte en alerta, non te ves presa fácil.
7 de outubro de 2017
SAN FROiLAN
O tempo pasa inexorablemente, chega o Outono e tamém Sán Froilán sen que se note nos termómetos. As festas son noites claras.
Subscrever:
Mensagens (Atom)