11 de novembro de 2008

JAZZ EN LUGO



Nesta semán vaise celebrar en Lugo o XVIII Festival de Jazz de Lugo, que a Asociación de Amigos do Jazz, EscobiJazz, co animoso José Luís Díaz a cabeza organiza por estas datas.
A afición en Lugo é como en tódolos sitios, acude se o espectáculo promete e non custa moito, e facendo algo de historia na década dos oitenta e noventa houbo músicos lugueses, xente nova, que escapaba do rock e do pop, e que se encamiñou hacía a experimentación e a improvisación.
Aínda lembro a Antonio Murado, sí, sí, o artísta plástico tocando nun grupiño de Jazz, polos oitenta e o seu xermolo aínda o sigue José Luís que é un bendito e nos trae para o noso pracer a Mike Stern, hoxe mesmo, gratis no Circulo das Artes. Xa vos contarei.

1 comentário:

Xaime disse...

Meus amigos, o espectáculo foi unha alegría musical. O salón do Circulo cheo de xente nova que disfrutou coas improvisacións do Stern e co seus acompañantes, a cada cal millor.
Realmente inolvidable